Follatos

Páxina Anterior

A sesta

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos015.html


[p. 53]


          A SESTA

     Ard' o sol n-os altos ceos
y-os abrasadores rayos
vals e montes e lugares
cobren de polvo dourado.
Os avesouros non zoan,
durm' a bris' antr' os carballos
y-antr' as frondas escondidos
tamen dormen os paxaros.
Mainiña, mainiñamente,
un regatiño pasando
vai antr' as herbas miudas
y-antr' os pequenos follatos,
e non murmuxa xiquera,
deslizase tan calado
como se tuvera medo
de qu' os romores mais brandos


[p. 54]

espertan a natureza
que repousa descansando.
Non se ve pol-os outeiros
nin unha ovella ni-un año,
nin unha vaquiña soila
andar pacendo n-os prados.

     ¡Hora d' a sesta tranquía!
¡Hora de doce descanso
en que todo cal' e dorme
n-a soedade d' os campos!
Hora en qu' o probe labrego,
cheo de fame e traballo,
soña c' unha gran fartura
baix' a sombra d' un castaño:
¡mil veces bendita sexas!
que n-o teu sosego santo
das á tan negros pesares,
c' os teus praceres soñados
unha tregoa de ventura
d' enxamais sentid' encanto.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega