Obra completa. Poemas e outros escritos

Páxina Anterior

Escolma. I Poesía: "Pantasía nupcial"

Páxina Seguinte

m4cabadavazquezobracompleta3.html

PANTASÍA NUPCIAL


A lúa tece na noite,
coas suas brancas raioliñas,
o albo veo nupcial
que ha lucir a noiva miña.
                   *
Os luceiros son as lámpadas
que a mañán da nosa voda
han de arder didiante o altar
no instante da ceremonia.
                   *
Denantes que o crego-Sol
nos diga a misa de vela,
disparará o fogueteiro
unha alba chuvia de estrelas.
                   *
E hemos de ir no setestrelo
de viaxe de noivado,
ademirando as belezas
do camiño de Santiago.
                   *
E ó finda-lo recorrido,
será o noso arco trunfal
a xoiante craridade
dunha aurora boreal.


Faro de Vigo
, 25 de xullo 1931, p. 13.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega