Náufragos da elexía

Páxina Anterior

IV. OUTRA VEZ TORNARÍA (Escolma)

 

v2puravazqueznaufragosdaelexia004.html
                 ESTÀS


Estás. Existes baixo uns ceos
sosegados e as múltiples ribeiras.
Vértebra anceante. Corazón que adoza
o meu sono e vixilia en cada hora.

Eres fronteira para a festa e pranto.
Un anxo que me chama e se desvea.
Aire e lume volvéndome as imaxes
dun tumulto ostinado de clamores.

Enmárcaste na múltiple evidencia.
Na pel das ondas, nos latexos cálidos,
no gozo entre os susurros do averío.

Río medrando en transparentes marxes.
Mar de horizontes amplos, repetidos
nas miñas persistentes soedades.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega