[p. 21]
Sobr' unha torre moi alta
Que por certo fama xá
Tiña de tempo moi vello
En cert' antiga cibdá,
Levantábase, soberba,
D' un famoso xeneral,
Unha estauta qu' alí posta
Deixáran sigros atrás
Os tistigos d' os seus feitos,
Por notabres, sin igoal;
E n-o médeo d' unha praza,
Sobre probe pedestal,
Que non s'alzaba d' o piso
Nin sete cuartas quizáis,
Tamén modesta s' erguía
D' un valente capitán
[p. 22]
Outra estauta, si máis probe
Din' afé d' ademirar.
Según contan as hestóreas,
De Mayo en certa mañán,
Sin saber por que motivo
Deull' â terra por trembar,
E con ruxido espantoso,
Cal s' o forte vendabal
Tirar todo amenazase,
Ambas estautas ô chan
Viñeron e por capricho
Sin duda que singular,
Quixo a sorte que moi preto,
Y-ô fin, cando a tempestá
S' apracou e como enantes
Volveu a calm' á reinar,
Qu, estaba, vius' a d' a torre
En cen anacos ou máis,
Mentras que tiñ' a d' a praza
De menos soilo unha man.
Os qu' están enriba, deben
Esta hestòrea meditar
[p. 23]
E ter despois moi en conta
A secuéncea y-é que máis
Ten por forza que mancarse
Quende máis alto se cae. |