O castelo de Pambre

Páxina Anterior

Capítulo IX (páx. 97-104)

Páxina Seguinte

m5lopferrocastelodepambret009.html


[p. 97]


IX
COMO Á VECES
Vale mais maña que forza



   PoI-o pronto pareceu que naide se decatara do que acababa de pasar ná Mámoa de Losoiro. Todo sigueu tranquilo e pacífico e sin a menor alteracion naquela comarca por dous ou tres dias; e o único acontecemento dino de atencion que pasou durant' eles, foy o troupeleo d' un fato de bestas, que cuasimente aas vintecatro horas despois que Gonçalo Ozores despideu aa sua xente (e serían as sete da tarde) pasaban xuntas ao trote por acarón da eirexa de San Pedro de Présaras. Iban nove bestas; catro montadas por mulleres, unha por un escudeiro, outra por un mozo da aldea, e as outras tres iban cargadas de cestas, bayules e fardos, e guiadas por tres acemileiros. E ¿canto aventurades en que iba ali Beringuela? A lo menos unha das mulleres pol-o seu porte, pol-o seu garbo, poI-o boo humor que levaba, paricía-a.

[p. 98]

Era-a, nafeuto; e as outras mulleres que a acompañaban eran Lionor e outras duas doncelas. O mozo da aldea era un hirmán de Lionor, e o escudeiro o acostumado gardador da honra da nobre filla de Vasco Fernandez. Iban siguindo o camiño que levaba á Mezonzo; e con esto xa me parece que os meus corteses leitores se decatarán de que se trataba do casamento de Lionor.
   Parou a comitiva diante d' unha casa do lugar de Xaxilde na dita friiguesía, que era onde moraba a familia da novia, e a cual, anque de labrador, era bastante capaz e hachábase bastante forrada e arreada para a sua crase. Aa porta do curral estaban xa asperando os pais e as duas hirmaas de Lionor; os cuales non sabían como espresar o seu agradecemento e satisfaucion pol-a honra que Beringuela lles facía en querer vir pousar na sua casa, mormentes cando viron qu' a nobre dona lle botaba os brazos e apertaba contra o seu peito á aquela que fora a ama que a criara.
   O casamento non se había de facer hastra d' alí á dous días, pero Beringuela quixo adiantar a vinda pol-o caso seguente. A familia de Lionor hachábase de loito pol-a morte do fillo mais vello. Onde iba que fixera o ano que morrera; pero as hirmás, cando os viciños viñan á querer sacarlles o loito, defendíanse como gatas feras, e nin esgalletados consentían que lles

[p. 99]

sacasen os panos do lombo. Agora poida que non porfiasen, nin temeasen tanto; pero os viciños escaramentados xa non quirían meterse en mais debuxos e deixábanas que andivesen vestidas como quixesen. Beringuela que sabía esto, por eso anticipou a sua vinda; pois quiría ver si con arte e con maña podía consiguir o que non lograran ca forza os viciños; e ao mesmo tempo sacal-as d' aquel apuro e d' aquel atolladeiro; que non era cousa de que se presentasen de loito á celebral-o casamento.
   Non é pra dicir os cumprimentos e ousequios que Lionor e as suas hirmans lle facían á Beringuela; mais ela non coidaba de outra cousa que de pasar en todo coma unha igoal delas; e xustamente, prevaleuse desto para enteirarse de todol-os currunchos e escondrixos da casa. Quixo tamén que as hirmaas de Lionor lle amostrasen todal-as suas magencias, e que as puxesen para ver como lle estaban; e como era tan acurrente e tan chungueira, á cada unha, ao paso que ll' amañaba e compoñia a roupa dicialle a sua chuscada, ou facíalle algunha adevertencia, ou botáballe algún piropo.
   Nesta aparacion estiveron ainda un boo anaco; e cando do chegou a hora de deitarse Beringuela retirouse cas suas duas doncelas á unha cámara que dispuxeran pra ela. Mais aa media noite, cando maxinou qu' as

[p. 100]

rapazas habían de estar ben rendidas co sono, ergueuse, sacou do seu bayul uns panos, que xa adrede trouxera consigo, e acompañada d' unha das doncelas foyse moy quediño e aas apalpadas hastra o leito en que sabía que dormían as hirmans de Lionor, e pol' o tino furtoulles os panos de loito e no seu sitio deixoulles os que ela levara. Feito esto volveuse pra a sua cámara, escondeu os panos furtados debaixo do seu traveseiro e no seu bayul e meteuse na cama.
   Cando pol-a mañán se levantaron as rapazas, non foy pequena a liorna que armaron. Busca d' aquí, busca d' alí; pergunta á uns, pergunta á outros, e os seus panos non paricían. Beringuela, que desde o seu leito estaba sintindo todo, perguntoulles con moita xorna que era o que lles pasaba. Elas nun prencipio escapábanse de contestar ao caso; pero como Beringuela non calaba;
   —¡Qué nos ha de pasar, señoriña!  —contestou ao cabo Ermesenda, que era a mais vella — ¡qué nos ha de pasar? ¡qué non' os parece a roupa! ¡Santo Outelo! Parece cousa do anamigo!
   —Pero vos ¿ónde a deixastes?
   —Onde sempre, señora, xunt' a a cabeceira.
   —Pero vos habíades de ter mais roupa que a posta.

[p. 101]

   —E verdá; mais si esto nos ha de pasar diario, logo quedaremos ispidas.
   —Pois entonces debeu ser algún trasno que se quixo rîr de vos. Siquera deixáravos outra roupa; como non lla queirades perdonar!
   —Ay eso! truco. ¡Mismamente!
   —E nunca vos pasou eso hastra est-a noite? E qué é o que vos falta?
   —Os panos da cabeza e os do pescozo e mail-os lenllos.
   —Poida que vol-os volva; porque un trasno con panos de loito non ha de facer boa fegura. O caso e que non vol' os confunda.
   —Volver, xa quixo, pol-o visto; anque non era eso o que se lle pidía.
   —Entonces ainda non era dos de mais mala concencia.
   —Bah! bah! o trasno foy a señora Oroana —contestou Ermesenda dirixíndose a unha das doncelas, que ca cara medio escondida antre as sábaas, non podendo xa contêrse, estábase escacarelando ca risa.
   —Pois trasno, non trasno, agora non tedes mais romedeo que conformarvos ca roupa que vos deixaron —concruyeu Beringuela.
   Así quedou arranxada a costión do loito; e por tal vía, sin pensal-o, sairon as hirmaas de Lionor do pantano en que cas suas temeaduras s' alcontraban metidas.

[p. 102]

   Celebrando esta tramoyada pasaron boa parte do día; pero ao mesmo tempo fóronse dispoñendo para a outra que as asperaba aquela noite; pois si na outra houbo que esconderlle a roupa aas hirmans de Lionor, nesta había que facer a mesma aparacion ca da novia. Pois era o caso que era moy mal mirado, é estonces mais que agora, que unha rapaza mostrase o menor asomo de gana de casarse; e anque estivese rabiando por facelo, ó ben parecer requíría que puxese todas cantas arredras poidese. 
   Lionor, como xa tiña mais roce do mundo, poida que non se lle dese tanto poI-as faladurías da xente; pero como aas hirmaas non había que falarlles desto, porque non Iles parecese mal, percuraba acaer en todo con elas. Así é que non tivo mais romedeo que representar que ela iba coma si a levaran arrasto ao casamento; e facer todas aquelas pantomimadas e mixiricos que eran de caixon naquel caso; canto maís que as hirmaas impuxéran-a ben en como había de desempeñar o seu papel. E xa se con sabe que realidá as nosas peisanas queren representar estas cousas.
   Por fertuna, Beringuela que pra estas cousas pintábase sola, era a dirautora da escena; e unhas veces mostrándose conforme con Ermesenda é Beatriz, que era a outra hirman de Lionor, outras veces dándolles para atrás, iba manexando o lério

[p. 103]

de modo e de maneira, que Lionor sin têr que esparraquitarse moito, nin facer tantas estramonias, quedase ven vista e sin que naide touvese porque tildal-a. EIa foy a que, despois da sua acostumada visita á Sobrado, se encargou de aparexarlle a roupa de novia; ela a que quixo vestil-a e amañal-a pol-a sua man anque axudada pol-as hirmans e por algunhas amigas das mais chegadas que tamén acudiran aa faena. Cada prenda de roupa que se Ile botaba encima, custaba unha boa rifadura e refrega; ela á espurruñar cos pees e cas maas, as amigas á aloumiñal-a, á consolal-a e convecel-a. De cando en cando Beringuela dicíalle: déscant' aca te volviche tan xota e tan áspara, ti que sempre foche tan amante e tan agarimosa! —E chegándoselle ao ouvido. —Ascadasí hache de ser a mesma conta —engadíalle.
   O mal foy cando lle puxeron os bincos mail-a gargantilla; hubo que coutala ben coutada pra que non derramase e estropease as alaxes. A Beringuela caro lle custaba o contêrse para non reventar ca risa; pero, por eso, vamos, desempeñou ben o seu cometido e aa hora competente douna composta e aviada.
   E boo foy que Lionor non casase na casa; porque estonces non era mala e rebodaina que tiña que haber. Estonces había de haber aquelo de aa volta da eirexa

[p. 104]

adiantarse a novia cas suas amigas, meterse dentro da casa, querer atrancar a porta, opoñerse as amigas; porfiar e loitar ela con elas hastra conseguir o seu ouxeto; aquelo de chegar despois o novio cos seus acompañantes, petar aa porta, non contestarlle; volver á petar mais forte; siguir caladas as d' adentro; empezar eles á puxar poI-a porta; puxar elas do seu lado; dar en bailar a porta nos gonzos cos esforzos d' uns e mais outros; hastra que ao fin a nay vendo qu' aquelo non podía acabar ben e que pra protesta xa bastaba, se dicidise á abrir d' unha vez e á adimitir na casa á seu xenro.
   Mais como Lionor, según dixemos, iba para a casa do novio, non houbo necesidá de tanta foliada.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega