O Fidalgo

 

Escolma. Escena I

Páxina Seguinte

m1sanluisromerofidalgo001.html

AUTO PRIMEIRO

     Unha casa prove n'aldea de Bértoa. Porta ô foro direira; fenestra a esquerda; porta lateral a esquerda, que a da a cuciña e ô curral. Debaixo d'a fenestra, un sarillo. Primeiro térmo, a direita, unha hucha grande e vella; a esquerda, unha artesa. Segundo térmo, a esquerda, antr'a porta d'a cuciña y-a fenestra, unha lacea grande sepadara d'a parede. O medeo, unha mesa, alguns tallos e varios trevexos, repartidos pol'a escea. Colgarán d'as paredes alguns cadros afumados e descooridos pol'o tempo. Unha tarandeira con algunha roupa. E pol'a mañán.

ESCEA I

PASCOALA pineirando o pé d'artesa. Vestirá refaixo bermello, mandil de picote, pano ô seo, e a cabeza pañoleta de lan.

                                                            Carón d'a artesa, pineirando, canta:

"Para San Pedro de Cances
Vaise pol'a Bugalleira,
Con catro netos n'a bota
Y-un peso n'a faltriqueira".



 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega