[p. 131]
XII
COMO NON TODAL-AS CONTAS
nos salen conforme se
botan
|
Pouco tardou Beringuela en sair do seu atoamento. A ansia dos pais fíxoa brincar
da besta e correr ao paazo. Por sorte o ponte levadizo quedara botado, e
o lume ainda non chegara á él. Recorreu todo o patio ao redor da casa por suposto sin
alcontrar á naide hastra que se convenceu de que era imposibre que alí debaixo
d' aqueles escombros, antre aquelas bafaradas de fogo, quedase ánima viva. Saleu páleda, muda, convulsa, pero resolta e
altiva como quen quer facer frente e sobrepoñerse aa sua desgracia. Os que a
acompañaban, cheos de terror e d' espanto, estaban
cos ollos cravados nela como perguntando:
¿Qué facemos? pero sin chistar nin unha soila palabra.
[p. 132]
Maquinalmente montou á cabalo e deixou que a besta siguese a direicion que lle
parecese; pero á os poucos pasos, ao pasar arrentes d' un chaparral saeu un
home que estaba alí escondido e chorando á rego púxoselle diante dicíndolle: Onde
vay, miña señoriña, que a van á escortizar eses lugrumantes.
Era un viciño d' un dos lugares que estaban mais preto do sitio. Chamáralle a
atencion pirmeiro o algareo e tremolina que se sintía ao redor do paazo, e
logo
o fume
que salía por encima dos muros; e co afán de averiguar o que pasaba, fórase
chegando pouco e pouco e á furtadelas hastra aparapetarse detrás d' unha socha que estaba
antr' os chaparros. Desde alí poidera viscar como se fora retirando a
hoste do
señor de Sampayo. Iban diante uns cantos cabalos cunha trompeta; detrás os señores
do Vilar de Mella montados en duas bestas e escoltados por Nuño e outros dous
cabaleíros; e ensiguida os criados e os demais defensores do paazo sin armas e
antr' unha gran runfla de homes que iban berrando e esbarafundando que paricían alarbios.
Todo esto lle refireu o labrador á Beringuela; e díxolle mais, que ainda non habría
media hora que acababan de pasar, e cenoulle tamén a direucion que levaban.
Beringuela non quixo saber mais; dirixíndose aas doncelas e aos acemileiros
dí-
[p. 133]
xolles con imperio. Vosoutros, ide a Calvos (e referíase á unha casa que os
pais tiñan naquela parroquia), e alí asperádeme. E esto dito botou
á correr á todo escape cara ao sitio por onde Ile díxera o labrador que marcharan os soldados que
levaban presos á seus pais.
Si a intincion de Beringuela era pillar aos da hoste do señor de Sampayo, non
percisou alargar moito a carreira; porque como os mais deles iban a pee, pudo
ela collel-os en pouco tempo. A todo esto xa era noite cerrada; mais Beringuela sin
reparar nelo, siguida do seu escudeiro que non quixo nin un istante
separarse de cabo dela, perguntoulles aos pirmeiros que topou, quén era e
onde iba o que mandaba a hoste.
Algo era de recelar d' aquela xente; por eso, ninguén se desvergonzou
nin se
desmandou con ela; antes polo contrario guiáron-a correndo hastra onde iba
Nuño. Noite como era, Beringuela conoceu ou adiviñou á Nuño, e Nuño
adiviñou á Beringuela; e o pirmeiro que rompeu o silencio foy ela que
con certo aire así como de reconvencion díxolle moy serena:
Veño á correxer unha falta que tivéstedes;
prendéstedes aos pais e deixástedes áa filla.
Eu ca filla non tiven que ver neste caso; e eso vos
ben-o sabedes; cos pais
[p. 134]
teño que cumprir os meos deberes de cabaleiro.
Non sey si as leis de cabaleiro chegarán hastra ese punto de poñer como
deber o arrebatar a unha probe doncela as
alas do seu corazon.
Nesto de arrebatar, Beringuela, será ben que calemos. Tempo fay
que vos me
tendes á min arrebatado o corazon, e pel-o d' agora eu no me layei; ou si me layei,
quen podía poñer romédeo aos meus males, hastra aquí soilo amostrou que se folgaba
con eles: e eso que tamén eu opino que as leis da correspondencia non han de mandar
tal sinrazon.
No-me remorde a concencia d' haber ido aa vosa casa, nin d' haber dado unha
soila pasada para arrebatarvos nada deste mundo; en cambio o que á min m'
arrebatástedes diante o tendes; e dicídime, si pra elo tedes valor, si
é cousa que eu poida deixar ir sin que detrás no me vaya tamén a alma e a vida, ou si eu poderei
consintir que a miña sorte seya difrente da dos que me fixeron o que son.
Grand' impresion causaron no ánimo de Nuño estas razons
de Beringuela; e por él
xa no auto puxera aos tres en libertá, pero tívolle medo ao Naron do pay;
e así por alguns momentos quedou coma un páparo sin saber que partido tomar. A mesma
Beringuela tivo que sacal-o do seu aturrulla-
[p. 135]
mento; pois botando para diante e xuntándose cos pais que á todo estiveron como
petos,
Xa que así o manda a nosa sorte dixo sigamos
hastra onde nos leven os nosos carceleiros.
Ay! Beringuela! contestou á esto Nuño, si esta fora outra acasion,
eu vos diría quen é aquí o verdadeiro carceleiro.
Beringuela fíxose a desentendida; e así
todos muchos e silandeiros foron camiñando hastra que aa media noite
chegaron ao Castro das Seixas. Ben quixera Nuño proporcionarlles aos
seus prisoneiros un boo trato e un boo apousento; mais a néspora do pay
ordenou que os puxesen aos tres separados, cada un no seu calabozo; e
que en canto aa mantenza que os
separasen cunhas codias de pan e un xerro d' auga, á lo menos mentres non descubrisen
onde se hachaba Gonçalo Ozores ou onde se podiría atrapar.
Asi que o probe de Nuño veu o remate en que viñera á parar a sua aventura,
repelábase todo; e si na sua man estouvera anque fora aas costas sacaria él do calabozo aos señores do Vilar e
levaríaos para a sua casa. Tan pesaroso estaba do que fixera, que anque
lle deran a
maor toubeadura non-a sintiría mais. Para esto che fun á Vilar! dicía él
na sua lengua pequena
para esto che me desvelei e corrín e me
[p. 136]
fatiguei'. E a sua pena esbafaba indo ao pee d' un bufarro que daba no calabozo de
Beringuela; e alí, unhas veces pol-o disimulado, e outras veces
craramente, todo se lle iba en facer mil portestas e mil xuramentos de que todo
aquelo era contra a
sua intincion, e que él estaba disposto a amostral-o cos feitos que se lle pidisen,
anque lle costase a cabeza. As mismas sécolas lle iba repitindo á Vasco Fernandez
e a Eldonza pol-os bufarros dos seus calabozos.
A todo esto, Beringuela siguía calada como un morcón; soilo ao último, pra verse
libre d' aquelas para ela rallantes e importunas xeremiñadas, díxolle que estaba ben
convencida de que él non tiña ningunha culpa naquelo, que ela non deseyaba nin
lle pidía outra cousa que que a deixase en paz.
Esto á él ainda o fixo mais cerne e enturrado nos seus pensamentos; así é
que
maxinou un proyeuto atrevido, que lle podía resultar ben caro, e era poñer soltos e
escapar cos seus tres prisoneiros. Empezou á darlle volta d' aquí,
volta d' alí ao
seu proyeuto; que a cousa non era para menos. O pay xa desd' un prencipio
desconfiara dél, primeiro pol-o boo trato que lle quiría dar aos prisoneiros, e
logo
porque chegou á ulir algo ou moito dos seus amoríos. Por esto lle tiña dado orde ao
[p. 137]
carceleiro que á nadia deste mundo lle abrise ou Ile dese as chaves dos
calabozos onde estaban Beringuela e seus pais.
Era o carceleiro un home guedelludo coma un oso; e, xa era sabido, o
encargarlle unha cousa ao Guedelludo era encargarlla á un mastín fora a
alma. Tal era o primeir atranco que Nuño encontraba pra a realización dos seus pensamentos;
mais él ca empencha e cabuxo que tomou ao decatarse do mal que Ile saira a sua fazaña, comezou de maquinar os sete
maquinares hastra ver de consiguir a sua. A dicir verdá, o chasco que
levara fora
reverendo. El, que contaba con vencer a repunanza de Beringuela á forza de
amostrárselle rumboso e xeneroso, e ainda ganar o seu cariño
colmándoa de ousequios
e agasallos, têr que verse reducido á desempeñar tan cativo papel, era pra sacar
das suas casillas ao home mais frío e sin sangre, para canto mais
á él, que, inda sin o namoramento, era presona nobre e altiva e de fumes.
Nun prencipio maxinara él escapar soilo con Beringuela; e asi
llo decrarou
algunha vez queixándose do seu silencio e duremia, e de que fose mais forte a sua
tema e capricho que as mismas paredes do calabozo en que estaba encerrada. Pero
dempois pensouno mellor; pareceulle qué con esto ainda éla se pondría mais tesa e
[p. 138]
esquivia; e pol-o mismo dicideu risparse con pais e con filla. Mais
estaba no
medio o Guedelludo. Ben se lle alcanzaba á él que tratar de ilo emparaxolando e
engaratusando era tempo perdido; e que poI-o consiguente era perciso buscar outra traza.
Esto era o que él andaba remoendo no seu intrior; e como sempre iba á tropezar
co carceleiro, botou de conta que non lle quedaba mais salida que a de sacal-o de
diante. A tanto chegara o seu acegamento que o cometer aquel asasinio,
non-o facia
arredar, nin abandonar os seus arroutados e descamiñados porpósitos!
Mentres estuvo botando estes cárculos, andaba o home ca cabeza baixa, os
ollos cravados na terra, o queixo fincado no peito, branceando e falando
soilo ou trazando rayas no chan ca punta d' unha vara. ¡Tan
embebido e ansimismado o trajían os seus pensamentos e cavilacions!
Xa chegara por
fin á atal-os cabos de como había de asegurar ou cañar ao Guedelludo;
xa discurrira
d' onde había de trajer os cabalos para escapar él e os tres prisoneiros; a hora e o
modo de facel-o e o sitio onde irían á pousar dempois da fuxida. Por suposto, esto
era como quen fay o aro e non ten o cesto; pois aos señores do Vilar
ainda non lles descubrira nada; pero contaba con que, de feito eles
habían de consentir en todo
o que él lles porpuxese. Soilo esperaba pra
[p. 139]
dar o golpe un momento á porpósito, que él non dubidaba que se Ile había
de presentar logo.
A todo esto os señores do Vilar xa levaban oito dias de
prisón e encerro. En todo este tempo nadia se entendeu con eles mais
que o Guedelludo; o cual ao levarlles a comida, ou mais un talizo de pan
e un xarro d' auga, co seu falar roufeño e que paricía que lle salía
pol-as ventas do nariz, requiríaos de cote si sabían onde paraba Gonçalo
Ozores; e como eles lle daban a calada
por resposta, volvíalles como un túzaro a espalda, trajía con furia a
porta consigo e
fechábaa e aferrollábaa da maneira mais brutanaz que poidese.
Vasco e Beringuela ainda iban resistindo aquel duro tratamento; pero
Eldonza, a
probe, que era bastante dieble e achacosa, con aqueles poucos días xa
paricia qu' iba
no escano. Moito era tamén ca pena e co disgusto de verse alí enzarrada, e
a direita sin saber por que; ela que por outra parte, sempre fora
anemiga de barullos e liornas. ¡Poidera siquera comunicarse co home ou ca
filIa! Pero non; porque para mais antre
os seus respeutivos calabozos habia outros entrepolados.
O caIabozo era mais ben un nicho que outra cousa; o leito
tres táboas sobr' uns cabaletes e unhas poucas pallas. Boo era que xa
viña o vrao, e que as paredes, anque
[p. 140]
desnudas, como estaban feitas de pouco, inda non tiñan o aspeuto da
lobreguez e tristura que lles da o tempo, a humidá e o polvo. Así e todo é seguro que
Eldonza, si tivera que estar alí moitos días, non tardaría en espichar. |