BVG Atrás Índice de Páxinas |
O Fidalgo |
||
Escolma. Escena IV |
|
m1sanluisromerofidalgo004.html
ESCEA IV
DITA e o FIDALGO que entra pol'o foro. Vestirá pantalón e chaqueta de pano e sombreiro branco. Terá barbas. Detense n'a porta d'o sobrado mirando con curiosta.
FIDALGO. Bos días che dea Dios.
PASCOALA. (Deixando de pineirar)
Chegue osté moi ledo a velos.
FIDALGO. (Pousando a escopeta n'a hucha).
En apertal'os farelos,
Ansea vou vendo que pós.
PASCOALA. Traballo danme d'abondo,
Qu'ê moi toupida a pineira.
FIDALGO. ¿O teu home?
PASCOALA. Vay n'a feira.
FIDALGO. ¿E teu sogro?
PASCOALA. Aló n'o fondo
. D'as chouzas de Rebordelos
Rouzar un pouco d'estrume;
Un para corte, algún pro lume.
¿Vostede quixera velos?
FIDALGO. Quixera; mais a ucaseón
D'estares soila aporveito,
Pois quero contarche a eito
Un mal que m'afrixe.
PASCOALA. ¿Entón?
FIDALGO. Pascoala, escoitarme vas
Canto che vou a decer,
Como non t'hei d'oufender
Coido non t'anoxarás.
O que che vou porpoñer
N'ê cousa de laretar,
E palabra m'has de dar
De que contigo ha morrer.
PASCOALA. Nunca lareteira fun.
FIDALGO. Por moller sérea che teño
Pol'o mesmo contarche veño,
Xa o ves, sen medo nengún
O que n'este peito sinto;
Porque, saberás, Pascoala,
S'ê que non desbata, estala
O meu corazón... non minto.
(Pausa).
Fai anos, (dez ha facer,
Era eu d'aquela estodeante)
A sorte me puxo diante
Unha nena, unha moller.
Branca, garrida, fermosa,
O mesmo qu'e unha pombiña.
Xaneta entra pol'a porta d'a cuciña e agáchase tras d'a lacea).
Como Nosa Señoriña,
Tiña os seus beizos de rosa,
Os dentes de branca neve,
Y-a sua fresca peituga,
Dáball'envexa a leituga,
Ond'o paxariño reve...
Era ponla de prixel
O seu corpo. Cando andaba,
Parescía qu'espallaba
Garabulladas de mel.
D'azabeche o seu cabelo
Entrenzado, parescía
Fina pasamanería
De lustroso terciopelo.
Por ollos, tiña luceiros
Qu'os luceiros daban celos...
¡Qué ollos tan xirifeiros!...
Xa ninguén podía velos
Sen que o ferisen... Pascoala,
Cada ves qu'en min pousaban
Xúroche que me votaban
Unha fada, pero mala...
Canto poiden agoantei
Un amor que me queimaba
E que de cote medraba:
¡Mais, algo me descoidei!
Pois cando falar quería
A aquela moller, un día,
Que n'a vida esquecerei,
Soupen ¡ay! que se casaba
Y-eu que tanto a adouraba
Sen ela triste quedei...
(Finxindo congoxa).
Dend'entoncias moito fixen
Por desleigar tal paseón,
Pro dentro d'o curazón
Eu non sei que leises rixen,
Que canta mais vountá
En afogala eu poñía
Mais fera se remexía;
¡Y-a condanada aquí está
(Siñalando o peito).
Aínda de cote oupando!...
(Calma).
Por eso n'estrañarás
O que m'escoitando estás,
Pois manciña ando buscando
O meu mal
PASCOALA. (Indiferente).
O que me dí
Non-o chego a comprender.
FIDALGO. Curazón non debes ter
Para falares así.
Non tes curazón ahí.
(Sinalándolle o peito).
Porque s'é que o tiveras,
Axiña xa comprenderas
Que falando estou de ti.
PASCOALA. (Oufendida).
¡Moller do meu home son!
FIDALGO. (Con solermería).
Xa-o sei: pro, olla, Pascoala...
PASCOALA. (Anoxada)
¡Non fale mais!
FIDALGO. ¡Cala! ¡Cala!
Escoitam'unha razón.
¿Non ves pol'o mundo andar
Molleres de comenencia
Que deprenderon a cencia
De vivir sen traballar?
PASCOALA. (Con altivés).
Non me faga comparanzas
E cale.
FIDALGO. ¡Non, falarei
E ainda a ti me chegarei!
(Achegándose).
PASCOALA. (Recuando).
¡Tiven moi boas crianzas!
Non son moller que se vende;
¿Tomoume por un sarillo?...
¡Non desgolleto o xustillo
Senón cando debo! ¿Entende?
FIDALGO. Mira, Pascoala, ¡son rico!
PASCOALA. ¡Eu probe; pro muy honrada!
De contra, muller casada.
FIDALGO. (Impoñéndose).
¡Son fidalgo! cal'o pico...
Mira; ¿non sabes moi ben,
Que sangue nobre heredei
E que non me domeei
Nunca n'a vida a ninguén?
¿Qué falta a moller primeira
Qu'este meu peito abrandase?
¿Qué cantas eu desexase,
Miñas foron a carreira
Sen qu'eu siquer'as buscase?
Pois, cand'hoxe maino veño,
Hastra tí, con iluseón,
A oufrecerche o curazón,
A yalma, os bens, canto teño,
E por quererche, Pascoala;
Y-outra que non foras tí,
Felis chamárase, sí,
De chegar a porse á fala
C'un Fidalgo. Eu che direi:
Se m'atendes, serás miña,
Serás a miña Santiña
Mildoso t'adourarei.
D'outro xeito, non terei
Miaxa de temperanza,
Qu'ô perderte por ser mala
Non perdoarei venganza...
¡Y-haste arrepenter, Pascoala!
PASCOALA. (Anoxada).
Se por ser amo d'os bés
M'ameaza, ¡Xuro a Dios!...
FIDALGO. Pascoala, moi mal te pós
Y-ô meu rego que vir tés...
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |