BVG Atrás Índice de Páxinas |
Follas novas |
||
D'a Terra |
m5rosaliadecastrofolhasnovasdaterra.html
[p. 165]
VI
D'A TERRA
[p. 167]
¡CALADE!
¡Hay n'as ribeiras verdes, hay n'as risoñas prayas
E n'os penedos ásperos, d'o noso inmenso mar,
Fadas d'estraño nome, d'encantos non sabidos
Que sô con nos comparten seu prácido folgar.
Hay antr'a sombr'a amante d'as nosas carballeiras,
E d'as curtiñas frescas, no vívid'esprendor,
E n'o romor d'as fontes, espritos cariñosos
Que só ôs qu'aquí naceron, lles dan falas d'amor.
Y hay n'as montañas nosas, e n'estes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
De vaguedad'incerta, qu'á nos só da pracer.
Vos pois, os que naceches, n'a orela d'outros mares,
Que vos quentás á llama de vivos lumiares,
E só vivir vos compre, baix'un ardente sol;
Calá se n'entendedes encantos d'estos lares,
Cal n'entendend'os vosos, tamen calamos nos.
[p. 168]
Miña casiña, meu lar,
Cantas onciñas
D' ouro me vals.
Vin de Santiago á Padron
C'un chover qu'era arroyar
Descalciña de pé e perna,
Sin comer nin almorzar.
Po-lo camiño atopaba
Ricas cousas que mercar,
Y anque ganas tiña d'elas
Non tiña par'as pagar.
N'os mesons arrecendía
A cousas de bon gustar,
Mais o que non ten diñeiro
Sin elas ten que pasar.
Fun chegand'á miña casa
Toda rendida d'andar,
Non tiña nela frangulla
Con que poidera cear.
A vista se me barria
Qu'era aquel moito aunar.
Fun a porta d'un veciño
Que tiña todo á fartar,
Pedinlle un-ha pouca broa,
E non ma quixo emprestar.
[p. 169]
As bagullas me caian
Que me for'á avergonzar,
Volvinm'â miña casiña
Alumada d'o luar,
Reistrei cada burato
Para ver d'algo atopar:
Atopei fariña munda,
Un puñiño á todo dar.
Vino n'o fondo d'artesa
Puenm'á Dios alabar;
Quien alcendé-l'o lume,
Non tiña pau que queimar.
Funll'á pedir á un-ha vella.
Tampouco m'o quio dar
Si non era un too verde
Para me facer rabiar.
Volvin triste com'a noite
A chorar que te chorar,
Collin un feie de palla,
D'o meu leito o fun pillar,
Reistrei po-lo cortello
Mentras me puña á rezar
E vin uns garabulliños,
E fieitos á Dios dar.
¡Meu San Anton milagroso,
a tiven fogo no lar!
Arrimei o pote ô lume
Con augua para quentar.
Mentras escarabellaba
Na cinza, vin relumbrar
[p. 170]
Un ichavo d'a fertuna...
¡Miña Vire d'o Pilar!
Correndiño, correndiño
O fun en sal á empregar,
Mais contenta qu'un-has pascoas
Volvin á port'á pechar,
E n'a miña horta pequena
Un-has coles fun catar.
Con un pouco d'unto vello
Qu'o ben soupen aforrar,
E c'a fariñiña munda,
a tiña para cear.
Fien un caldo de groria
Que me soupo, que la mar,
Fien un bolo d'o pote
Qu'era cousa d'envidiar;
Despois qu'o tiven comido,
Volvin de novo á rezar;
E despois qu'houven rezado
Puen á roupa á secar,
Que non tiña fio enoito
D'haber tanto me mollar,
N'antramentras me secaba
Puenme logo á cantar
Para que m'oiran
En tod'ó lugar:
Meu lar, meu fogar,
Cantas onciñas
D'ouro me vals.
[p. 171]
SOBERBA
Cor de promo amontonans'as nubes
Rodan lentas as ondas d'o mar,
E zoando con son pavoroso
Ven o huracan.
¡Que cargado está o ceo e que triste,
Qu'escuro, que negro, tornandose vái!
Encendámo-l-a vela bendita
Qu'hay tempestá.
Cabalgando n'as alas d'os aneles,
Por mandado de Dios correrán,
As centelas qu'asombran os malos
C'o seu lostregar.
Nove foIlas d'olivo queimemos
Por que aleen de nos todo mal,
[p. 172]
Que nos libren de rayo e centela
Que nos matar.
O trisaio cantemos en coro...
Incrinaivos y á Dios adorai
Pois si trona é que quer recordarnos
Qu'é grand'e inmortal.
¡Santo, santo! din todos á un-ha
Fillos e nay...
Todos non, qu'un soberbo e sañudo
Calado está.
Mais os tronos afunden os ceos
E cega d'os lóstregos ó brilo fatal
¡Ou, que noite!... que noite terrible
De tempestás.
El Señor est'airado... ¡incrinemonos!
¡Ey! malvados d'a terra tembrai,
O que salvo esta noite sahire,
Que contar há.
Na nay, á vaca marela
Tembra coma vos n'a corte.
¿Fio algun pecado ela?
Virá un rayo á darlle morte?
[p. 173]
S'ela non fio pecado,
Mal cristiano, ti ó fieche,
Qu'es pecador rematado
Mesmo dendes que naceche.
Y á probe vaca marela
Paga, decí, o qu'eu pequei?
Pagas ti, morrend'ela,
Di ¿con que te manterey?
[p. 174]
¡A PROBIÑA, QU'ESTA XORDA!...
«Alá enriba d'a montaña,
Sai fume d'as chamineas...
Valor, meu corpiño vello,
Levaim'aló miñas pernas.
Paseniño, paseniño,
Aqui para, alí te sentas
Irás chegando uana,
A dond'as casas fomegan.
¡Dios diante! a vire te valla,
Qu'hoe, seica... seica... seica...
Has de comer sete cuncas
De bon caldo, c'o a da cea,
E mais compango de porco
Ou de sardiñas salpresas,
Qu'os montañeses son homes
Que cando dan, dan de veras.
Dempois, quentaráste a un lume
Grande com'un-ha fogueira,
E cando a estés ben quente
¡A dormir!... ¡e qu'amañeza!»
[p. 175]
Y a vella vay, sube, sube
A costa d'o mar d'ovellas
C'un ollo posto n'o chan
Y outro ond'as casas fomegan.
Mentras tanto o sol d'a tarde
Tras d'os pinares se deita
Y aluma con tristes rayos
As sombrisas arboredas.
D'os Anxos o val hermoso,
Sabán de verdor ostenta
Alá n'o fondo tranquilo
Que soaves brisas ourean.
Aquí fonte, alí regato,
A yaugua brila antr'as herbas,
Color d'ouro, qu'o postreiro
Rayo de sol fire n'elas.
Quieta, docisima calma
Arriba y en baio reina,
A noite ven silensiosa,
Maina, pero sin estrelas.
Nin siquera un-ha relumbra
N'o firmamento, qu'espesa
Brétema tamen se corre
Po-las llanuras etereas.
Comenza a orballar, escuro
Tod' arrededor, apenas
S'acerta, o que ô mais conoça,
Con camiño nin carreira.
Mas non importa por eso
[p. 176]
Qu'o qu'è valente é de veras;
Y a vella vay sube, sube,
A costa d'o mar d'ovellas
C'un ollo posto no chan
Y outro ond'as casas fomegan,
Qu'ali relumbra un-ha luz
E vay direitiña á ela
Marmurando:Arriba, uana,
Qu'ou m'engaño ou terás festa.
A esperencia insina á todos,
E ten a vella esperencia,
Por eso non pensa mal
Pensando que arriba hay festa
Un carballo arde n'o lume,
Y arredor d'o lar se sentan
Rapazas d'alegres ollos,
Abós de brancas gadellas,
Vellas qu'inda rompen mangas
E tocan as castañetas,
Os afilIados qu'a dona
Y o dono tên po-la aldea,
Y os amigos y os cuñados,
Os curmans y a parentela
Toda unta, e mai-lo crego
Y o zuruano d'as bestas.
Un cego c'a sua zanfona
En compaña d'outra cega,
Que si ben lle da ô pandeiro
[p. 177]
Fay falar as castañetas;
Un manco, un coo, un-ha tola,
Y outros probes que se sentan
N'un tallo para déz posto
N'un curruncho d'a lareira,
E abofellas mais non caben
Anqu'algun mais vir quiera.
Foran chegando, chegando,
Mais de nove ulind'a festa,
Y á ningun botou d'a porta
A rica d'a montañesa;
Qu'hay para todos, o dia
Qu'ali cocen came fresca
Por arrobas, e se fan
Papas d'arroz en caldeiras.
Matouse un carneiro, grande
Como un boy, e un-ha tenreira
Como un-ha vaca, e gordiña
Como un-ha cocha pequena.
Hay viño á Dios dar, un viño
D'o Riveiro, qu'è canela,
E par'a ente de menos
Hayno tamen d'o d'a terra,
Un pouco agriño, mais fresco
E sabroso como fresas.
Coceuse un-ha gran fornada
De millo branco qu'albea,
Con mixtura de centeo
Y un-ha pouca de manteiga.
Parece biscoito a broa,
[p. 178]
Y un non se ve farto d'ela,
Qu'inda é muito mais sabrosa
Qu'os moletes qu'en tres cestas,
Escollidos, de Santiago
Troueron as panadeiras.
En fin, a comida roda
Po-los pés, y o viño alegra
As entes tanto, que rabia
D'envidia a negra tristeza.
Os probes qu'ali viñeron
Y atoparon lume e mesa,
Contan contos que dan risa
Asi âs mozas com'âs vellas;
Uns en verso, outros en prosa,
Pois falan en todas lengoas
Y apostan entr'eles todos
A quen fay copras mais feitas.
Ma-I-o d'a zanfona gana,
Quell'apunta a compañeira,
E audalle o viño branco
Con qu'a gora lle refrescan.
«¡Viv'a cega! ¡viv'o cego!...
De cand'en cando lle berran,
Y-el di, berrando mais forte:
«Vivan eles!.. ¡vivan elas!..
Y a mais bonita de todas
Que veña á darm'un-ha prenda.»
¡Ju-ju-ru-ju! Y aturuta
Hastra enxordecé-las pedras,
[p. 179]
Y a cega dall'ô pandeiro
Y o cego toca n'as tecras
Y ô compas d'o zongue, zongue,
De novo bailan as nenas,
E din os probes, botando
Leña n'o lar: «¡Esta é festa!
¡Quen ch'hoxe andivera fora
C'a tripa toda valdeira!..»
Y un ollo botan sorrindo
Ôs feies de palla fresca
Ond'han de dormir quentiños,
Coma rions en caldeira,
Mentras fora zoa o vento
E ladran os cans n'as eiras.
a preto d'a media noite,
Dan encomenzo as peleas,
Os mozos loitan c'as mozas,
Medindo as forzas que teñan,
E n'andan en comprimentos
Para botarse por terra.
¡Si as vírades que valentes
S'amostran n'a loita as nenas!..
Fanlle ôs mozos cada magoa
C'as súas mans pequeneiras!..
«Un á caiu... foy un home...
¡Ela venceu... venceu ela!
¡Ben po-la nena bonita!..
¡Que vivan as montañesas!
[p. 180]
Que vivan, pois loitar saben...
«¡Si fio trampa!..él contesta
Avergonzado...foy trampa,
Que sinon, nin cén com'ela.
Que trampa nin que morcegos...
Vencinte...
Non.
Sí.
¡Me venzas!...
E mentres que n'esto están
¡Plum! ¡plum! ¡plum! dan c'un-ha pedra
N'a porta.
¿Quen é? perguntan.
Son un-ha probiña vella
Que me perdin n'este monte...
Respond'un-ha voz que tembra.
¿Non me darán pousadiña,
Qu'está chovendo e lostrega?
Vaya con Dios, a ven tarde,
Non hay sitio;lle contestan.
¿Que dí, señora? Son orda
Com'un canto... miña prenda.
abram'a porta que Dios
Llo pagará...
Probe vella...
Un pouco adiante, pretiño
Hay mais portas, chame n'elas.
¿Que dí, señoriña? Mire
Qu'está un-ha noite moy fera,
E teño medo qu'os lobos
[p. 181]
Me coman...
¡Dios diante! ¡seica!
N'hay lobos aquí, ande, ande,
Vaya con Dios, qu'outra aldea
Hay preto.
¿Que dí, señora?
Vaya con Dios, non sea terca,
Qu'aqui a non caben mais
Nin probes nin ricos, ¡eya!
¿Que dí ña filla?... son orda,
E non oyo anque me fendan.
¡Brrr... que frio, señoriña!...
Vosté qu'é tan limosneira
Deiem'entrar, e estarey
N'o cortelliño ond'as bestas.
Brrr!... que morro c'a friae!
¡Quenja! ¡quenja! ¡quenja! ¡quenja!...
Que tos... Dios me valla... brrr...
¡a non podo mais!...
Pois veña,
E si non ten onde pôrse
Brinque á cabalo d'a artesa.
Falou á donna, que tiña
O corazon de manteiga.
¡Dios llo pague, queridiña!
a topará a recompensa
N'o ceu... abra, miña oya...
Excramou de pronto a vella.
¿Logo n'e orda, qu'oyeu?
Dieron dentro, antramentras
[p. 182]
Que quitaban ó tranqueiro
D'a porta.
¿Que dí, ña-prenda?
Non ll'oyo nada, mas teño
Moito sentido...
¡Abofellas
Que non mente!... vaya, vaya,
Adentro...
Santas y buenas
Noites teñan mis señores...
esús! seica estan de festa,
Qu'hay moita xentiña xunta.
D'hoe n'un ano aqui os vea.
Dió-Ios bendiga... el Señor
Lles dé fertuna âs mancheas
E saudiña...
¡Amen, amen!
Busqu'un sitio n'a lareira
E quéntese...
¿Que me dio?
Son orda coma un-ha pedra,
E a mais non probéy frangulla
Desd'onte â noite, e n'as venas
a teño o sangre callado
Po-lo frio...
Y antramentras
Qu'esto dí, vais'arrimando
Ô Iume moy compangueira
C'os outros probes, e fura
Por antr'eles, por antrelas.
[p. 183]
Brinca por riba d'o cego,
E que queiras, que non queiras,
Sempre tembrando de frio
E orda como un-ha pedra,
Segun di, n'o mellor sitio
Con moita homildá se senta
E arrima un mando de lume
Pr'ond'ela está.
¡Ey, miña vella!
Mire qu'hay mais que vostede
Aquí: ¡que comenenceira
Parece!... lle di outro probe
C'un-ha cara de desteta
Nenos.
¿Cómo di, meu fillo?
(Sorrindo reprica ela
Sentándose mais a gusto)
Eu de calquera maneira
M'amaño; qu'asi n'o ceo
M'amañe el Señor ...
¡Bah! seica
Quer facer mofa d'a ente...
¡Poche! c'o uncras d'a vella!
Mesmo parece un espeto.
¿Si quero un neto ña prenda?
Si m'o desen inda pode
Que pouco a pouco o bebera,
Pois teño moita sediña,
E fame, e frio...
¡Rabéa!
[p. 184]
Can! que non vin un-ha orda
Mais fraca nin lagarteira,
¿É filla d'algun raposo?
¿Que pille un òso?... d'á vella
Quérense rir... ¡ay Dios mio!
Pero a fam'elle moy negra:
Tráyamo s'é qu'inda tén
Apegada algunha freba,
E ireino raspando á modo
C'un canteiro que me queda.
Todos riron c'a resposta
E...¡lnda nunca Dios me dera,
Dio o cego, que esa orda
Sabe mais qu'eu, abofellas!
Merece comer compango.
E voullo dar, miña vella,
Porqu'onde queira qu'a atopo
Gustame sempre a sabencia.
¡Coma e fártese!... aquí ten
Talladas e viño... beba,
Beba po-la miña conta
 salú d'as montañesas
Dio a dona, e doulle un prato
De callos, como un-ha cesta,
 probe, e viño, e pan branco.
Canto quio; fartous'ela
Mesmo hastra que tuvo a tripa
Coma un pandeiro. Raventa
Por pouco..., mais'o peleo
[p. 185]
Tiña duro, e nin siquera,
Ll'arregañou, y ô outro dia
Xa estaba tan peneireira.
Coidado, lle dio á dona
Cando se foy.Conta teña
De non volver por aquí
Mentras lle dure a ordeira.
¿Que dí, miña queridiña?
Respondeu rindose a vella.
Son mesmo com' un-ha tapia,
E non ll'oyo, anque me fendan.
[p. 186]
AN
an vay cóller leña ô monte,
an vay á compoñer cestos,
an vay a podá-las viñas,
an vay a apañá-lo esterco,
E leva o fol ô muiño,
E tray o estrume ô cortello,
E vay â fonte por augua,
E vay á misa c'os nenos,
E fay o leito y o caldo...
Xan, en fin, e un Xan compreto,
D'esos qu'a cada muller
Lle conviña un pó-lo menos.
Pero cand'un busca un Xan,
Casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a fertunada Pepa,
Muller d'o Xan que sabemos,
Mentras seu home traballa
[p. 187]
Ela lava os pés n'o rego,
Cátall-as pulgas ô gato,
Peitea os longos cabelos,
Bótalles millo âs galiñas
Marmura c'o hirman d'o crego,
Mira s'hay ovos n'o niño,
Bota un ollo ôs mazanceiros,
É lambe a nata d'o leite
E si pode bota un neto
C'a comadre, qu'agachado
Traillo en baio d'o mantelo,
E cando Xan po-la noite
Chega cansado e famento,
Ela x'o espera antr'as mantas,
E ô vêlo entrar dille quedo:
Por Dios non barulles moito...
Que m'estou mesmo morrendo.
¿Pois que tés, ña-mulleriña?
¿Qu'hei de têr? deita eses nenos
Qu'esta madre roe en min
Cal roe un cán n'un codelo,
Y ô cabo ha de dar comigo
N'os terrós d'o simiterio...
Pois, ña-Pepa, toma un trago
De resólio qu'aquí teño,
E durme, ña-mulleriña
Mentras os meniños deito.
De vagoas s'enchen os ollos,
[p. 188]
De Xan ô ver tales feitos,
Mas non temás, qu'antre mil,
N'hay mais q'un ano antr'os demos,
N'hay mais qu'un atormentado
Antre mil que dan tormentos.
[p. 189]
O ENCANTO D' A PEDRA CHAN
C'o sono d'a inocencia
Que non turban remorsos d'a concencia,
Y á viren o seu lado
Dormian os meus aneles n'a cuna,
Cand'as furtadas n'un sereno dia
C'o peito palpitante d'alegria
Soya sain en busca d'a fertuna.
Iña tras d'un tesouro cobisado,
De todos iñorado,
Mais d'o que solasmentes eu sabia:
E n'era só de prata, nin so d'ouro
Aquel sin par tesouro,
Qu'era d'un canto deseyar podia.
Nunca eu fora nin rica nin dichosa,
Y o ver que para selo
Só me faltaba o gordo d'un cabelo,
De seca espiña me tornara en rosa.
E como viren pura
Que por primeira vez sinte á dozura
[p. 190]
D'as inquitús d'o amor, asi eu sentia
Que algo qu'en min dormia
Despertaba, chamandom'â ventura.
Por eso dand'ô olvido
As penas que m'ouberan consumido
Dendes de que nacera,
Via á terra y ó ceo, cor d'esperanza
Y ó meu redor, perene primadera.
¡Cal o sol relumbraba!
¡Que mansamente marmuraba ó rio!
Y o paariño voador cantaba,
Mentras qu'eu camiñaba
Lieira ô meu avio.
Tal'como á neve, albeas,
As roupas y as marañas
Tendidas n'as silveiras e as montañas
a en raro, a as moreas,
Cal pint'a branca nube o ceo sereno
Briland'ó sol, pintaban o paisae
Coma ningun ameno.
Cabo d'a ria n'a ribeira verde,
A cal gana, á cal perde,
ogaban os rapaces c'a onda escrava,
A aneliño tocaba
En un lugar veciño,
E anque os pais d'o meniño
[p. 191]
Ô enterralo, choraban que partian.
Compasivo-l-os vellos,
¡De cantas penas se librou! decian.
En tant'os carros sin parar chirraban,
Mentras ô seu compás os carreteiros
Despaciosos cantaban;
E aqui á fonte corria,
Ala n'un-ha canteira resoaban,
Metalicos, os picos d'os pedreiros.
Mais preto os cans ladraban
Y antr'a folla o vento rebulia
Indo d'as encanadas ôs outeiros...
¡Canta paz! ¡canto sol!... ¡canta alegria!...
«¡O fin sorte cansache!
Y ó quiñon que famenta me negache
N'a hirencia d'os praceres,
Dándome sô o d'as ansias e as peleas,
Cal á aques que ben queres,
Ora darasmo en gustos as mancheas.»
Esto eu iba dicindo,
De dichosa cal n'outra presumindo,
Mentras que camiñaba
Tan contenta e segura
D'atopar á fortuna en'qu'esperaba,
Cal seí que atopa á Dios quen ó precura.
Antre buos e silvas agachado
[p. 192]
O encanto deseado
Estaba tomo merlo n'o seu niño,
Po-lo romor d'as auguas arrolado
D'o apartado mohiño...
Eu din volt'á devesa
Pasey á corredoira d'a Codesa,
¡Y ô fin cheguei!... y enrriba d'un-ha lousa,
En ond'a amañecida o corbo pousa,
Un nobre cabaleiro
C'o á sua pruma enrisada n'o sombreiro,
E vestido de seda e pedreria
A estilo d'a treidora moureria,
Dou eu chamarm'arteiro,
C'un modo loumiñeiro
Que d'o ceo non d'a terra parecia.
¡El é! dien ó punto temerosa...
Mais o d'o encanto, afeito
Seica á tratar con damas dend'antano
Sin que de verme s'atopas'estrano
Dende loue chamandome sorria.
Y o ceo póndose foi de cor de rosas,
Mentras n'as carbalIeiras e encanadas,
Sopraban un-has brisas repousadas,
Soaves e saudosas,
Cal promesas compridas, s'esperadas.
Eu non sei que sentia,
Vendo qu'él en chamarme proseguia,
[p. 193]
Pois antr'ansiosa y-adusta
C'un-ha valor que asusta
Fumm'indo cabo d'él de gozo chea,
Cal palomiña vay tras d'a candea.
Tiña n'as mans un cetro adiamantado,
Bateu con el n'a lae misteriosa
Que s'abreu, como s'abre d'o granado
O froito sazonado,
E con voz armoniosa
E garrido sembrante,
¡Vamos!me dio gasalleiro,¡adiante!
E fun cal folla inel vai c'a encalmada
Corrente, que primeiro asosegada,
A arrastra n'as suas auguas cristaiñas
Pra darlle sepultura cariñosa
N'as orelas veciñas,
E que dempois á leva, arrebatada
Pó-la negra enurrada
Os abismos d'a mare tormentosa.
¡E entrey pensando penetrar n'o ceo!...
¿Por que ten á maldade forza tanta?
Pois canto á vista encanta
E nos fine o ardentísimo deseo
Nunca farto nin cheo,
Ali os meus ollos viron, e prendados
Quedaron como nunca e namorados.
[p. 194]
D'o tesour'escondido
O brilo e fermosura
¿Aquen que fose de muller nacido,
A que mortal criatura
N'a houbera contrubado e seducido?
E n'a lumieira y antr'aberta porta
Sin astreverme, de primeiro ausorta,
A viiar d'a espréndida morada
Un-ha tras d'outra estensa galeria,
Cal si quedase para todo morta
Menos para o que via,
Escramey no supremo d'a alegria.
Aqui Dios, aqui as dichas d'o universo
Sin voltas nin reverso,
Aqui o que á maiñar nunca chegara,
A comprida ventura.
Que nunca outra topara
Mais grande, nin mais santa, nin mais pura!
Tal brasfemey, sin medo nin coidado,
¡Tola de min, cegabam'o pecado!
Y aquel brilo que via
O par que m'alentaba á fantesia
Daba comprida fé d'o ben buscado.
Pensando que por sorte
Ô paraiso terreal chegara
Y era verdade á dicha que soñara,
[p. 195]
Sin m'acordar d'a vida, nin d'a morte,
Olvidando o pasado y o presente
C'o porvir untamente,
Soyo pensey en abarcar n'un punto
Aquel tanto ben xunto,
lñorado d'a ente.
C'o poder d'o que pode, erguinme altiva
Sin coidar canto á humana natureza
E falibre e cativa,
E mainando eterna fonte viva,
Tanta e tanta riqueza,
Com'ante min soberba s'ostentaba,
Dien seguindo ô hermoso cabaleiro,
a que vos atopey tan lisoneiro
Pra gozar logo d'o qu'é meu, decime,
Por onde debo encomenzar primeiro.
Por onde vos querás, reina e señora,
Contestou gasalloso
C'o seu falar gracioso,
Qu'é voso canto aqui vos enamora,
Pero vos e mais eu, antes bebamos
N'esta copa dourada,
Pó-Ios mals que nos deian e deiamos,
Y os bês que nos sorrin dend'alborada
D'un-ha mañan d'abril nunca acabada.
¡Pois bebamos! ¡bebamos!
Repetin eu, trubada e non de viño,
[p. 196]
Sin que a sinal d'a cruz antes fiese
Pra que ben m'emprestase ó que bebese...
Y hastra o líquido fresco e cristaiño
Os dous nos abaiamos
E ambas bocas mollamos...
Nunca m'olvidarei d'aquel momento
D'inmensa dicha e d'infernal tormento,
Pois de dentro d'a copa
Saindo de repente
Un-ha e outra cabeza de sarpente
Contra min se volveno desatadas,
E todas untamente
A un tempo asubiaron,
E n'as entrañas mesmas
Ô aguillon pezoñoso m'encrabaron.
Cain, cain ferida
E casi-que sin vida,
E inda enriba de min, feras volveno
C'o seu mortal veneno
Un-ha y outra sarpente maldecida.
Cal brétema espallada
Po-lo Sur, n'a encanada,
Dispareceu ó lindo cabaleiro,
Y espesa nube de trebons preñada,
Partindo d'a sombrisa Compostela,
Que n'o confin leano se trasvia
Cal se trasvé n'a tarde morimunda
[p. 197]
A raya sin fulgor d'a noite fria,
Veu contrubar á miña mente inela.
Y ali enriba d'a lousa
En dond'a mañecida o corbo pousa,
Atopeime de pronto, sin ventura,
D'as miñas doces ilusiós despida,
Soya e probe, cal n'outra criatura
Envenenada, triste e malferida.
E non sey que voz ronca marmuraba,
C'o vento que soaba,
«Coma ti, mal tesouro,
Que aquí deiou o mouro
E que a cubiza alaba,
Son os encantos todos terreales,
A tan grandes pracers, tan grandes males.»
[p. 198]
* * *
«Tanto e tanto nos odiamos,
Tanto e tan mal nos quiemos
Que por non verme morriche,
E desque morrich'alento.
Mas ora tócame â min
Tamen, marchar, e di o crego
Que che perdone, pois logo
A auntarnos volveremos.
¡O crego volveuse tolo!
¡untarnos!... nunca mais, penso;
Que si ti estas ond'a Dios
Eu penso d'ir unt'o demo.»
Esto un-ha vella viuda,
E terca como un carneiro,
Falaba do seu difunto
a d'os bichocos comesto.
Y en tanto qu'asi falaba,
Tamen ela iba morrendo.
Mas din qu'o difunto y ela
S'atoparon n'os infernos
[p. 199]
Man á man, e codo á codo
Como dous bós compañeiros.
¿Conqu'estás aquí? lle dio
Estonces a vella ô vello,
Pois voume a dond'esta Dios
a que ti estás ond'o demo.
E sin saberse por onde
Colleu direitiña ô ceo;
Mais topou fechada a porta,
Que lla fechàra San Pedro.
¡Prum! ¡prum! ¡abrí, que son eu!
Falou á vella moy recio.
Non hay, respondeu o Apostol
Apertando ó tarabelo.
Coidá que urey n'estar
Ond'él esté, meu San Pedro...
Non hay, repiteull'o Santo,
Indose inda mais adentro.
¡Por vida d'as vosas chaves,
Que facés un bon porteiro,
E que roncás!... a se ve...
¡Como estades satisfeito!..
Mais eu urey, e Dios manda
Qu'un cumpra seus uramentos;
¡Â terceira vez!... ¿abrides?
Nin âs tres nin ôs trescentos,
A muller vaya onda o home,
[p. 200]
¡AI infierno, anda al infierno
Con él, por sempr'en jamás!
¡Poche! meu Santo San Pedro,
Que ben deiás conocer
Qu'andiveches sempre ceibo,
Que nunca foches casado
Nin n'a terra nin n'o ceo!
Todiña-Ias comenencias
Para vos quieches ¡deño!
Y á min non me dás ningun-ha?...
Pois vé qu'eu tamen as quero.
S'aló con cadea andiven
En têla agora non penso,
Que todo c'a morte acaba
Segun pedrican os cregos.
Un-ha ves nos separamos,
Eu y o meu home, e por certo
Que foi pra sempre.. e esta dito,
Pois son terca, si sòs terco.
¿Que non me querés n'a groria?
Pois urei non ir ô inferno
Dond'el está, y acabouse,
E n'hay que falar mais d'esto.
¿Que habés de facer de min?
¿Irei ô limbo d'os nenos?
¡Me vayas! que a estou d'eles
Hasta a punta d'os cabelos.
¡Caramba, c'o a muller esta!
Dio enfadado San Pedro,
Que si non fora por Dios...
[p. 201]
Bah, señor, deiavos d'eso
E permitíme que pase...
Non, non e non. ¡Caramelos!
Fora d'aqui... e ¡pum! botouna
Direitiño cara ô inferno.
¡Qu'o urei! a o teño dito...
Berraba a vella... non entro.
Señor, Señor... Sursum corda,
Aquí estou, e aquí me quedo.
E quedouse, sí, quedouse:
¿Onde? non se sabe certo,
Nin si foi porqu'a oise Dios
Ou porque n'a quio o deño.
Só se sabe, ben sabido,
Qu'anda n'as alas d'o vento,
Metendo medo ôs rapaces
N'as negras noites d'inverno;
Encelando namorados,
Desfacendo casamentos,
Malquistando matrimonios...
¿Porque n'a levou San Pedro?
Qu'ora anda ceiba e ben ceiba
Para meternos n'o inferno.
Poñélle á figa, mociñas,
Si querés ter casamento,
Qu'ond'ela esté, nin un home
Toparés para un remedio.
[p. 202]
EN CORNES
I
Formoso campo de Cornes,
Cando te crobes de lirios
Tamen se me crobe á yalma
De pensamentos sombrisos.
De Cornes lindo lugare
Que cruzan tantos camiños,
Anque cuberto de rosas,
As rosas, tamén fan guizos.
Antr'as pedras, alelises,
Antr'os toos, campanillas,
Por antr'os musgos, vïolas,
Regos, por antr'as curtiñas
Rio abaixo está o moiño,
Compostela, rio arriba...
Rio arriba, ou rio abaio,
Todo é calma n'a campia.
Convidando á meditare,
[p. 203]
Soan de Cono as campanas,
Beben os bois n'o teu rio
Y o sol alegra á escampada.
D'as tuas casas terreñas
Say fume y os galos cantan...
¡Quen en tan fresco retiro
Dirá que as dores fan lama!
Donde hay homes hay pesares,
Mais n'os teus campos, ña terra
Maino que os hay mais fondos,
Cando t'amostras mais leda.
¡Por qu' eses trios d'os páaros,
Eses ecos y esas brétemas
Vaporosas, y esas frores,
N'alma triste, canto pesan!
Po-las silveiras errante
Veo un-ha meniña orfa
Que triste vay marmurando,
¡Ña Vire, quen rosa fora!
¿Porque quês ser rosa, nena?
Lle preguntei cariñosa,
Y ela contesta sorrindo,
Porque non tên fame as rosas.
Cost'arriba, cost'arriba,
Desandemo-l-ó camiño,
Fuamos d'este sosego
[p. 204]
D'os pesares enemigo.
¡Que negro contraste forman,
D'a natureza o tranquilo
Reposo, co as ansias feras
Que abaten o inel esprito!
II
Cruceiro de Ramirez que t'ergues solitario
D'os Agros n'a espranada, antr'as rosas d'os campos,
O sol d'a tarde pousa, en tí ó postreiro rayo
Coma n'un alma triste, pousa un soño dourado.
AIgun-ha vez n'o estio, en o teu pé sentada
Escoito silenciosa, mentras á tarde acaba:
Baio d'as pedras mudas, que teu sacreto gardan
Maino que resoa o brando son d'un arpa,
¡Musica incomprensible que d'outros mundos fala!
¡Tal de Memnon s'oian ô amañecer n'a estatua,
Aqueles sons divinos que as almas encantaban!
III
Ódiote campo fresco,
C'os teus verdes valados,
C'os teus altos loureiros
Y os teus camiños brancos
[p. 205]
Sembrados de violetas,
Cubertos d'emparrados.
Ódiovos montes soaves
Que o sol poniente aluma,
Qu'en noites mais sereas
Vin ô fulgor d'a lua,
Y ond'en mellores dias
Vaguey po-las alturas.
E tí tamén, pequeno
Rio, cal n'outro hermoso
Tamén aborrecido,
És antr'os meus recordos...
¡Porque vos amey tanto,
E porque así vos odio!
[p. 206]
SAN LOURENZO
I
O mirar cal de novo n'os campos
Iban á abrochá-l-as rosas,
Dien ¡En onde, Dios mio,
Irey á esconderm'agora!
E pensei de San Lourenzo
N'a robreda silenciosa.
N'algun tempo aquês vellos carballos
Amostrando as sus raices,
Cálva-l-as redondas copas
Que a de musgo se visten,
Âs tristes almas falábanlles
Tan soyo de cousas tristes.
O alciprés que direito s'asoma
D'o convento tras d'o muro,
Y o lieiro campanario
Cuberto d'herbas e musgo,
[p. 207]
D'a devesa, c'o cruceiro
Eran cintinelas mudos.
Y aquel Cristo que n'o arco de pedra
Abatido á frent'incrina,
Soyo, cal s'inda n'o Gólgota
Loitase c'o as agonias,
Ôs corazós oprimidos
Resignacion ll'infundia.
E si dentro d'o craustro deserto
E ruinoso penetraba,
Nunca d'o olvido un-ha imaen
Vira n'o mundo mais crara,
Nin de mais grande silencio
N'a terra vos rodeara.
N'o profundo d'a font'escondida
Medraban con libertade,
Antr'as silva-l-as violas
Antr'o buo, as diitales,
Y á morte ¡cal fora grata
N'aquel deserto lugare!
E por eso ó mirar cal n'os campos
De novo abrochan as rosas
Dien ¡En onde, Dios mio,
Irey á esconderm'agora!
Y ô bosque de San Lourenzo
M'encamiñey silenciosa.
[p. 208]
II
¿Ond'estaba o sagrado retiro?...
Percibin ruidos estraños,
Pedreiros iñan e viñan
Por aquel bosque apartado.
¡Era que un-ha man piadosa
Coidaba os desamparados!
D'un-ha ollada medin ó interiore...
Todo relumbraba branco,
Cada pedra era un espello
Y ó vello convento, un pazo
Coberto de lindas frores.
¡Que terrible desencanto!
¡Negra nube cubreu de repente
Os meus ollos asombrados,
E mais que nunca abatida
Fuxin!... que ó retiro amado
Pareceume á alma limpa d'un mone
Sumerida n'os Iodos mundanos.
Marzo de 1880.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |