Follatos

Páxina Anterior

Á Pontevedra

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos011.html


[p. 45]



     Á PONTEVEDRA

     ¡Salve preciosa ciudade,
rica xoya de Galicia!
de cen héroes nai donosa.
¡Salve, Pontevedra linda!

¡Salv' amor d' os meus amores

d' o Lérez pelra divina!
Eu que tanto t' idolatro
quixera qu' a miña lira
cen cordas d' ouro tivese
qu' en vibraciós pelegrinas
o que sint' o peit' amante
te dixesen n-este dia.
Sint' Helenes adourada
ô pisar estas campiñas
cheos de bágoas os ollos
y-o curazon d' alegría.


[p. 46]


Sint' ant' as tuas bellezas
que fixo Dios infinitas

legría porque son tuas
e negra malenconía
porqu' os meus ollos non poden

gozálas namentres viva.
¡Ay! ¡quén poidera aniñarse
n-as ribeiras d' esta ria,
qu' están com' o paraiso
sempre verdes e froridas!
¡Quén tivera antr' esas frondas

un eido y-unha chouciña,
onde poder pasar sempre
unha eusistenza esquencida!
Tantas son as tuas bellezas
que non basta a luz d' o dia
pra poder ademiralas,
e pra que poidas lucilas
o sol d' o sigro presente
pol-a noite t' alumina.

     ¡Quén, Pontevedra adourada,
d' o Lérez pelra divina,
sen arrenegar d' Ourense
poidera ser tua filla!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega