[p. 9]
«Todos somos igoales, n-hai difrénceas
Antr' os altos y-os baixos»,
Dixeron á unha voz en certo pobo
xa fai bastantes anos,
E sin facer distingos, como sona
A frase interpretando,
Os xastres aboliron as mididas,
As probas y-os repasos,
E fixeron vistidos por millares,
Por un patrón quitados,
«Pois agora, dixeron, sin piligro
Podemos ben gardal-os.»
[p. 10]
Y-era cousa de ver n-aquel estonces
'Os probes xorobados
Unhos traxes usar, que lles sobraban
O menos catro palmos;
'Os xigantes, cal hoxe os rapaciños,
C'o calzón recortado,
Y-aqueles ¡miña xoya! dar cen tombos
Sin adiantar un paso,
E como a mesma conta os sombreireiros
Qu' os xastres se votaron
Y-os que fan calzoncillos, puños, cuellos,
camisas e zapatos,
Resultou, qu' anque igoales en teoría,
Tan â vista quedaron
As difrénceas, qu' ô fin todos dixeron:
«A igoaldá é un engano.»
Qu' é tal o que socede s' ausolutas
Queremos, sin roparo,
As teorías facer, que teñen sempre
Seus lindes sinalados.
|