[p. 199]
XVIII
A EMBAIXADA DE FERNÁN VAZQUEZ
|
O día antes d' acabarse o plazo convenido antre Alvaro Paez e
Gonçalo Ozores, aa porta da casa en que moraban os señores do Vilar de
Mella, na parroquia de Rodieiros á eso das tres da tarde apeabase un cabaleiro montado nun
faco, o cal, si
habemos de dicir a verdá, non podía chamarse un Pegaso o un Babieca, pero tampouco
non era un barrufeiro. O xenete era
Fernan Vazquez que, dando por suposto qu' os donos habían de estar na casa, deixoulle a besta á un criado que s' hachaba
alí preto, e sin mais cirimonias meteuse poI-o zaguan adiante
perguntando á voces
si había licencia e onde estaba a xente da casa. Como era algo parente de Eldonza,
por eso entraba con aquela franqueza e desenvoltura.
Non tardaron os donos en decatarse do que pasaba; saíronlle ao encontro, e
despois dos saúdes e parabéns do caso, fixérono subir á un dos sobrados.
[p. 200]
Parece que andamos fuxidos uns dos outros dicía Eldonza entrando na cámara; xa
no-me acorda á última vez que
nos vimos.
Deso á Fernán Vazquez non hay que volverlle toda a culpa saleu Vasco Fernandez; nos
somol-os que estamos faltando, que inda tan
siquera lle dimos as gracias aa direita pol-o que por nós
fixo.
O que eu fixen non é cousa que non se poida dicir, e verdá; pero non vexo por
que haxa que darme as gracias.
E pensades que non sabemos o que fixestes por nos no Castro das Seixas?
Boite! o que vos vay acordar agora!
lnda nunca nos esqueceu pra que deisemos de tel-o un soilo
momento presente.
Pois morra o conto. Eu si non fixen nada, non hay que agradecerme; si fixen
algo, moito fixen demais! Pero agora, poden do ser, quiríalle unha palabriña á
Beringuela.
Andaba ela gavexando pol-a casa adiante; e tan pronto Ile veu
o recado, presentouse na visita.
Retiráronse os pais, e quedou ela soila con Fernán Vazquez. O cal despois d' un momento de
silencio, en que
amostrou ter non menos trabado o esprito que a lengua, rompeu ao fin á falar na maneira siguente:
Trayo para vos unha encomenda, e tráyovola como quen
ven arrasto. Xa son
[p. 201]
vello, e vos ben vedes como vou mirrando á todo paso pra as engurras, qu' a
delor e
os anos non se compran; téñome visto en moitos lances e apertos de
todas sortes,
pois non é porque eu o diga, pero á poucos conozo que tivesen unha vida tan
arrastrada e tan traballada como a que eu tiven, e eso que pol-a misericordia divina nunca
me faltou un pedazo de pan. Mais por eso que mo creades, que no-mo creades, nunca
me vin tan acorado, nin con tantas
tentacions de retroceder e de largarme pra a casa, ou para un monte, coma
na acasion
presente. Nunca me cansei d' andar ao retrouteiro, ben-o sabe Dios; pero,
desta vez
paréceme qu' as pernas se me quedan baradas e tolleitas, qu' o folgo me
falta, e
que as palabras se me callan e engalatan na gorxa.
Si eu non vos conocera tan ben como xa de vello vos conozo,
non porque eu collera
esta encarga por moito que lle pesase ao Sr. Gonzalo Ozores; pero a bondá do
voso caraute, o acaída que sodes na razon...
Pero qué encarga e esa que tanto vos fay tecer e
cavilar? perguntou Beringuela.
O Sr. Gonzalo Ozores non é home que se atote por cousa ningunha deste mundo;
pero mil vidas que tivera, mil daría antes que vir ond' a vos con ela Mais vamos ao
caso. Non sey si saberedes que fay dous ou tres días chegou á Curbián o Sr.
Alvaro
[p. 202]
Paez de Soutomayor. Trouxo consigo aa sua filla D.ª Maria; e por canto non se lle
meteu na cabeza o facel-a casar co señor Gonzalo Ozores.
Como non iñorades, moito é o que lle debe o Sr. Gonzalo Ozores ao Sr. Alvaro
Paez; anque o de Soutomayor fora seu pay, non podia facer mais por él do que fixo.
Pol-o consiguente, ¿qué arredas, qué escusas Ile iba á poñer o Sr. Gonzalo á estes
deseyos, á esta proposicion que despois de todo non tiña nada de
descamiñada, nin
por qué houbese que repochar? ¡E ainda si fora esto solo! Mais, todol-os vasallos de
Curbián así que viron á D.ª María, todos deron en decir aa unha, ¡qué boa compañeira pra o Sr. Gonzalo Ozores!
¡Mismo parece que a mandou Noso Señor para encher e alegrar esta casa!
¡Qué matrímonio
mais parexo non farán! E estes ditos, e estas acramacions repítenas á cada hora
mais pol-o craro, des que se decataron das intenciós do Sr. Alvaro Paez.
Eu, do riquismo que é e poderoso o señor de Soutomayor, da sua fachenda e dos
seus fumes, non vos quero dicir nada, porque é púbrico e notorio en toda a Galicia; como tamén o é
que as casas de Soutomayor e d' Ulloa por ahí se xogan, e
que, sinon son d' unha mesma igoaldá, pouco será o que esquipe unha da outra.
E xa comprenderedes o que lles ha de con-
[p. 203]
tentar aos vasallos da casa d' Ulloa o que o seu señor s' acomode cunha
dona da sua
igoaldá, e que na sua man non decaya o nome e a sona da sua nobre casa (1).
Nengunha destas razós e mais d' outras que eu poidera dicir e remexer se lle
esquece ao señor Gonçalo Ozores; pero mais elas foran, que él por nada deste mundo
se estrevería á faltar no mais mínemo aos compromisos que con vos ten. Por
eso mandoume ond' a vos pra que vos enteirase e puxese ao corrente de todo.
Si eu fose á pintarvos agora a pena e a turbaçon...
Escusades molestarvos mais enterrumpeu á esto
Beringuela porque xa estou de volta de todo canto queredes contarme. Dicídille á voso señor que faga
conta de que eu para él non esisto, e de que estamos como si nunca nos viramos nin
faláramos. E non digo esto por despeito nin por rancura, pois sempre percurei conformarme
ca miña sorte. E pra certificarvos
(1) |
Naquela época escupulábase e reparábase
moito nesto
de que a condición d' un novio e mais d' outro fora, en canto poidese
ser, a mesma. Moito desto é discurrido; pero en proba do esauto das
miñas apreciacions citarei o feito de Gómez Pérez das Mariñas, o cal
aló á mediados do sigro XV, porque a sua filla D.ª Costanza contraxo
matrimonio co cabaleiro Fernán Pérez Parragués, tanto se asañou e
tal carraxe tomou, porque Ile paricía que o novio non era da igoaIdá da
sua filla, que
dempois mentres viveu, sempre andouvo de loito e trajía de cote cuberta
a cabeza cun capucho. Asi nol-o dice Vasco da onte. |
[p. 204]
desto e para qu' así o poidades dicir á voso señor, vouvos á dar a mayor proba
que de min se poidera asixir.
E esto dito, foyse ao seu cuarto, abreu unha arquetiña de chapas de marfil que
tiña sobre da mesa, sacou dela aquela mesma carta que lle guindara o
propio
Fernán Vazquez pol-o bufarro do calabozo, e volveu con ela na man dicíndolle a
entrar poI-aporta ao amo de Gonçalo Ozores:
Supoño que conoceredes este papel. Aqui tendes o nome do voso señor.
E sin mais, arrimouse á unha fiestra que estaba aberta, e comezou de poñer
a mensiva de Gonçalo Ozores en miudos anaquiños, que o vento iba levando e
esparexendo poI-o espacio.
Razon tiña eu dixo Fernán Vazquez algo barado asemade a veu naquela
aperacion en non querer vir diante de vos con
esta encomenda, para presenciar este cuadro, en que me rachades a alma como
rachades ese papel. Moito do que vos erades
xa eu o tiña pra min; pero nunca sospeitei que á tanto chegase o tempre
da vosa alma.
Mais Beringuela, así qu' acabou de facer fiñascos a carta, sentouse á unha
mesa que estaba na mesma cámara, púxose á esquirbir a carta que vamos
á ver, non sin dicirlle antes á Fernán Vazquez:
Por si non basta o que vístedes e oístedes, para
que voso Señor quede mais
[p. 205]
conforme, quero poñer aquí unhas catro letras.
«Señor; a acesa pasion, que eu des que vos vin e des que soupen a vosa
hestoria,sintin aló no mais fondo do meu peito,
sempre foy miña intinción gardala sacreta antre os pregues mais escondidos das miñas
entrañas, sin que a alma deste mundo lle quedara resquicio para que poidera apelumbrala.
En vos pendeu, señor, que ela
se manifestara, e se manifestara mais do convenente. Si, pois, é voso gusto, ou
mais, si á vos compre que ela volva ao escondidixo, d' onde nunca debera de
haber saído,
comigo a enterrarei; que nunca quixen que os latidos do meu corazon fosen contra
xeito dos do voso. Como ben sabedes, señor, non é esta cousa que sofra partillas,
nin
compartos; quer vivir enteira, ou morrer enteira. Eu perferín esto último; pois pra
min sempre siría un agudo cravo o haber sido impeditivo pra que vos poidésedes poñer
o voso corazon onde mais vos prouguese. Delo poderá certificarvos voso
criado Fernán Vázquez. Beringuela.»
Concruída e dobrada a carta, púxolla na man á Fernán Vázquez; o cal
hachábase tan confuso que Ila colleu tatarañando.
Cando vin pra aquí dixo non había
pernas que me trouxesen; e agora que teño que marchar, non hay pernas que me leven.
[p. 206]
En todas las encargas que se me fixeron, que foron moitas, sempre foy
pra mín unha
gran satisfaucion, e era natural, o salir co meu intento. Desta vez socédeme, todo o
contrario; e a boa ventura que tiven ca miña encomenda é sogueira que m' esgaza
a alma. E yé, porque sinto agudos remordementos; sinto remordementos, pois eu
cas miñas palabras fun o coitelo con que consumástedes o voso sacrificio.
Mentras o amo de Gonçalo Ozores se estaba espresando desta maneira,
Beringuela
como maquinalmente arrimouse aa fiestra, colleu unha rosa que tiña presa no cabelo
e foyna piniscando folla por folla, hastra que non Ile quedou mais que o carozo, e
logo gardouno no mesmo sitio d' onde sacara a carta.
E volvendo aa cámara, contestándolle ao caso á Fernán Vázquez,
díxolle:
Non é sacrificio; é poñerme no camiño, d' onde eu
certamente nunca debera
de haber saído.
Ese non é o meu feito; tanto non é meu feito, que
nunca me parecéstedes tan
grande e tan dina como agora. A vena que teño eu do voso sangre non-a
cambiaría
pol-a mellor de calquera. Podrán outras levarvos mayorsia en verbo de
riquezas, ou de nome, ou de xerequía; en outras prendas e calidades poucas vol-a empatarán. E
non-o digo por engaratusarvos, que podo
[p. 207]
dicir que nunca tiven esta chata, sinon porque o sinto con toda verdá.
Nin miga d' infinximento había en todo o que dixera Fernán Vázquez.
Dispideuse, pois, cas mellores razós que pudo e lle acertaron á vir aa
boca, e como si o tiraran por unha corda, foy á dar parte ao seu
señor do resultado da sua embaixada. E nafeuto, cunha corda iba amarrado
o boo do home, cunha corda feita de tres cabos, o respeito, o cariño e a prontitú con que sempre acustumara a obedecer ao
seu señor.
Con esto ao prazo convenido pudo Gonçalo Ozores dar a resposta que se Ile pidira;
e d' alí á un mes celebrar o seu casamento ca filla de Alvaro Páez. Ao seu
finamento enterráronse ambos e dous en Sobrado, D.ª María ao pee do facistol do coro baixo,
si mal no me alembro. Deixaron un fillo, Lope Sánchez de Ulloa.
Órasme Beringuela tivo a probe que buscar outro acomodo; e
parece que houbo
indicios de que non perdera no cambio. Non foy, non, a águia do Pambre; mais ben, si,
pomba piisma nun escuro, pero agarimoso pombal.
|