Follatos

Páxina Anterior

O berce valeiro

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos030.html


[p. 117]


     O BERCE VALEIRO

     Cuberto d' encaixes

con sábas d' holan
un berce dourado
proparad' está.
N-a colcha de raso
as meigas cicais
con ouro e con sedas
poideron bordar
guirnaldas de frores;
pois con primor tal
muller d' este mundo
non bordou xamais.
De fadas teceron
envisibres maus
os ricos encaixes
d' os brancos pañás,


[p. 118]


que parecer feitos
d' escumas d' o mar.

     Xa naceu o herdeiro...
¡qué gozo! ¡calai...!
¡non chora o miniño!
¿Cóm' esto será?
¿Os ricos non nacen

tamén pra chorar?...
O pequeno conde
naceu morto xa.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega