[p. 45]
Á PONTEVEDRA
¡Salve
preciosa ciudade,
rica xoya de Galicia!
de cen héroes nai donosa.
¡Salve, Pontevedra linda!
¡Salv' amor d' os meus amores
d' o Lérez
pelra divina!
Eu que tanto t' idolatro
quixera qu' a miña lira
cen
cordas d' ouro tivese
qu' en vibraciós pelegrinas
o que sint' o peit'
amante
te dixesen n-este dia.
Sint' Helenes adourada
ô pisar estas campiñas
cheos de bágoas os ollos
y-o curazon d' alegría.
[p. 46]
Sint' ant' as tuas bellezas
que fixo Dios infinitas
legría porque son tuas
e negra
malenconía
porqu' os meus ollos non poden
gozálas namentres viva.
¡Ay! ¡quén
poidera aniñarse
n-as ribeiras d' esta ria,
qu' están com' o paraiso
sempre verdes e froridas!
¡Quén tivera antr' esas frondas
un
eido y-unha chouciña,
onde poder pasar
sempre
unha eusistenza esquencida!
Tantas son as tuas bellezas
que non
basta a luz d' o dia
pra poder ademiralas,
e pra que poidas lucilas
o
sol d' o sigro presente
pol-a noite t' alumina.
¡Quén, Pontevedra adourada,
d' o Lérez pelra divina,
sen arrenegar d' Ourense
poidera ser tua filla!
|