Follatos

Páxina Anterior

Á Camilo Pracer

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos013.html



[p. 49]


Á CAMILO PRACER

¡DURME!



     De bágoas e de frores e cantares,
rica coroa tecench' os amigos,
y-a nosa nai a pátrea qu' adourabas

co-a tenra idolatría d' un bó fillo,
trocou pra te chorar sobre d' a coba
por un manto de loito o seu vestido.
Dendes d' o ceo azul, dendes d' a pátrea
que fixo Dios de groria pr' os espritos,
podes ver esta nai que é tan hermosa,
en brétema envolveitos os feitizos
sin frondas e sin frores n-os seus campos,

avóltol-os regatos cristalinos,
de follas muschas o seu chan cuberto
e promo en vez de prata n-os seus rios.
¿Non escoitas, Placer, como te chora?
¿Non ôis o vento qu' en revoltos xiros


[p. 50]


antr' os piñeiros e n-os soutos xeme

pol-a ausencia d' o xenio pelegrino...?
A probe nai, esta Galicia amante,
que tanto t' admirou, tanto te quixo,
ha de chorar de cote sobr' a coba
onde tan docemente estás durmindo.
Durm' amigo Pracer, mentras chorando
t' arrola a nai amante con sospiros:
e pois durmes n-o colo de Galicia
tes d' a tua grandeza leito dino.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega