Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

O home y-a pranta

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas07.html


[p. 25]

     «¿Por qué tan mal me tratas?
Soberbo, ¿por qué pisas
A quén o teu sustento
Che ced' e co-él a vida?»
A un home certa pranta
N-un campo Ile dicía.
«Por que, reprícall' o home
Con rábea mal contida,
¿Quén eres pra espresarte
De forma tan altiva?
Eu fag' o que me peta:
¿Quizaves hay quen pida
'O rei d' o mundo conta?
Afellas me dá risa
—«¡Xesús! non s'enfurruñe,


[p. 26]

Siñor, pol-a sua vida:
Sin nos, lle dixo a pranta,
¿Que fora vosté, diga?
D' a pranta o froito come,
Y-a casa n-a qu' habita,
Y-os muebres con qu' a adorna
Y-a tea que frabica,
O rei d'o mundo, conte,
¿De donde todo quita?
Sin home pode a pranta
Vivir; mais este axiña
Perece, sin remédeo,
S'a pranta non-o ausílea.
Moito antes qu' o rei-home
As prantas xa vivían.»

     Mediten esta hestórea
Aqueles que n-a cima
D'o honor e d'a riquesa
'Os infereores miran
Cal prantos miserabres,
Que con despreceo tripan.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega