BVG Atrás Índice de Páxinas |
O Fidalgo |
||
Escolma. Escena II |
m1sanluisromero002.html
ESCEA II
DITA e CARMELA qu'entra pol'o foro. Vestirá refaixo bermello, mandil de casa, pano rechamante o pescozo e pano a cabeza. Parándose n'a porta di:
CARMELA. ¡Hay quen canta e axiña chora!...
N'este mundo todo ê engaño
¿Será sempre com'agora?...
PASCOALA (Deixando de pineirar)
¡San Silvestre, meigas fora!
CARMELA. (Mostrando un allo). (Rinse as dúas).
Estas meigas non fan daño.
¿Pineiras?
PASCOALA Par'amasar,
Qu'hoxe temos que cocer.
CARMELA. Qu'outro remédeo, muller,
Qu'espelirse a traballar.
Pois, eu viñach'a catar
O formento ; mais xa lisco,
Vexo qu'o vas gastar
E...
PASCOALA Pois levarás o isco,
Moller, o qu'é sen un chisco
D'aquí non t'has de marchar.
Qu'antre veciños...
CARMELA. Pascoala,
Sempre tiveches boa idea,
Todos te queren n'aldea,
Porque nunca fuches mala.
PASCOALA ¿Lévalo?
CARMELA. Pois damo entón,
E vou d'aquí a fuxir,
Porque teño que muxir
As vacas; y-o meu Antón
Inda n'almorzou. ¡Xesús!...
O traballo d'as mulleres
E un traballo enfolicado,
Nunca se ve aliñado,
Xúrocho por esta crus...
(Con xorna).
¡Ainda hay homes com'o meu
Cheo d'andar de vixaire,
Que cando me queixo eu
Déceme: "o traballo teu
Vai c'o vento e vén c'o aire"!...
No... ¡alguns homes!... bo formento...
(Cheirándoo súpeto).
Lévedo está que'escachela.
(Saindo).
Adiós.
PASCOALA. Adiós Caramela.
CARMELA. (Dend'a porta).
Volveréicho.
PASCOALA. No consento.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |