[p. 187]
XVII
VISITA IMPENSADA
|
¡O que son as cousas do mundo! Cuase ao mesmo tempo que Gonçalo Ozores se
dispidía e deixaba apousentados aos seus amigos na casa de Rodieiros,
nas imediaciós de Millí unha banda de trompetas facía
abrouxar o aire cos sons irtos e retumbantes dos seus estrumentos. Detrás da banda
dos trompetas pol-o camiño francés ou dos Piligrins cara a Millí e como indo de
Santiago, siguían largas fileiras de cabaleiros, e despois deles un cabaleiro moito mais
ben portado e fachendoso que os outros, o cual levaba aa sua beira unha
doncela ricamente vistida e montada nunha facanea
empenachada e de tal maneira cuberta con faldons e aparellos de torciopelo verde
franxeado d' ouro, que apenas se lle vía outra cousa mais que os ferrados
cascos.
Viñan ensiguida mais cabaleiros; e logo un sinúmaro de acémilas cargadas de fardos,
bayules e outros trastos e trebexos; e na
[p. 188]
derradeira inda mais cabaleiros, sinte as doncelas e pions que iban entrepolados por
antr' as fileiras.
Vestía a doncela, que á lo menos despois o cabaleiro que iba ao lado dela, debia de
ser a prencipal presona da comitiva, un brial, ou como si dixéramos unha bata, de
xamete (en latín examitus), que viña á ser un texido moy tupido
de seda. Debaixo levaba unha túnica de cendal verde mazán, que tamén era un texido de seda, pero
mais sinxelo que o xamete, cas mangas moy cinxidas; e encima un manto
tamén de xamete morado prendido sobre o peito cun broche de ouro. De alhaxes e preseas
levaba o que non se diga. Lucía ao pescozo
un collar de pelras de tres cabos, do medio do cal colgaba un xoyel á modo de relicario
que tiña engastonado un gran rubí ou carbunclo que paricía que dispidía
chamas. Das
orellas pendíanlle unhos perciosos bincos, que no medio tiñan unha
esmeralda crara e espellante coma a auga e ao redor unha roda de alxofres. As
maos levabas cubertas de sortellas de mil formas e maneiras, cal con
záfiros, cal con balaxes, cal con
topacios, cal con xacintos, así pol-o estilo. O pelo, que era castaño, tíñao moy
corsidosamente pieitado e trenzado con fíos de ouro. Cubrialle a cabeza
un sombreiro de
aas moy anchas, pero riviritadas para arriba pol-a parte d' atrás. Tendría coma uns
[p. 189]
vinte e dous anos; era pálida é amorenada, pero o seu sembrante respiraba
anxelical candor.
Das galdrapas da besta xa dixemos que eran de terciopelo verde con galós,
frecos
é bolras de ouro. Todo o demais aparello, coma a cabezada, o bocado, as
bridas,
etc... correspondía co luxo e rango da xeneta.
Do cabaleiro, que era un home d' uns cincuenta anos,
sosmentes direi que a sua
armadura era unha obra acabada na sua cras. Tiña pezas labradas con
tanta perfeicion e alegancia, que si non foran frabicadas en Nuremberg ou en
Pavía, fixéranas á amitacion das mellores de eses
dous sitios. A espada tiña as gardas de prata e o pomo ou mazán con que remataba o puño,
estaba formado por unha vistosa e relucente bola de pedra ágata. A
boca, as
abrazadeiras e mail-o regatón da vaina tamén eran de prata acicelada.
Ao pasar por xunto de Santa María de Millí, e xa acababa de poñerse o sol, dou a
causalidá de que a eirexa estaba aberta; e como a doncela fixese mostra de que quiría
entrar á rezarlle unha salve á Nosa Señora, baixouse o cabaleiro, colleuna nos
brazos,
e encamiñáronse ambos á comprir aquela devocion.
A eirexa, sacando os retablos, consérvase hoxe pouco mais ou menos coma debía
de estar d' aquela. Parece de fins do si-
[p. 190]
gro XII; e ten duas portadas, a prencipal e mais unha lateral do lado do mediodía.
Compóñense ambas e duas de tres archivoltas co seu correspondente
tornachuvias, sostidas por seis culunas, tres de cada
banda; e unha das culunas da portada prencipal ofrece de particular que ten unha faixa
que a rodeya á modo de espiral.
A áuside é tamén do mesmo estilo; pero o que mais debe chamar a atencion
naquela eirexa é a reixa de ferro, que está á entrada da áuside, e mail-o frontal do altar
mayor. Compúñase a reixa, coma as demais do seu tempo, que sera o sigro XIV,
de varios panales, cada un dos cuales está formado por unha vara direita de ferro, da
que á un lado e á outro salen varios brazos somellantes á eses.
O altar é coma un cubo macizo de mampostería, sobre o cal está asentada a
lousa enteiriza que serve de mesa. No frente deste cubo, e como sostendo a
orela dianteira da mesa, hay unha fila de arcos que se apoyan sobre culunas pareadas. Os
fondos dos arcos estiveron noutro tempo pintados, como se ve por certas semellas que
inda hoxe se conservan.
Mais ¿quéns eran aquel cabaleiro e aquela dona que iban con
tanto acompañamento? A xuzgar poI-as tres faixas d' escaques d' ouro e gules, separadas
por unhos filetes negros, bordados nos escudos d' armas
[p. 191]
dos caparazóns e galdrapas das bestas, debían de ser dos de Soutomayor. Así era
nafeuto. Xa dixemos que o señor Alvaro Paez de Soutomayor prometéralle á
Gonçalo Ozores, que logo lle mandaría mais xente para axudalo á recobral-os seus
estados e mais á escaramentar aos seus anamigos. E tan ben o fixo o de
Soutomayor, que quixo vir él en presona ca sua filla
doña María. Estes, pois, eran os señores que vimos entrar na eirexa de Santa María
de Millí.
Mais como a noite xa estaba encima e a vila de Millí estaba
estonces murada, que lIe fixera a cerca o Arcibispo D. Beringuel pol-os anos 1320, e non
paricía
posto en razon demandar aposento dentro da vila á tanta xente armada que, era de
señorío alleo, por eso os acemileiros á unha cena do señor Alvaro Paez
comezaron á desarrear as bestas e de descargar os fardos e estendel-os
pol-o chan;
mentres outros os iban desenliando e desenvolvendo os panos e lenços que contiñan;
e outros espetaban na terra de trecho en trecho estacas e esteos, e atornillaban
neles travesas e tiradores, que outros cubrían cos panos e lenzos para formaren
tendas
de campaña; e así outros iban facendo os demais meesteres.
Ao pouco tempo aquel formigueiro convirteuse nunha media
vila, na cual nada
[p. 192]
faltaba, nin dormitorios, nin comedores, nin cociñas, cos seus leitos, mesas,
tallos e
demais axuar; e hastra había a sua correspondente capela.
Nesto o alcaide, que estaba pol-o Arcibispo no castelo de Millí, que xa puxera
esculcas de quen era aquela xente e de que era o que viña buscando, presentouse
no acampamento de Alvaro Paez, convidándoo para pasar a noite na fortaleza
cas presonas que fosen do seu agrado. Tamén saleu á comprimental-o o
P. Menistro do convento de Sancti Spíritus, que poucos anos antes se fundara dentro da vila e que
andando o tempo había de ser a residencia habitual do Xeneral dos Terceiros de
San Francisco en Galicia. O propio fixeron alguns dos prencipales viciños de
Millí.
Despois d' alguhas porfias Alvaro Paez acetou a invitacion do alcaide,
e foy a
pasar aquela noite ca filla no castelo de Millí. Alí tivo ocasion de
enteirarse poI-o certo
do paradeiro de Gonçalo Ozores; pois anque o supoñía en Curbián, non-o
sabía dé
fixo; e viñera así ao cho. El pensara pirmeiro ir direitamente á
Curbián; pero
dempois decatouse de que, co tren que levaba, mal podería facer por alí o viaxe; e
logo él tamén iba con mais gusto por camiños transitantes pra que todo o mundo vise e
adimirase o convoy e o aparato que o acompañaba. De Lalín, pois, sigueu
pol-a
[p. 193]
vereda de Goyás hastra Cadrón; atravesou o Arnego pol-a Ponte de
Vilariño; subeu
despois pol-a Agolada; pasou o Ulla na ponte do Arcidiago; e logo no Borreiro,
preto de Boente colleu o camiño francés.
Ao outro día ben cedo dispideuse do casteleiro e púxose en marcha pra Curbián
sin mandarlle ningún aviso nin recado á Gonçalo Ozores; pois quiría collel-o
de
socato. O d' Ulloa, por eso, sorprendido e todo recebeuno con todo o
agasallo e atencios propias d' un gran señor.
Despois das saúdes, noraboas e parabens d' adoito, despois de habérense abrazado
unha e mais veces, Alvaro Paez e Gonçalo Ozores entraron a parolar largo das suas
coitas. E tiñan pra un pouco, mormentes o segundo, que dend' a última vez
que se
viran, pasaraas gordas. E ainda o de Soutomayor, pol-a sua parte, con moy sentidas
e non cortas razós doyeuse das desgracias do seu amigo, tanto como se folgaba agora
dos seus bons sucesos.
D' unhas noutras foy chegando a hora do xantar, ao cal ningún dos alí presentes lle
iba xa poñendo mala cara. Non estamos agora de chola para ir discribindo punto
por punto a vaxilla da mesa, nin os manteses, nin as viandas, nin as
cirimonias, nin
as demais cousas tocantes ao convite. A mesa foy moy chea e brandida; e nada
falteu alí de canto poidese cobizar o mais asi-
[p. 194]
xente e descontentadizo en materia de guisos e piperetes.
Cando a xente, como é d' adoito en taes casos, se foi animando, e as
língoas
comezaron de írense soltando e espricando, Alvaro Paez ripiteu as suas portestas de
confradamento e amistá, chegando á dicir que miraba as cousas de Gonçalo
Ozores
como as suas propias; que xa antes d' agora xurara que había de deixar de
chamarse Alvaro Paez, e non consintir que o seu amigo continuase despoxado das
suas
terras e facendas; que sempre o tivera en grandisma estima, pero moito mais
cando
o vira tan acurrado e persiguido; que todo canto él era, e todo canto tiña, todo o
poñía aa sua disposicion; e que para amostrarlle can verdadeira e enxebre era a
sua amistá, que IIe quixera trajer para mais honral-o a millor alhaxe, que tiña na casa.
E esto dicíao cenando pra sua filla doña María.
E despois d' outros comprimentos, con marcado acento de firme
convincion iñideu
que a cousa que mais podería deseyar neste mundo era deixar depositada tal
alhaxe nas suas maas, e dicir, nas de Gonçalo Ozores; que as duas casas dos
Ulloas e dos Sotomayores sempre andaran moy unidas e enlazadas; pero que este último lazo era
mismo poñer o sello aa mais estreita e íntima union entr' as duas familias.
[p. 195]
¿Quén che vía á Gonçalo Ozores asemade empezou á sintir o chaparron que seIle viña
incíma? Púxose rubio coma a graa, e logo páledo, marelo, verde, e quedou
estatoado sin dar fala. Alvaro Paez, que non reparara na turbacion do seu amigo, ou si
reparou, non-a botara á mala parte, sigueu pra diante ca sua perorata, poñendo
cada vez mais en vísibre aperto á Gonçalo Ozores que se retorcía na sua
cadeira
como si estivera sentado sobre un niño de cobras. Quizaibes pensou él que
aquel atoramento do d' Ulloa era efeuto do impensado da porposicion que lle iba facendo,
ca cal, pra o seu xuicio, non podía menos Gonçalo Ozores de reverse e
antusiasmarse. PoI-o cual maxinou que o millor era que o mesmo intresado
fose remoendo a cousa e tomándolle o paladar hastra que se lIe volvese a boca auga, e se
convencese él asi mismo de que era certo e positivo o ben que se lle propoñía.
Naquel día non volveu, pois, á ensistir mais; pero ao outro
sigueu ca sua tema non
perdendo a menor acasion que se lle persentase de espoñer os seus deseyos e
pensamentos; e por mais arredas que lle poñía Gonçalo Ozores percurando
tornar
sempre a conversacion para outro lado, él ao pouco tempo volta á mallar
alí. E ainda
chegou a sinificarlle, ao pirmeiro por arrodeyos e dempois pol-o craro que o
prenci-
[p. 196]
pal ouxeto da sua vinda fora o concertar o casamento dél ca sua filla; pois non
alcontrara outro á quen con mais gusto e tranquilidá poidera confiar
aquel
tesouro, aquel ánxel, que era sua filla María. E mais Ile dixo: que si se dicidira á dar
aquel paso, foy porque estaba ben persuadido de que a sua porposicion non
había de ser desbotada. E tanto o apertou, que, ao fin, Gonçalo Ozores
receando que chegase á resentirse e ofenderse, con acento que rebordaba
amor e gratitú tivo
que romper, que sempre o xuzgara por moy boismo e xeneroso, pero que nunca
creera que á tanto chegara a sua bondá; que o favor que lle facía era tal, que o
abrumaba e non Ile deixaba alento sinon pra dicir que sempre e sempre habia de
ser seu; pero como queira que se trataba d' un asunto de tanta importancia e
trascendencia, inxente de que nin él mismo sabía hastra que punto era dino e
merecedor da honra que se Ile quiría facer, que o desafiaba para darlle d'
alí á tres días unha solene e competente resposta, cal compría aa
sinceridá e nobreza dos seus sentimentos, ao dilicado do negocio que se
trataba e mais ainda ao decoro e ben parecer de todos.
Ningunha dificultá puxo Alvaro Paez en acetar as tregoas que se
Ile pidían; para canto mais que él
non dubidaba de que a
[p. 197]
resposta había de ser terminante e ao seu gusto. Quedaron, pois, aferidos para
d' alí á tres días.
|