[p. 141]
XIII
A TOMA DE CURBIÁN |
Mal podía alcontrar Nuño no Vilar de Mella á Gonçalo
Ozores; pois éste siguía
no seu escondrixo de Sobrado traballando á mais non poder nos seu feitos. O
mesmo día, que digo o mesmo día, tan axiña como acabou de desmantelar o castillo
de Losoiro, despachou a todo escape varios propios da sua confianza; un para o
señor Alvaro Paez de Soutomayor, dicíndolle que canto mais antes
poidese, lle mandase a xente que Ile prometera, aa ponte de Albidrón sobre o
río
Ulla, e outros aos seus amigos de Camba e de Deza, avisándolles que agardasen aos homes do señor
Alvaro Paez para incorporarse con eles, e que entramentres gardasen ben, anque
percurando non chamar a atencion, a ponte d' Albidrón e a outra imediata de Ponte Corvo,
e encargándolles ademais que mandasen de contado recado así como estivesen pra
atravesar o río.
[p. 142]
O que él proyeutaba con todos aqueles perparativos era un golpe sobre o castelo
de Curbián. Curbián! ¡Qué sinfin de recórdos á cada cal mais fondos e mais
atraentes non enzarraba para él aquel paazo! Alí vía él cifrada toda a groria, toda a
nobreza da sua familia! Alí hachaba él concentrado e encarnado todo o que pra un Ulloa podía ser caro e de estima neste mundo! Curbián! Este
soilo nombre traíalle aa mamoria os alegres tempos da sua mocidá en
que él nunca se cansaba de oir da boca dos criados e escudeiros da sua casa
as fazañas do
seu pay Vasco López, as do seu aboo Lopo Sanchez, as do seu bisaboo
Sancho Sanchez, á quen tanto estimaron os Reys D. Sancho lV e D. Fernando IV,
as do seu tartaraboo Sancho Lopez, as do seu carto aboo Lopo Rodriguez e as de
outros moitos seus antepasados. Todos estes recordos, todos estes pensamentos
eran outros tantos aguillons que Ile aguilloaban a alma ca ansia de arrincar canto mais
antes das maos do usurpador Vasco Gomez aquel paazo, que era coma o
santuario da sua familia.
Xustamente o día que Nuño das Seixas puxo lume ao paazo do Vilar, aa noite
chegáronlle novas de que, ao mais tardar
dentro de dous días estarían na ponte de Albidrón a xente de Alvaro
Paez de Soutomayor e mail-os amigos de Camba e de
[p. 143]
Deza; pero ao mesmo tempo tuvo noticia certa de canto pasara no Vilar de Mella.
O seu primeir pensamento foy deixar por estonces á Curbián e marchar con
toda a
hoste para o Castro das Seixas. ¿Había de consintir él que os seus amigos, e amigos
tan quiridos como Vasco Fernandez e a sua xente, sufrisen aquela oltraxe de verse prisoneiros e encalabozados en poder do
seu anamigo, e pra mais sin
outro motivo que o de sérenlle fieles e leales? ¿Habíaos de deixar
así sin a correspondente vinga? Doíase da afrenta que se lle fixera á un tan
bon cabaleiro como era o señor do Vilar; doíase de ver desnorada á unha dona tan
virtudosa e de tanto respeuto como Eldonza, e tamén se doía de que unha moza
tan fidalga e tan garrida como Beringuela quedase exposta aos axes e aas palabrotas
da soldadesca. E esta pena por Beringuela tiña para él un lado particular que facía que lle chegase ao mais adentro da alma. Aos
pais xa os conocía de vello, desde antes de ir él con D. Fernando de Castro aa guerra
contra D. Henrique II; pero estonces apenas se fixara en Beringuela, que, era
unha nena que tindría dez ou once anos. Mais despois que volveu do seu
desterro, víraa algunha qu' outra vez no pâzo do Vilar; e tanto lle
chocara, tal impresion lle fixera poI-os seus modos, pol-a sua discreucion,
en fin, por todal-as suas cualidades, que
[p. 144]
él alá no seu intrior non dubidou formar xuicio de que entre todas cantas mulleres
Ile cadrara de ver, aquela era á que Ile inchía a medida do seu deseyo. Asi xa
llo rnanifestara unha vez aos pais, e delo amostráranse eles mais que ufanos e contentos.
Todos estes motivos por pouco o puxeron no disparadeiro de
correr e voar ca xente que poidese á libertar aos seus amigos das uñas do
señor de Sampayo; pero tivo medo de que, si iba así de camiño en seu
siguimento, os seus carceleiros os maltratasen pior e hastra puxesen a sua vida como prezo da defensa do
castelo.
Resolveu, pol-o tanto, deixar pra outra acasion o libertar aos seus amigos, e
entramentres finxeu que non se Ile daba nada por
eles, e que entonces toda a sua mira estaba en atacar o castelo de Curbián.
O que á él Ile valia moito era que como toda a xente
estaba arrenegando do señor de Sampayo e dos seus paniaguados e
axudadores, todo o mundo calaba o que á él
lle conviña; e pol-o contrario pra pubricar e aldear todo o que á outro
Ile podia causar perxuicio, todos estaban dispostos.
Dicidido, pois, á ir á recobrar a forlaleza de Curbian,
mandou
aviso á todol-os
seus amigos e partidarios da terra de Sobrado e de Millide, para que no punto
e hora que lles dicía, estivesen todos reunidos sin falta.
Ao mesmo tempo pasou re-
[p. 145]
cado aos da ponte de Albidrón para que tamén salisen ao sitio que lles marcaba.
E nafeuto, ao alborear a aurora do terceir día, despois da queima do paazo do
Vilar, nun monte que estaba preto da eirexa de Pambre e para alá do río, hachábanse reunidos cerca de mil
homes, que todos eran do UlIa pra arriba. Aa mesma hora, noutro monte da parroquia de
San Xusto da Raposteria, estaban xuntos os homes que mandara Alvaro Paez
co recado de que logo chegaria él con mais. Serían por todos trecentos
homes d' a pee e vin d' a cabalo. Con eles estaban tamén
os de Camba e os de Deza, que habían de ser unhos douscentos ou algo mais.
Postos
d' acordo unhos cos outros, botaron á andar todos á un tempo cara á
Curbián.
O castelo de Curbián era forte e recio, e estaba ben
apetrechado. Erguíase ufano e provocativo como o fornido campeón que
ao seu arredor non ve quen lla poida empatar, no cruto dun empinado coto que
estaba na marxe esquerda do Pambre. O sitio era mimoso e ameno; cuberto d' asombrosos castiñeiros;
aIfombrado cunhas vizosas herbeiras, que cos seus verdes, pomposos e arremuiñados
mechons refrescaban e embalsamaban o aire.
Dentro habría unhos corenta homes, que non eran gran
númaro, pero o suficiente para prolongar por algus días a resistencia.
[p. 146]
Esto de ningunha maneira lle convíña á Gonzalo Ozores á
quen ben se ll' alcanzaba que todo o bon suceso da sua ampresa dependía do pronto e rápido dos
seus movimentos. E moito menos lle conviña d' aquela, que estaba bremando por ir á valerlles
aos señores do Vilar.
Boo foy que un criado que estivera moitos anos sirvindo no castelo cando nél
estaban os señores d' Ulloa, sabía d' un camiño suterráneo que baixaba mismo da
torre d' homenaxe hastra o río; o cual camiño tivérano que deixar porque facía un
gran recodo, e en vez del fixeran outro ou outros dous que marchaban mais direitos.
O criado conocíao perfectamente, porque
sendo rapaz e antes que estiveran feitos os outros dous, recorrérao moitas veces,
e sabía tamén onde e como o cegaran cando quedou sin uso e abandonado.
Propúxolle, pois, ao amo que con tres ou catro homes ben valentes que él escollese,
ofrecíase á franquear o camiño e á chegar sin ser visto nin oido hastra a misma torre d' o homenaxe.
Consinteu Gonzalo Ozores; e Macías, que así se chamaba o criado, con
outros catro
homes de peito dos mais atrevidos que pudo alcontrar, na noite que percedeu ao día
do asalto, foise moy caladiño ao sitio onde estaba a boca do suterráneo, atravesou o
rio cos apetrechos necesarios e colouse
[p. 147]
por alí arriba seguido dos seu s compañeiros, a indo poI-o tino e a as apalpadas
chegou ao fin sin maor tropezo hastra o sitio onde atuñaran o camiño mismo debaixo
da torre do homenaxe, Con unhas palanquetas foron esgarabellando no
sitio; pero
moy ao xeito para que, si acaso non se desprendese o testo que tapaba o
furado fosen descubertos.
O pran era finxir un asalto por todas partes ao castelo para chamar á todol-os
defensores á sobre dos muros; e nesto sair do burato, atrancar ben a porta da
torre; cañar á algún que pol-a ventura quedase dentro; e despois subir á as
troneiras e de' alí á boca de xerro e poI-as espaldas,
saetada que te criou contra os do castelo.
Como o pensaran, así lles saleu. Gonzalo Ozores dispuxo a sua xente como
para asaltar o castelo por todol-os lados; e ao sinal dado todos facendo
grandes estremos e berrando e ouveando canto podían, lanzáronse como resoltos á
brincar nas murallas. Acudiron todos, ou casi todos, os d' adentro ao adarve para rechazar
o asalto, e nesto os que estaban no suterránio decatándose pol-as voces e poI-o ruido
destes movementos e maniobras, foron arredando a pedra que servía de tapa, e saliron do tobo.
Macías que
conocía todol-os rincós do castelo como os dedos das maus, subeu c' os compañeiros do sótano da to-
[p. 148]
rre ao primeir piso; atrancou ben a porta e despois pasou ao segundo piso.
Alí encontraron dous escudeiros que quedaran gardando a torre; e arremetendo con
eles con toda fúria, logo os deixaron secos. Xa nada lles estorbou que desde as
troneiras emprendesen á saetada limpia contra os do adarve; e con tan bon
ollo e con tan boa man, que cada disparo era un home á terra.
Pol-a sua parte os da afora; ouservando aquela estragueira, cada vez con mais ánimo e con mais
brio foron apertando o cerco, e xa se dispoñían á escalar os muros; pol-o
que os defensores do caslelo véndose antre dous fogos dos cales non sabían cal
era o pior, pidiron palramento ca intincion de entregarse. Mais por eso
Macías e os
seus compañeiros siguironlles atizando de firme dando ao mesmo tempo
moitos
berros e allaridos como quen que era moita xente, para obrigal-os á rendirse á
discreución o canto mais antes.
Así o fixeron, ao cabo, os do castelo, anque non fora mais que por verse libres
d' aqueles escoleres que os aburaban á saetadas, e que sin saber éles cómo, se Iles
enxaretaran dentro da torre. Así foi que xa lles tardaba o abriren de par
en par as
portas da fortaleza.
Despois de dez anos de negra e penosa ausencia, que non dou de sí mais que traballos, disgustos e amargos
sufrimentos,
[p. 149]
entraba Gonzalo Ozores por primeira vez naquel castelo, no cal, como xa dixemos,
vía él simbolizada toda a groria e todo esprendor da sua familia. Têr él no seu poder despois do
que pasara o castelo de
Curbián, o castelo que era a casa petrucia de toda a sua xente! Estábao
vendo, e non o quería creer! Tal foy a empresion e a alegría que Ile causou o verse naquelas habitacions en que noutros tempos pasara horas tan felices e de tanto contento.
Dempois de recebir a capitulacion dos defensores do castelo, e
non se lles fixo
mal ningún, anque, por suposto, todos tiveron que facer a entrega das suas
armas e quedar prisioneiros, o seu primeir coidado foy trajer a seu pay á Curbián e
poñelo alí coma no trono que labraran os seus antepasados á costa de
tanta fatica. O probe do vello estaba ca boca aberta mirando para todo aquelo sin darse
conta do que Ile
pasaba. Para él o fillo era unha vision que sin saber como nin de que maneira,
mais sin ser cousa boa, se Ile aparicía pra dar
triste remate aas suas desventuras. Pero ao ir xuntando as suas ideyas e os seus
recordos, ao ver como aquel Gonçalo o trajía no peneiriño, ao
adivirtir que aqueles muros, aqueles techos, aquelas cámaras eran as
mesmas, que él habitara noutro tempo, foy caendo e volvendo do seu parasismo;
e ao decatarse de que todo aquelo era real e
[p. 150]
quixo enfundirse no peito do fillo; que tal foy o afincamento e a afusion con que
abrazou, a aquel Gonçalo que el creera para sempre morto ou perdido.
Entramentras a sua hoste foy crecendo coma á escuma, pois á todas horas
estaban vindo e chegando homes dos seus antigos
estados e tamen d' outros sitios dispostos á coller por él as armas e axudal-o á
recobrar as suas terras. Pois moitos que hastra estonces estiveran medio dubidosos
e encollidos, como viron que o señor Gonçalo Ozores iba saindo ca sua,
tamen eles foron caendo na conta de que pouco adiantaban con estárense
así antre duas; e por eso entroulles a fuga de decrarárense abertamente
por él e acabar d' unha vez cos seus tiranos e oprimidores.
Gonçalo Ozores acomodou no castelo á todos cantos pudo; aos outros fixoos acampar naqueles
alrededores hastra que él
dispuxese o que se había de facer. Nesto e mais en aprovisionar o castelo
e en reparar
alguns pequenos estropicios e desperfeutos, anque todos andaban aa carreira,
envolvéronse ven tres días.
No intre foy él amayestrando aa sua hoste, que xa pasaba de dous mil homes; e
con alardes e con axarcicios que Ile facía facer mañan e tarde, ibaa poñendo
mais cursaria e práutica no manexo das armas e nos demais avíos e mecánicas da guerra.
[p. 151]
O pran dél era, tan pronto como tivese ben apetrechado o
castelo, deixar alí unha retén como de satenta ou ochenta homes, e
marchar cos demais contra as torres de Sampayo, qu' eran a casa
prencipal dos de Seixas, e estaban d' alí á unhas boas duas légoas na marxe direita do río
Narla. Con esto quiría él chamar pra alí toda atencion de Vasco Gómez e obrigal-o á
alexarse do
Castro das Seixas; e mentras, destacando da sua hoste algunha xente
escollida, caer de sócato sobr' o castro, e libertar á Beringuela e a seus
pais.
Como vamos a ver os acontecementos que logo viñeron, fixérono apurar á execucion dos seus
prans.
|