Náufragos da elexía

Páxina Anterior

III. A DORSAL CRARIDADE (Escolma)

Páxina Seguinte

v2puravazqueznaufragosdaelexia003.html
                A HORA DURA


Chegou a hora dura de ofrecer as verdades.
Certezas i esperanzas dunha man extendida
ó destino agardando do milagre do aroma,
si os pétalos da flor seu aroma trascenden.

Acaso sexa o nardo o da ausencia que unxe
se os beizos son suaves e teñen luz de engado,
para a cita dos soños. Para o tacto do bico.
Para ise manantío ledicioso da música.

Abro a ventana para a aleluia dos páxaros,
i escribo sobre a pel dunha flor ou meixela.
Nunha ponla do outono. No brillo dunha azas.

Un quente alento sela a dozura do gozo.
A xema abermellada da seda cariciosa,
do beixo na área húmeda. Da promesa medrada,
que abre en flor á marea da paixón madrugando.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega