[p. 55]
V
O VILAR DE MELLA
|
A Sobrado algo xa o conocemos; agora paréceme posto en razón
que tamén enxerguemos algunhas palabras acerca do Vilar de Mella. Xa dixemos que esta fortaleza
de
Vasco Fernandez estaba asituada onde se xuntan dous rigueiros que van ao Iso
antre as parroquias de Mella e Sendelle. Compúñase d' unha torre cadrada de tres pisos
cas suas correspondentes almeas e con dous corpos de casa á ela pegados, un pol-o lado do Norte e outro poI-o do
Solano.
Este estaba dividido en tres grandes salons á continuacion un do outro e o último
entestaba ca torre. O outro corpo de casa soilo tiña un salón, que tamén comunicaba
como os outros co segundo piso da torre.Todo ao redor había unha forte muralla
tamén almeada, e arrimadas á ela estaban as caballerizas, o graneiro, a leñeira, a palleira e outras dependencias da casa. Dous
cubos redondos defendían a porta da mu-
[p. 56]
ralla que estaba escontra a torre, e ademais axudaban á ter man do aparello e
arteficio da ponte levadiza. Os dous regos,
de que falamos, pasaban ao pee da muralla e ao mesmo tempo que sirvían de foso,
facían mais vistoso e animado o paisaxe.
O moblaxe da casa consistía en grandes catres cerrados con cortinas, xa de seda,
xa de lan, esparcidos por todal-as habitacions; en huchas non pequenas entalladas
por tres dos costados; en tal cual almario, en mesas de pees moy repinicados cos
seus
correspondentes bancos e taboletes, e en caixons, bayules, canapés e outras cousas
poI-o estilo. Nun recanto do último salon do lado do Solano había a modo d' un
biombo, que cerraba un altar sobre do cual estaba aberto un percioso trítico á
maneira de retablo. Na folla do medio tiña un crucifixo de marfil ca Sma. Virxe e San
Xuán aos lados; e nas duas outras, duas follas, que, por suposto, eran mais estreitas, nunha estaba
o Apóstolo San Pedro, e na outra o Apóstolo Santiago. Acaronciño
había unha gran hucha, na que se gardaban as vestiduras para celebrar; pois
Eldonza quiría ter sempre na casa capelán para que lle dixese a misa. O segundo piso
da torre estaba adicado á sala d' armas; había alí espadas, lanzas, puñales, escudos,
arcos, ballestas, e tamén alguns arneses ou armaduras.
[p. 57]
Tal era, pouco mais ou menos, a morada do señor de Vilar
de Mella; mais ésta
non era a sua casa prencipal. Esta tíñaa na parroquia de Gondollín; pero despois da
desfeita dos partidarios do Rey D. Pedro para verse libre da tírria e senreira dos
enriquistas que o quirian acurrar, trasladou a sua risidencia para acá do río Iso,
que, como é sabido, estremaba por aquela parte a terra e xurdicion do Arcebispo de
Santiago. Por eso alí inda non-o deixaban vivir en paz; pois á cada paso
ll' armaban
zancadelas, e de contino o estaban axexando pra ver de facerlle o mal que poidesen.
Agora que conocemos a fortaleza do Vilar de Mella, digamos tamén algo mais
dos seus habitadores. O Sr. Vasco Fernandez era, por suposto, fidalgo; pero
a sua fidalguia xa viña de moito atrás. Fora sempre partidario do Rey D. Pedro, e
militou de cote na hoste dos Ulloas, e, poI-o tanto, na de D. Fernando de Castro. Non
poido hacharse, e desto doíase él sempre, na batalla de Montiel, onde
caíran os seus amigos; porque d' aquela alcontrábase él en Toledo.
Pol-o P. Abade de Sobrado soupo a vinda de Gonzalo Ozores, e foy un dos pirmeiros que foy á velo, que se
enterou doos seus prans e que se puxo en todo d' acordo con él; pero por non dar lugar á que
[p. 58]
os anamigos escupulasen algo, entendíase con él por medio de Beringuela do modo
que dixemos. A desgracia parez que inda o fixera mais afeizoado, si cabe, aa casa dos
Ulloas. El era o encargado de arranxar a comarca que estaba entre o Iso e o Pambre, de recrutar e formar cadros da xente
que había en cada parroquia disposta para sair ao campo, e de facer reconto das armas e apetrechos
con que
cada un contaba. El fora o que preparara a xunta da eirexa de Pambre,
dándolle aviso á tempo á
Gonzalo Ozores.
Anque de natural moy humano e condescendente, tanto que paricía, como sol
dicirse, un boy de machado, era moy costante nos seus porpósitos e moy amigo do
amigo.
A sua dona Eldonza Yans era unha señora dina compañeira dél. A
vertú que
mais nela sobresalía, era a da caridá. Ainda ben non sabía que en tal ou cual lugar
había algunha enfermedá ou algunha coita, alá iba ela á remediar como podía
aquela necesidá, mandando maeciñas ou
calquer outra cousa que fixera falla, ou si cadraba asistindo ela mesma en presona.
Sint' esto, ningún probe chegaba aa sua porta, que tivese que marchar cas maas
baldeiras.
Unha vez no couto de Dormeá, que non estaba lonxe do seu castelo, houbera unha
[p. 59]
gran liorta, e de resultas quedara un home morto. Entrou o Pertegueiro asi que o soupo, porque aquel era un dos casos
reservados en que non podía conocer o xuez do couto; e como non se
descubrira o
reo mandou o Pertegueiro repartir a multa ou caloña antre todol-os moradores da
xurdicion. Había alguns probes, que ¡mal pecado! boo é que poidesen vivir, pra canto
mais pagar a sua cota: e Eldonza fixo e fixo co marido, que consigueu que lle abonase
á todol-os probes a parte que lle correspondera na multa.
Tiña unha hirmán monxa no convento de Dormeá; e tanto ela como o marido
valíanlle moito ao mosteiro porque o defendían e amparaban das enxurias e desvergonzas de moitos desalmados. Outro hirmán que tiña, era cabaleiro do hábeto de
San Xuán da Encomenda de Portomarín; e aa sazón hachábase alá no Oriente na
illa
de Rodas. Este hirmán non lle saía da mamoria; porque, do que é mal, contadas
eran as veces que ricibia dél noticia.
Por eso, ela era moy muller da sua casa, de moito goberno, e sempre
riñida ca priguisa e ca nugalla.
A filla Beringuela era a alegría o a animacion da casa. Para todos había de ter un
conto ou un chascarrillo; para todos era labianta e
falangueira; pero a sua labia era
tan natural e tan sin noxentas e empala-
[p. 60]
gantes solermeirías, que con ela á todos tiña comprados. Por outra parte,
paricía que
lle fervía a sangre no corpo; andaba sempre pol-a casa correndo e brincando,
e mesmo en toda ela lle agurgullaba a alegría
e contento. A nay á veces inda lle fungaba e lIe dicia que paricía un galistro, cando
había de ter xuicio, cando había de deixar de ser unha cabirta; pero como era para
ela tan agarimosa, tan dócele e tan ben guieira, as suas rifaduras acababan
cuase sempre en escenas do mais puro e tenro
amor filial.
Non me miredes así de esguello dicía á veces Beringuela bicándoa e abrazándoa que ben sei que alá dentro
mirádesme d' outro modo.
Do pay xa non digamos; estaba chocho ca filla. Era moy amigo d' asados; o cual
non ten nada de particular, pois naquel tempo este modo de preparar a comida
era o que sobre todos s' usaba; mais os asados dél tíñallos que facer a filla, porque
soilo nos dela non alcontraba pero que poñer. Asi é que Beringuela tiña na cociña
o seu espeto e as suas greenllas ou parrillas, que se diferenciaban das demais no
mango que o tíñan d' alquime.
Pero Beringuela era disposta para todo; ela cociñaba, cando era
perciso, ela cosía,
ela bordaba, ela arranxaba e amañaba a casa ca axuda da sua collaza Lionor, aa
[p. 61]
cual quiría como á unha verdadeira hirmán; e ela, en fin, tiña garbo e espediente
para desempeñar labor ou encargo que se lle encomendase.
Pol-a causa d' Ulloa botaría ela os fígados, si poidera; e a pena que ela tiña era
que o seu recato e as adevertencias da nay non lle pirmitian tomar parte mais autiva.
Así é que cando lle mandaban algunha cousa que non desdixese do que ela dibía
aa sua condicion e aa sua modestia, facíao voando. E desto non deixaban de presentárselle algunhas acasions; porque á veces
sucedía, como no víspora da xunta de Pambre que na casa non quedara nin criado,
nin sirvente, nin casta dél; que todos andaban de bolina con recados, avisos o outras
axencias pol-o estilo; e estonces dábase o caso de que ela poidera ofrecerse para
desempeñar calquer encargo que á ela lle acaese.
Estaba perdidamente namorado dela un fillo de Vasco Gomez das Seixas. Era un
lindo rapaz; e quizaibes, ou sin quizaibes, lle correspondese, si non tivese unha
chata, que para ela era chata de vez, pois era fiIlo do prencipal dos usurpadores dos
estados d' Ulloa. O mozo desvivíase por ela; as esperas e aguardas que fixo, as voltas e
carreiras que dou, pra facérselle o alcontradizo e falal-a non son para ditas. A veces
aa media noite, ao pee dos muros da for-
[p. 62]
taleza aparecía con unha viola, que palillaba él aas mil maravillas, e púñase á
enventar e cantar trovas, en que cos mais dooces e engatusantes requebros, procuraba
espresar e esbafar o que sintía dentro do peito. Ela ou non ouvía, ou si ouvía facía
o mesmo caso que si ouvira chover. Si pola ventura tropezaba con él algunha vez,
saudábao ou contestáballe ao saúdo sin mais cirimonia que á un estrano calquera,
e siguia o seu camiño. E asi ela irta, irta, sin xamáis dobrarse; e
él cada vez mais
entemeado en arrandeal-a e abrandala.
E volvendo á Lionor, que por certo era dina das atenciós que recibía naquela casa,
con tanta mais razón lle daba ela entonces mostras de boo amor e cariño, canto que
logo iba á ter que separarse dela; pois a Lionor estaba pra casarse cun garrido mozo de
Mezonzo, d' onde éla era tamén natural. Beringuela antes de separárense,
quixo amostrarlle hastra onde chegaba o seu fino afeuto ofrecéndose á ser madriña
do casamento.
|