Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

Os ratos lexisladores

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas02.html


[p. 11]

En arregrar pensand' o mundo, un día
Hostra tres centos ratos se reuniron
Detrás d' unha despensa n-a qu' había
Xamón e queixo, qu' eles pronto uliron.

O que logo pasou, ben excusado
Será qu' o diga: os ratos esquenceron
Os motivos qu' alí os había xuntado
E d' o queixo e xamón todos comeron.

¡Qu' estrano é qu' esto pase ós ratos cando
Con outros qu' o non son está pasando!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega