O castelo de Pambre

Páxina Anterior

Capítulo VII (páx. 69-87)

Páxina Seguinte

m5lopferrocastelodepambre007.html


[p. 69]


VII
OUTRA VEZ EN SOBRADO



   Pero volvamos a Sobrado. E xa que se trata, coma si dixéramos, dun augusto calabre sentenciado a ser comido poI-os lobos, que no noso caso son o tempo, e a indifrencia e ainda a pouca voluntá dos homes, ca axuda dun prano e das noticias que me proporcionou meu boo amigo Sr. D. Manuel Losada, permítaseme fotografial-o antes qu' esto suceda. E non se asañe o leutor porque eu fale de fotografiar, cando para todo podría ter maña menos para eso; pero por mor da miña boa intencion aspero que se me perdonará tan arrouzado e temerario empeño.
   A pranta do famoso Mosteiro ven á ser aprouximadamente a de dous reitángulos ou cadrilongos, un mais pequeno que o outro, xuntos e pegados cada un por un dos lados mais longos. Algunhas engádigas cadrangulares que sobresalen en alguns sitios desfiguran algo esta pranta; pero por eso o seu perfil xeeral é ese.

[p. 70]

   No reitángulo mais pequeno estaba, porque hoxe cuase xa non se pode dicir está, a eirexa que ten de longo 61 metros huecos por 19 de ancho. Estaba dividida en tres naves separadas por dez rebustos machons de pranta cadrangular, cinco de cada banda. Antr' as naves e a capela mayor entrepúñase o cruceiro que chegaba á oito metros de ancho por 28 de longo. Trece metros de fondo contaba a capela mayor, e de ancho oito ms. e vinte cents., o mesmo que a nave prencipal. Comenzouse á edificar esta eirexa, pois a vella desfíxose e quedou embebido o seu solar no convento, á prencipios do sigro XVII; e a fachada acabouse no ano 1666, como se vía por un letreiro aberto no mais alto dela. Os trabaIlos iban á despacio, e por fin á prencipios do sigro XVIII, sendo abade o P. M. Fr. Edmundo Carralcazar (1707-1710) púxoselle o ramo a obra. Por eso pol-os anos de 1768, o P. Abade, Narciso de la Mata, botou abaixo parede do fondo da capela mayor, e levantou outra nova, ca intencion ao que parece, de apoyar mellor nela o novo retablo que proyeutaba facer.
   Todo cuidado e todo empeño lle parece pouco ao insine Abade para que a obra saise dina de tan ilustre e rico Mosteiro. Ainda tiven a dicha de poder adimirar alguns dos baixos releves en madeira que a decoraban e que hoxe garda na sua casa

[p. 71]

de Santiago un dos meus mellores amigos. O P. Carbajo, na sua intresante Historia de Sobrado, que tamén me proporcionou outro non menos boo amigo, dice que o Rmo. de la Mata, antes de poñerse aa obra, consultou aa Real Academia de Bellas Artes de Madri; e que levara para Sobrado aos melloriños escultores e tallistas de Santiago. E nafeuto, nos releves que acabamos de citar e que representan pasaxes da vida de Nosa Señora, parece que se vislumbran marcas e sinales das maos d' aquel Ferreiro, d' aquel escultor, que nesto de adautar as formas crásicas co espritualismo cristiano, non sei si tendería moitos competidores.
   Dividíase a soberbia obra, da cal hoxe non quedan mais que os macizos fundamentos de cantería, cas suas correspondentes escaleiras para servicio do altar, en tres corpos contando co gran frontispicio que a corvaba.
   As colunas do pirmeir corpo eran de tanto valume, que dentro delas había escaleiras pra subir ao segundo corpo. Nos pedestales sobre que pousaban era onde estaban os baixo-releves de que falamos antes. No fondo dos entrecolunios estaban esculpidas tamén en releve escenas da conquista do Novo Mundo. Pero o que mais sorprendía neste primeir corpo do retablo era o gran temprete xiratorio que estaba

[p. 72]

montado sobre o chao no fondo dun burato cadrado que inda hoxe se ve antr' os dous macizos fundamentos que mencionamos ao principio. ¡Qué subrime espeitáculo non ofrecería a maxestá con que xiraba aquel colosal temprete pra recebir antr' as suas colunas á Noso Señor Sacramentado! ¡Era o mundo posto de tarima aos pes do Altísimo para espoñel-o aa xeeral adoracion!
   O día que se estrenou este arteficio, e foy 20 de Agosto de 1771, contouse entre os mais memorabres de Sobrado. «Todo este lucido concurso, dí na sua Historia o P. Garbajo, que debeu ser testigo presencial, asistió á la colocación de su Divina Majestad en el famoso retablo de la séptima parte de Arquitectura, intitulado España índica, por ser invención de un español y contener en toda su compostura la conquista de las Indias. Inventolo el ingeniero Real D. Luís de Lorenzana, y fué aprobado por las Academias de París y Madrid, las que le admitieron por académico de honor y premio; y el Senor Rey, D. Carlos III, especial protector y fomentador de todas las Bellas Artes, premió por esta insigne invención al D. Luís, con un gobierno en el Nuevo Mundo. Fué la referida colocación el día de nuestro Padre San Bernardo, del año 1771, la que se celebró con misa pontifical, sermón, procesión y estuvo su Divina Majestad expuesto

[p. 73]

todo el día, en el que, y noche antecedente, hubo muchos fuegos y otras diversiones, concurriendo para esta celebridad, además de los señores arriba expresados (o Capitán xeeral de Galicia ca sua parienta e familia, varios Oidores da Real Aodencia, o Prior da Colegiata da Cruña e os Corneles dos Rexementos de Milán e Asturias) muchas gentes de todas partes, tanto de la ciudad de Santiago, como de la Coruña, Betanzos, Mellid é inmediaciones de este Monasterio, siendo este día uno de los más célebres y de mayor concurso y lucimiento, que tal vez no había habido en Sobrado. También honraron este Monasterio los llmos. Sr. Arzobispo, Cabildo y antigua y leal ciudad de Santiago, con sus correspondientes comitivas, y los señores Obispos de Mondoñedo y Lugo con su comitiva, como también los llmos. Señores Obispos de Tuy y Obispo Auxiliar de Santiago y otros varios personajes, en cuyo obsequio se gastó mucha parte de la renta de este Monasterio.»
   ¡De taes escenas foron treato aqueles muros hoxe cubertos de verdín e enferruxados, non sabemos si pol-o abandono e desamparo en que están, ou poI-o aburremento e noxo que Iles dá a insensatez e a desconsideracion dos homes! ¡Dichoso o poobo que tan ao seu xeito pudía gozar de taes espeitáculos!

[p. 74]

   Pero sigamos ca nosa discricion. Sobre o entablamenlo do pirmeir corpo desplegábanse en ala doce estatuas de mais que tamaño natural. ¿Qué facía aquela escolta ou guardia d' honor? Eran os doce Apóstolos que presenciaban como Nosa Señora era subida ao ceo. E nafeuto no centro do segundo corpo do retablo abríase un gran camarín, o fondo do cual era unha gran ventana de vidros de colores. Sobre este fondo trasparente destacábase a imaxe da Soberana Reina en aititú de subir ao Empíreo. ¡Qué efeuto non debía facer aquela grandiosa Imaxe no centro do retablo, radiante de groria e de luz!
   No entablamento do segundo corpo habia outras estatuas que representaban Santos da Orden do Cister; e no punto en que o retablo entestaba ca bóveda, había nesta pintada ao fresco unha faixa como d' un metro de anchor, en que á xuzgar pol-os rastos que inda hoxe se ven, estaba representado o Paraiso.
   No cruceiro aos lados da capela mayor había dous altares adicados, o da dereita á San Benito e o da ezquerda á San Bernaldo. Había ademais abertos no mesmo muro dous arcos; dos cuales, o da ezquerda daba paso aa escaleira que subía aa sancristia, e o da dreita aa suntuosa capela de Nosa Señora do Rosario. Foy feita esta capela pol-os anos 1690 como apunta Car-

(1) Hoxe é a unica parte do tempro que está habilitada pra o culto; e esto gracias ao celo e devocion do Sr D. José Rodriguez e outras almas boas.

(2)

 

  Nesta capela douse sepultura ao calabre de D.ª Catalina de Santiso no ano 1513 fora infamemente asesinada polo seu propio marido Vasco das Sexas, neto ou bizneto deste Vasco Gomez das Seixas con quen andamos aas voltas.



[p. 75]

bajo ao tratar do P. Abade Romero Carrascosa. Grande e espaciosa, d' aquí á pouco como unha eirexa parroquial, todo o paramento das suas paredes teno d' almohadillado fegurando pedras preciosas, como no capítolo XXI do Apocalisis se nos dice, que é o paramento dos muros da celestial Xerusalén (1).
   No extremo do cruceiro que está contra o vendabal estaba o altar da Purísima Conceicion, e en frente no lado oposto estaba a antiga capela da Madalena, que despois se chamou de San Xoan; e que tamén é conecida con outros nomes como capela dos Ordoñez e de Campomanes (2). E de estilo oxival do último periodo, e poI-o consiguente moito anterior á autual eirexa. Antigamente estaba soila e aislada, acarón do arco por onde pasaba ao adro do mosteiro; como éste se ensanchou, foy á topar ca capela e deixouna engarrada antr' as suas paredes.
   Unha gran reixa que se fixo sendo Abade o P. Rodríguez (1733-1738), e que ao parecer atravesaba o tempro por onde, agora

[p. 76]

está o terceir machón de cada nave, mismo debaixo da dianteira do coro alto, dividía a eirexa en duas partes, unha intrior, que era a propiamente conventual, e outra estrior que era a que chamaban dos segrares. No centro da intrior estaba o coro baixo, e nos lados, ao largo das duas naves pequenas, había seis altares, tres de cada banda. Outros dous aItares había na eirexa dos segrares arrimados aa reixa de que falamos; e ademais antr' a reixa e a porta da entrada había outro altar adicado a San Ciprián, cuya imaxe bizantina consérvase hoxe na próisima eirexa parroquial de San Pedro.
   Dos doce maníficos sarcófagos ou carneiros que antes se vian pousados sobre o pavimento pol-a eirexa adiante soilo quedan tres ou catro. Alguns deles estn sirvindo de cubos en muíños d' aquelas cercanías.
   O estilo que reina en toda a eirexa é o que sol verse nas demais do mesmo tempo que tanto abundan no noso país e nas demais partes, friote, secano, e así como o de unha cousa que se fay sin ouxeto determinado. Por eso soilo nos detemos no que é cousa especial desta eirexa.
   A fachada, hoxe esmoquenada e amenazando ruina, correspondía aa manificencia e suntuosidá do tempro. Estaba dividida de alto abaixo en catro corpos contando co frontón. No d' embaixo abríase a gran por-

(1) Turres Jerusalem gemmîs aedificabuntur. —Nunha das torres estaba o relós que foy trasladado á Betanzos. Estaban tamén armadas de para-rayos, que como notou o meu amigo o señor Fernandez Suarez, quizaibes sería dos primeiros, sinon pirmeiro de Galicia.



[p. 77]

ta da eirexa antre colunas estriadas do orden corintio, as estrías das cuales nos dous quintos de altura estaban cubertas con follaxes e racimos. No segundo corpo, nun gran camarín estaba a estatua da Santísima Virxe rodeyada d' ánxeles. Aos lados había catro colunas salamónicas ou aculebrinadas como tamén Ile chamaban. No terceir corpo abriase un gran ventanal que daba luz aa eirexa; e encima dél estaba esculpido o escudo das armas d' España. O frontón servía de base á un colosal Crucifixo, e nas acroteras ou poyos dos lados había duas estatuas.
   Arrimadas á este centro arquiteutónico estaban as duas torres, o paramento das cuales, todo desde arriba hastr' o chan era de almohadillado, pero dun almohadillado, que eu chamaria gemmado, porque presenta tallados os sillares en diversas feguras xeométricas, cas suas correspondentes caras ou facetas coma as das pedras preciosas. Quizaibes se quixo representar con esto aquel testo do Oficio da Adicacion das Eirexas: As torres de Xerusalen serán edificadas con pedras preciosas (1). Por eso, na composicion desta fachada nótase

(1) Estas medidas das dimensiós totales do adificio non están tomadas con rigurosa esaititú; tan sólo son aproiximativas.



[p. 78]

pouca unidá; as torres en por sí pudían formar corpo aparte. A torre da direita quedou esfanicada pol-a caida dun rayo.
   Pegado aa eirexa pol-o lado do vendabal levantábase o Mosteiro; o cal ocupaba todo o reitángulo grande que antes dixemos. Este reitángulo viña á ter de longo unhos 130 metros, o dobro con pouca difrencia do outro reitángulo pequeno; e pol-o mesmo tanto por diante da eirexa como por detrás tiña que estenderse o necesario para compretar a difrencia que vay de 63 metros á 130. O anchor deste reitángulo era unhas tres ou catro veces mais que o do pequeno; poI-o consiguente viña á midir unhos 80 metros (1)
   Podemos considerar dIvidida esta área reitangular en tres compartimentos; tantos como eran os claustros que a ocupaban; á saber, o claustro da Hospedería; o claustro reglar ou das Procesions e o claustro grande.
   O claustro da Hospedería, que era o pirmeiro que se encontraba, fora comenzado no ano de 1623 sendo Abade o P. Maestro frai Pablo Lirio pouco despois de empezarse á derribar a eirexa vella, e acabouse pol-os anos 1760, si ben no ano 1827 dous dos seus lenzos foron adificados de

(1) En tempo da pirmeira revoluclon vendéronse por ¡seis pesos! dous lenzos deste claustro. E logo que nos digan que o progreso é o liberalismo que lle chaman rumboso, levantado, xeneroso e outros alcumes somellantes!



[p. 79]

novo. Bonitismo era o seu estilo; e pol-a sua disposicion e maneira recordaba o palacio romano da Cancellería, obra do célebre Bramante. E nafeuto, notábase nél aquela pureza e armonía de líneas e aquela  repousada tranquilidá de formas que soupo emprimir nas suas obras o famoso arquiteuto do Vaticano; pero que pronto altereou Miguel Anxel cos ímpitus e arranques do seu xenio inquieto e turbulento. Era bastante paricido ao claustro de San Clemente de Santiago (1).
   Pol-a parte do Norte no lado d' afora estaba a fachada que formaba ángulo reuto ca da eirexa. Esta parte contiña as oficinas da Butica e do Xuzgado; e sint' esto tiña dous pisos que coroaba un frontón ou frontespicio, sobre' o cal se erguían tres estatuas: a de Nosa Señora na punta e as de duas Santas aos lados. O seu estilo era moy somellante as do intrior do claustro. Na parte do Oeste estaba a Biblioteca que gardaba un dos Tumbos ou Cartularios mais notabres d' España; sint' outras obras manoscritas e decumentos muy únicos e importantes para a Hestoria do noso país. Debaixo estaba a manífica caballeriza. Neste mesmo lado e nun corpo sainte que

[p. 80]

parece se engadeu despois, hachábase a Cámara abacial. No lado do Sur estaba a Hospedería; e pol-o lado do Este, por medio d' unha gran escaleira, que se chamaba de Ave Maris Stella, poI-o hino que soía cantar á veces a Cumunidá ao subil-a, pasábase aa parte alta do segundo claustro que era o reglar ou das procesions. E por certo, que desde a pirmeira cruxía alta deste último claustro pódese gozar d' unha das mais fantástecas perspeutivas que maxinarse poidan, cal é a que ofrece un fondo de cielo e paisaxe visto á través dos huecos abertos en sete ou outo medio derruídos muros, postos a continuacion uns dos outros.
   Este claustro das procesions era cadrilongo e mais pequeno que os outros dous. Os lados mais longos que eran os do Este e Oeste medían 28 metros 55 centímetros; os outros lados tiñan sosmentes 17 metros e 60 centímetros. O que mais chamaba a atencion neste claustro que foy acabado sendo Abade por segunda vez o P. Vellogín (1741-1744), eran os trinta e seis medallons que decoraban os membros de parede d' antre as ventanas do segundo corpo, distribuídos a doce en cada un dos lados mais longos e á seis nos outros dous lados. Os seis do Norte presentan bustos nimbados de San Pedro, San Pablo, Santiago, San Andrés e outros dous Apóstolos;

[p. 81]

os do lado oposto os bustos d' un Papa (S. Gregorio Magno?), d' un Cardeal (S. Pedro Damian?) e de catro guerreiros. Nos vintecatro medallons dos lados Este e Oeste contíñanse bustos de Arcebispos, Obispos, Abades, Cabaleiros, Cortesanos e outros personaxes. O rasgo e brio con qu' estaban trazadas e moldeadas moitas d' aquelas cabezas, traían aa mamoria a maneira chea e rebusta de Miguel Anxel.
   No medio do claustro levantábase unha fonte monumental. Un estenso pilon recollía a auga que brotaba d' unha gran concha: a cal aa sua vez recebía a que lle viña d' outra concha mais pequena que había mais arriba.
   No lado Sur de este claustro estaba a cociña. Esta en realidá por si sola é un verdadeiro monumento; porque a bon seguro serán muy poucas as que se conserven en España do seu tempo e da sua importancia. Parece un claustro pequeno; o patio do cual estaba todo acupado pol-a campana da chaminea. Cadrada é a sua traza; e de lado mide de longo 10 metros e 70 centímetros. No centro érguense catro rebustas colunas, que describindo un cadrado; rodeyaban o fogón e sostiñan o cañón da chaminea. As catro cruxías, que había ao redor, estaban cubertas por bóvedas divididas en tres compartimentos cada unha, e sostidas por arcos oxivales e nervaduras que se

[p. 82]

cruzaban en aspa, apoyándose unhas e outros d' un lado en repisas empotradas nas paredes, e d' outro nos capiteles das catro colunas do centro. Estas catro colunas sostiñan ademais outros tantos arcos, sobre os caes descansaba a campana e o altismo cañón cilíndrico, ou mais ben cónico, da chaminea. Mais como estos catro arcos discribían un cadrado, para poder mellor enchufar neles o corpo cilíndrico da chaminea, nos ángulos que formaban as enxutas dos ditos arcos, puxéronse unhas trompas que sostiñan un membro ou aro de parede de forma outogonal; e éste era o que recebía a base do cañón por onde saía o fume. Esta obra tan notabre debeu de ser costruí-da no sigro XV ou cando mais á prencipios do XVI.
   Nunha das cruxías había unha escaleira de pedra, pol-a cal se subía pirmeiro ao ante-refitorio, e d' alí pasábase ao refitorio. Era ésta unha peza manífica; o techo da cual viña á ser un precioso artesonado decorado de piñas e outros adornos colgantes. Do outro lado do refitorio estaba a bodega.
   Pero volvamos ao claustro das procesíons para sair dél poI-o lado do Este e non enterrumpir a orden que levamos na nosa discricion. Saindo, pois, poI-o dito lado, o pirmeiro que se encontra son os pilares ou machons, mais ben os seus escombros, do pórtico da eirexa vella, de que

[p. 83]

falamos no capítulo II. Dempois, á través; de mais escombros e ruinas, pásase ao claustro grande, que ben mericía este ditado, porque o patio intrior ten de lado unhos 50 metros, e as cruxias ou corredores chegan hastra 60.
   Neste lado, Oeste do claustro grande, que, por suposto, corresponde ao lado Este do claustro das procisions, enriba había dormitorios e unha capela na cual, en certas ocasions se reunía a comunidá. No lado Sur cadraba a bodega e mail-a rasura, que era unha fremosa peza de pranta circular cuberta por unha esbelta cúpola. No medio, a altura d' un metro do chao, levantábase un pirámide foco de oito lados sostido por colunas. Debaixo había unha pequena lareira en que se quentaba a auga percisa para o caso. Da rasura pasábase a unha espaciosa solana, da cal se gozaba unha deliciosa vista. Neste mesmo lado Sur estaba tamén a leñeira e o taller dos canteiros.
   No lado Norte estaba o noviciado e maíl-a sancristía, obra de hacia o ano 1570, que debeu ser feita pra eirexa vella; pero despois utilizáron-a para a nova. Como xa indicamos, non está a nivel do piso da eirexa sinon moito mais alta. No piso baixo estaba o taller da carpintería.
   O lado Este nos baixos contiña a graneira; nos pisos altos estaban as celdas dos

[p. 84]

monxes. Estriormente este lado presentaba unha grandiosa fachada dunhos tres pisos de alto e poida que e mais de cen metros de longo, terminada aos costados por duas torres de pranta cadrada.
   O claustro este, arquiteutóuicamente considerado, non ofrece cousa de particular mais que as suas grandes dimensions. Foy comezado á fins do sigro XVI e acabouse á mediados do XVIII.
   Nada diremos das obras estriores que rodeyaban ao Mosteiro, como a casa d' aodencia, a do médico, a cárcel, a cellería ou moordomía, os fornos, os muiños, o laboratorio da butica, as cortes do gando, o tanque que ten cerca de dous kilometros de circunferencia, etc..., porque esto levaríanos demasiado lexos.
   Hastra aqui todos foron recordos, e nada mais que recordos; porque a realidá, a triste realidá non e sinon unha imensa morea d'escombros. E cómo se presta aa meditacion esta elocuente imaxe das futuras ruinas da nosa sociedá! Porque si esto se fixo no madeiro verde ¿qué non se fará no seco? Ben que chegamos aos tempos en que verdadeiramente esto matou a aquelo! ¿E quén matará á esto? Este problema poida que nos axude á resolvel-o a dinamita.
   Pero veñamos agora ao ouxeto que desta vez nos trouxo á Sobrado, que era saber á que altura se hachaban os traballos de

[p. 85]

Gonzalo Ozores. Cabalmente unhos quince ou vinte días despois do en que comenzamos o noso conto, á altas horas da noite alcontrábanse parolando sobre o particular Gonzalo e mais seu amo Fernán Vazquez, o cal habia dias que estaba bastante debilitrado sin poder sair da celda nin ainda do leito.
   Estaban recontando a xente qu' había alistada, e sumaban hastra cerca de mil homes d' a pee, e de corenta á cincuenta d' a cabalo.
   —A xente e boa e dicidida, —dixo Fernan Vazquez —pero non sei si bastará pra o caso. Si na Ulloa e Monterroso se traballa algo, paréceme que sin moito ruido dentro de tres ou catro días podemos reunir ao pee de trecentos homes.
   —Eso xa se me ten acordado moitas veces; pero alí por agora non quiría petar para nada; porque si o chega á ulir o Condestábele, pódese asañar e poñerse de lado de Vasco Gomez, e estonces alá vay canto Marta fiou; xa é escusado pensar en dar unha soila pasada. Por agora pouca ansia se Ile da por Vasco Gomez e déixao que se bata; e yeu non podo deseyar mais. Pero si empezamos á esgarabellar alí, pódese descompoñer todo o cotarro; e así non hay mas romédeo que estarse quedos por ese lado. En cambio téñoche que dar unha boa noticia; e yé que hoxe na tardiña rici-

[p. 86]

bín contestación de Alvaro Paez, e dime que tan pronto lle avise poñeráme no sitio que eu lle sinale vinte d' a cabalo e douscentos peons.
   —Con ese reforzo xa penso de min que se pode facer algo, e boo é non perder tempo, e non deixar pasar a acasion.
   —Pero antes quiría eu esprimental-a xente e il-a impoñendo e afacendo ao manexo das armas e aas artimañas e astrataxemas da guerra. Soupen que no alto da Mámoa de Losoiro mandara Vasco Gomez levantar unha fortaleza pra mais asegurarse e pra botarse d' ali com' o miñato sobr' onde mais lle conveña. Si lle deixamos sair con tal intento, xa podemos coller cos frois ao Iombo e tocar ca música pra outra parte. Desd' aquel sitio non soilo pode vixiar todal-as nosas maniobras, sinon tamén atallar todol-os nosos movementos. Estou disposto á desfacer a toda costa aquel niño, antes que medren os corvos e nos arrinquen os óllos. Paréceme que con douscentos ou trescentos homes tendrei de sobra para á ampresa; e vou á avisar á Vasco Fernández, á Pedro Fernandez de Sonar, á Ares Vazquez de Vaamonde e á outros amigos, para que canto mais pronto poidan, dispoñan e perparen a xente. Desque eu, ca axuda de Dios, consiga ter desfeito e barrido aquel tobo, estonces mandareille aviso á Alvaro Paez e mais aos

[p. 87]

meus amigos de Camba e de Deza; que me parece que no me faltarán, nin no día, nin no sitio, que eu lles marque.
   E esto dito, Gonzalo retirouse aa sua celda que estaba ao lado da de Fernán Vazquez, e sentouse á escribir unha mensiva ao señor do Vilar de Mella avisándolle que o outor día o asperase de noite na casa, pois tiña que falar con él cousas de moito intrés.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega