[p. 43]
IV
NON ERAN PANTASMAS
|
Ao pee da serra de Corno de Boy, preto do lugar de Sacel, nace de homilde orixen
o rio Pambre, o cual rodeyando o Castro das Seixas, centro das fechurías de Vasco
Gomez, corre de Nordés á Sudoeste regando pol-a dreita as parroquias de
Moredo, Felpós, Carballal, Cuiña, Viña ou Ambreixo, Mato, Remonde e San Breixo, e pol-a
ezquerda as de Morlan, UIloa, Maceda, Laya, Quindimil, Meixide, Camiño,
Curbián e Pambre, hastra que despois d' unha
carreira d' unhas catro légoas pouco mais abaixo do ponte da Mácora vese atallado
pol-o Ulla que lle barre as suas augas.
Non é sin falta de misterio pol-o que facemos esta mais que lixeira mencion do
rio Pambre; nas suas beiras desarrolláronse a maor parte dos feitos que vamos á
discribir, e logo dous días despoís que alcontramos aa filla do señor do
Vilar de Mella na costa de Carelle, ben á deshora
[p. 44]
pol-a ponte da Mácara e pol-a de Pambre víanse atravesar atravesar,
bultos, que
pantasmas non-o sirían, pero parecer paricían-o. Por onde mais atravesaban era
pol-a ponte de Pambre, que conducía á eirexa deste nome, a cual erguíase solitaria preto do rio na cima
d' un cotarelo antre uns
desconformes pedrouzos que a tiñan como medio escondida. Era do sigro XII; e pol-o consiguente do estilo románico-bizantino do último período; e con esto xa está
dito como siría á sua traza, unha nave reutangular, e logo o arco trunfal e despois
a áuside cadrada ou casi cadrada e cuberta de bóveda (1).
Ao pee da eirexa non había estonces mais que un pardiñeiro, que fora casa, en que
os señores d' Ulloa recollían e gardaban as rendas e tiñan un caseiro. Despois da
desfeita da casa dos Ulloas, os caseiros limparon a madeíra e a tella, tocaron o
pindin
para outra parte e deixaron as paredes ispidas de todo.
Como, pol-o que dixemos, por onde mais bultos pasaban era pol-a ponte de Pambre,
chegarémonos alí á var si podemos pescudar algo do que era aquela nouturna
porcesion. Pantasmas, abofellas que non eran, poque non hay que creer en
tales enven-
(1) |
Hoxe esta eirexa está cerrada ao culto e
convertida en graneiro e almacén de trastos vellos. |
[p. 45]
ciós; imposibre que non fosen homes, e mais debian de sel-o.
A noite ainda non estaba moy escura; pero alí naquel fondo aparecía tan pecha
que ¡noo! algo facía dubidar. Para mais, e fácele que na ponte sintísemos así un
lixeiro asobío como de xente que está cuchucheando. Pero sigamos, que á
lo menos
alguns xa son nosos conocidos; eran Alberto e Domingos que estaban con
outro peisano na burata d' unha gran cachopa
que había aa beira do rio mismo acarón do sitio onde despedía a ponte.
Qué alegrón non che recibín eu decía Domingos
cando che me deron o recado!
Mismo estou bremando por vel-o! Trouxéronm' o recado aa xunta da noite d' onte;
estaba eu acomodando a facenda, e veu un escudeiro do señor do Vilar e chamoume
pra o curral, e desque se enterou ben de que estábamos soilos díxome ao oido:
Si ques ver ao señor Gonzalo Ozores d' Ulloa, mañaa á unha da noite
asperao na eirexa
de Pambre. Mándache aviso o señor do Vilar, porque quen ês, e que para todo se
pode contar contigo; pero coidado con falar desto con naide mais que cos
homes que vexas alí, e para eso
con moita coutela.
Pois agora debe estar pra chegar ouservou
Alberte. Cuasemente cando pasamos por frente de Remonde oin eu
cantar os capons, e xa hay un boo anaco.
(1) |
Era hirmán de leite de Beringuela; e os señores do
Vilar trouxéron-a de piquiniña pra casa pra educal-a ca filla.
|
[p. 46]
Pois a min saleu o outro peisano que era un caseiro
ou servizal do señor do
Vilar na parroquia de Sancibrao preto de Millide veume á avisar a mesma filla do
meu amo, que chegou aa hora de xantar, e eso que facía un sol que esmechaba, aa
porta da miña casa ca sua collaza Lionor (1). Viñan á cabalo e mais por eso
sudaban a rego.
Dannos inxempro á nós saltou á esto Domingos
pois que unha señoriña tan
fidalga coma e a filla do señor do Vilar, ande nesas carreiras, evos cousa
d' ademirar e estrañar.
Boite! A señoriña Beringuela eche moy fina; dixo á esto o
peisano de Sancibrao ten rasgo e garbo pra todo; non quero ver outra señora tan atenta e disposta coma
ela.
E mais facíavos unha boa parexa para o Sr. Gonzalo Ozores ouservou Alberte.
Deño non digas repuxo o de Sancibrao pois igoalar
habían de igoalar ben.
Eu do Sr. Gonzalo Ozores dixo Domingos pouco m' alembro. Cando él
saleu
da terra era, coma quen dí, un rapaz; pero xa estonces ¡vaiche boa! campaba él coma
un dos mais xentiles e garridos mozos da nosa Galicia. Por eso eu noo creo; pero
ese conto non e pra nos.
[p. 47]
Nesto sinteuse un troupeleo como de bestas que baixaba pol-a costa, que formando un recodo, viña dar aa ponte.
Ahí os tendes marmulou Alberte e tí, Mingos, escarrancha ben os ollos, que
ó vas á ver en carne e oso.
Ende ben, on contestou o outro.
A compaña das bestas veu baixando a costa ao paso, atravesou a ponte algo mais
xeito; e dempois dou aa espora pra subir aa eirexa. Eran dous cabaleiros sobre dous
valentes machos e con eles dous pions.
Alberte e os seus compañeiros tamén sairon do seu tobo e puxéronse en camiño tras dos cabaleiros. Ao chegar
xunto
da eirexa, un dos pions racolleu as bestas e levounas ao pardiñeiro que estaba acaron. Ao redor
da eirexa, e antre os penedos, non se vían mais que sombras que
estaban quedas e silandeiras como aereas e ensensibras espantonias. Por eso, así que
sintiron chegar os d' a cabalo, comenzaron de rebulir e de querer chistar calandiño
unhas cas outras.
Un dos cabaleiros sacou unha chave e desfechou a porta da
eirexa; arrimouse á un
lado e deixou que pasase pra dentro o outro cabaleiro. Nesto o cabaleiro que abrira a
porta, dirixeuse como pudo aas sombras, e en tono irto e seco, díxolles:
Adentro! Nafeuto, todos entraron menos unhos seis ou sete, que
quedaron fora rondando
a eirexa.
[p. 48]
En realidá, o que facian aqueles homes (e todos eran leigos), viña á ser un desacato; entrar así
sin mais nin mais tan á
deshora era unha profanacion. Mais estonces non era cousa tan nunca vista que
a eirexa
fose sitio en que se fixesen xuntas comunales, se ventilasen asuntos civiis, se
notificasen cartas e sentencias e se celebrasen outros autos púbricos de carauter segrar. lnda por
moito tempo o adro das eirexas
era o lugar propio e sinalado aos concellos e xuntas populares. E certo que
os Concilios e os Perlados cramaban contra o abuso de celebrárense nas
eirexas taes
autos; mais á veces, co gallo de que era por necesidá e pol' o ben
común, non se reparaba nas ditas prohibicions.
Cando estiveron todos dentro, o outro dos pions, que acompañaban aos
cabaleiros, destapou un farol que levaba, abreuno, e ca luz dél, acendeu duas velas que
topou sobr' a mesa do altar. Todos estaban de xiollos rezando cada un
para si.
Despois d' un anaco de oracion, levantouse o cabaleiro que entrara diante na
eirexa; o pion do farol recolleulle unha ancha e larga hopelanda en que iba
envolto, e estonces apareceu un guerreiro, vestido de pees á cabeza de relumbrantes armas, menos o casco que
llo tiña na maoo
outro cabaleiro. Todo era de bruñido aceiro; a rechamante cota co seu faldon, que lle
[p. 49]
cinguía o toro do corpo, e estaba formada de aceiradas lámeas cas suas correspondentes
xogas; o gorxal, as hombreiras, os
brazales, os codales, os avambrazos que Ile envolvían os nembros que en taes
nomes
se indican; as escamosas luas que Ile gardaban as maus; os gardarrens que Ile amparaban
os cadrís; os quixotes que lle rodeyaban as coxas; as rodilleiras e as
grabas que lle defendian as canelas; e tamén
os zapatos cos seus escarpes que lle cubrían os pees.
Aquela súpeta e non esperada aparicion deixounos á todos barados;
mais logo foron
saindo do seu asombro, cando o cabaleiro lles dirixeu a palabra nos
siguentes términos:
Fieles e leales vasallos da casa d' Ulloa: a hestoria das miñas desventuras évos
ben conocida, como eu tampouco inoro a das
vosas. De todol-os vínculos que antes mantiñan unidos na casa d' Ulloa
aos señores
cos vasallos e aos vasallos cos señores, soilo queda un, un, que é a
comun
desgracia. Eu vexo os meus castelos derrocados, as miñas torres carteadas e abandonadas, os
meus paaços roubados e queimados, á todol-os meus perseguidos, descarriados e
reducidos á mandingar de maus alleas o que era seu; e vexo tamén as vosas
casas
abertas á toda cras de violencias e malfeitorías; as vosas terras e fácendas como
si as tivérades
de emprestado; as vosas pre-
[p. 50]
sonas suxetas á mil maneiras de agráveos e veixámenes. Mais anque
non-os queda
mais qu' un vínculo, unha lazada, ésta por sí sola ha de ser tan forte, e tan valente,
como foron todol-os noos e liazas que sempre nos tiveron unidos e hirmanados.
De toda a antiga grandeza e poderío da miña casa soilo me fica unha cousa, os
recordos; e esta cousa é o alento que me dá ánimos; a escora que me ten en pée; á
dooce e rugosa vision que me fay menos agro e agobiador o peso desta vida. E nafeuto eu recordo que con
meu tartaraboo Fernán López d' Ulloa estiveron os vosos antepasados na batalla das Navas de
Tolosa; con outro meu aboo concurriron no tempo do santo Rey Fernando aa conquista
de Córdoba e de moita parte da Andalucía; e despois con outros meus parentes
hacháronse na do Salado e en Alxeciras; e quizaibes, quizaibes alguns dos que
estades aquí presentes anduvestes ao meu lado nas miñas campañas.
Eu non podo, é certo, resinarme cas miñas desgracias e desventuras; eu quero
pelexar con elas hastra morrer; pero por grande que seya en mín este deseyo, por
altiva e imperiosa que me seya esta asixencia do meu esprito e da miña
alma, quero por eso sometel-a ao voso parecer, quero saber de vos si eu debo ou non
repoñerme contra a miña mala ventura.
[p. 51]
Alguns sí, si, soltos que se lle escaparon á varios
dos circunstantes interrumpiron aquí ao cabaleiro. Con esto a espresion
do seu sembrante tomou nova forza e mais fogo; os seus fiteiros ollos, que se vian aa
luz das velas do altar, pois él estaba de lado acaron da mesa, paricía que lanzaban
rayos; e a sua nobre aución e os seus enérxicos e briosos además, si revelaban a axitación que fervía naquel peito, tamen sinificaban a firmeza e a mananimidá do seu
esprito.
Quero saber continuou él si á vos vos intresa o facer
saltar as cadeas que vos atanazan e opremen, e romper as sogueiras que vos afogan, e si non
convendría que
xuntásemos todol-os nosos esforzos para barrer esa manada de lobos, que nos devoran e despelexan e
non consentir mais que fagan rastrolIo de nos e de todo canto temos.
Nosos anamigos estan fortes e
poderosos, é verdá, e son moitos, anque non tanto como se pensa; pero de nosa parte
está a xustiça; e o favor deste Señor en presencia do cual estamos e
cenaba ao
crucifixo que estaba no altar non-os ha desamparar. ¿Queredes, pois, dicidirvos á
dar o golpe? Esto é o que eu deseyo que me digades con toda a franqueza e leyaltá
de vosa alma aquí diante deste Señor que quixo morrer por libertarnos á todos.
Un sí! xordo resoou como un rouco
[p. 52]
bruido en todol-os rincós da eirexa; que tal foy a prontitú, a fé, a convincion e a
concordanza con que todol-os d' asambrea, e serían arriba de 80 homes, contendo
mal o
folgo no peito, responderon á aquela proposta.
De quen sodes vos non se pudía asperar outra
cousa sigueu o cabaleiro. Poís agora, o que compre é que cada un percure provistarse de armas, quer de espada,
quer de lanza, quer de chuzo, quer de arco, e estar dispostos para cando ricibades o
aviso que vos ha de dar o meu amigo, que aquí tendes presente, o señor do Vilar de
Mella, con quén tamén, como si fora comigo mesmo, vos habedes d'
entender cando
vos acurra algunha dubida ou dificultá, mentras eu, por razoos que fácelemente
podedes adiviñar, non podo sair á campo descuberto.
Pero todo esto é nada si nos falta unha cousa; e esta
cousa é o facer estes
preparativos ca mayor reserva e sixilo, e gardar todos sobr' o feito o mais compreto e
ousoluto sacreto. E para esto xuremos todos diante deste Señor que nos está vendo
e ouvindo, e que algún día nol-o ha de de mandar, que nada habemos de dicir de
canto aquí se falou, nin de canto estamos dispostos á facer e axecutar.
O pirmeiro que xurou foy o señor do Vilar, e tras dél foron xurando todos; e aca-
[p. 53]
babado o xuramento o mesmo señor do Vilar tomou a palabra dicindo:
Soilo nos falta unha cousa pra rematar o auto, e é que todos lle renovemos ao
ilustre cabaleiro, que aquí temos diante, o dibido acatamento e o reconozcamos por
noso señor e valedor.
E ainda ben non acabou de dicir esto, achegouse ao outro cabaleiro qu' estaba
sentado nunha cadeira, fíxolle a reverencia e bicoulle as maus. Todos, un por un, foron facendo o propio; e é de adivirtir que
os mais deles ao bicarlle as mans á aquel cabaleiro por quen tanto suspiraron, non
poideron conterse de rociarllas cas suas bágoas.
Non dixemos quen era o ilustre cabaleiro que recibira este hamenaxa. Era ben
escusado ¿quén podía ser si non Gonzalo Ozores? O cual por medio de
Beringuela
recebeu a contestacion de Vasco Fernandez á aquela carta que vimos nos
derradeiros párrafos do capítolo
II.
Pasaba das duas da noite cando se desfixo a xunta, e cada cual colleu pra
onde lle
prougo. Gonzalo Ozores e Vasco Fernandez foron hastra Millide, alí separáronse e
Gonzalo encamiñouse para Sobrado, e
Vasco pra a sua casa do Vilar de Mella.
|