Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

O páxaro sedento

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas04.html


[p. 17]

     D' o vran n-unha tarde ardente,
De sede morto un paxaro,
Con ansedá busc' a y-auga
Cruzand' o val despobrado.

     O sol brilant' e sin nubes
Amóstras' aló n-o espáceo,
Deixando n-a terr' á promo
Caer os ardentes rayos;

     Mentras as frores muchadas
Tamén sin forza, seus tallos
Hácea o chan buscando a morte
Van pouco á pouco incrinando.

     Non ouvean os cadelos,
Non s' oi o chirrio d' os carros.


[p. 18]

Nin a campana d' a eirexa
Dice nada ôs bos cristianos

     E mentras todo así dorme,
De sede mort' o paxaro,
As âas vate xa sin forza;
Qu' a vida vaino deixando;

     Mais de repente precibe
D' unha fontiña o remanso,
Y-aló, máis lonx' escumante
E choutador un regato,

     E facendo un novo esforzo,
Sin vida cuas' e sin animos,
Chega e tírase n-o rego
Morrend' ô fin afogado.

     ¡Ai! cantas veces pensei
Qu' esto é simil d' os peisanos,
Que deixan o chan gallego
Preseguindo un sono vano.

     Que non son sempr' as riquezas,
De conseguil-as n-o caso,
As que nos volven a dicha,
Tras d'as que sempre marchamos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega