O castelo de Pambre

Páxina Anterior

Capítulo VIII (páx. 89-96)

Páxina Seguinte

m5lopferrocastelodepambret008.html


[p. 89]


VIII
O PRIMEIR CHISPAZO



   Aos catro días despois do en que esta conversa pasara, xa o señor do Vilar, Pedro Fernandez de Sonar e Ares Vazquez de Vaamonde (1), tiñan disposta e arranxada a xente, que lles encargara GonzaIo Ozores. Chegarían hastra cento ochenta homes, os cuaes, na noite do dito cuarto día, fóronse xuntando sin marrar un, pero con moito sacreto, nunha zanca cuberta de chaparros, que estaba ao pee do monte da Mámoa de Losoiro pol-a banda do Sudoeste, na parroquia de Meire.
   Asomade estivéronse todos xuntos; repartíronse en tres fatos; un dos cuaes, aas órdes de Ares Vazquez, foyse á situar ao pee da montaña poI-o lado Norte, na parroquia de Ermora. Outro fato quedou

(1) Deste Ares Vazquez fálase na Crónica do rey D. Pedro ao ano 1361, cap, V. O seu sepulcro é o único que se conserva hoxe na eirexa de Sobrado.



[p. 90]

na zanca con Gonzalo Azores; e o terceiro marchou rodeyando o monte para buscar unha espesa touza que había poI-o lado do Este escontra Cuiña.
   A subida do monte era bastante agra e pina por sitios; e a fortaleza estaba xa boa d' acabar. Había nela de cincuenta a sesenta homes, deles corenta eran canteiros, carpinteiros e pions, e os outros homes de armas; pois Vasco Gomez criíase tan seguro, que con aquela pouca xente armada, xuzgou que tiña o bastante para gardar aquel sitio; e inda si os puxo alí foy mais porque vixiasen e apurasen aos obreiros, que porque entendese que fixeran falta para gornecer aquel punto.
   Agora o pran de Gonzalo Ozores era, así que as teebras da noite pirmitisen apelumbrar os ouxetos, sair os tres fatos á un tempo, cada un do seu tobo, e ir subindo pouco á pouco hasta chegar ao cruto do monte. Así se fixo, nafeuto, sin tropezo algún; e ao escomezar o sol á estender as suas rayolas pol-o horizonte, alcontráronse uns cos outros, de modo que no punto e momento en que os canteiros e demais xornaleiros se puñan aa sua faena, xa estaba formado todo ao redor do castelo un cordón que cada vez de mais cerca o iba cerrando e envolvendo.
   Si os canteiros e demais non se decataron da presencia dos cercadores, decatou-

[p. 91]

se o escudeiro García Rodriguez, que era o que estaba ao frente da gornicion da fortaleza, o cal escudeiro, prantándose como d' adoito no alto dos muros para ensaminar o estado das obras e ver como se dispuñan os obreiros para o traballo, avistou de camiño o tropel de xente que se iba chegando en son non moy pacífico. Volveuse pra outro lado e notou o mesmo; correu á outra banda, o mesmo; e estonces véndose perdido, ordenou aos pedreiros que se retirasen imediatamente pra a casa con toda a farramenta. A fortaleza era poI-o estilo da do Castro das Seixas, un patio cadrado, cerrado por catro muros de regular altura e anchura, con catro cubos cadrados nas esquinas. Arrimada á un dos muros estaba a casa que había de servir de vivenda, a cual xa estaba cuase rematada de todo.
   Correron, pois, todos aos trompallons pra encerrarse na casa e alí facerse fortes e defenderse hastra o último extremo; pero non todos iban ca misma disposicion; pois os canteiros e demais pions para o ben pagados e mantídos que estaban, o que quirían era que canto antes viñese alguén que os fixese liscar do sitio.
   Entramentres o cerco dos asaltadores foise estreitando, estreitando: e Gonzalo Ozores non podéndose xa contêr nas líneas que hastra entonces conservaronse en perfecta formacion sin que ninguén descama-

[p. 92]

lIase, saltou coma un corzo pra dentro da fortaleza por onde os muros estaban ainda menos levantados. Aquel home non era home, era unha furia que quiría tragar á todo canto se lle puñía por diante. Parecía que degaxaba por desquitarse da quietú e repouso á que por nove anos es tivera condenado; e que naquela pirmeira acasión que se lle presentaba despois de tanto tempo, quiría fartarse e recobrar d' un golpe todo o que tiña atrasado.
   O mesmo fogo e empencha s' apoderou dos seus homes, que como alárbios agalgaban poI-os muros arriba como dicindo: ésta que é a nosa non-a habemos de deixar escapar.
   A os poucos menutos xa se hachaban dentro do patio os cen homes que Gonzalo Ozores separara pra o asalto: pois os outros ochenta quedaron fora coidando de que ningún escapase; e co mismo ímpitu avalanzáronse contra a casa á pesar dos saetazos que disparaban os d' adentro. Marchaba aa cabeza Gonzalo Ozores, o cual apreixando a sua macheta d' armas, aos poucos golpes fixo saltar a porta en anacos. Ao mesmo tempo outros facendo cos corpos a modo de espadas pelexaban por aganchar hastra as fiestras para enxaretarse dentro. Mais non foy perciso abrir este portelo; porque os que estaban con Gonzalo Ozores asi que viron botada a porta

[p. 93]

abaixo, guindáronse dentro como lobos; e anque Garcia Rodriguez cos seus, con valentía dina de mellor causa fixo canto pudo por detelos, ao fin cayeu cun muslo atravesado d' unha lanzada.
   Desde aquel punto xa naide pensou en facer a menor resistencia, e todos se rendiron ao querer dos asaltantes. Os cuales dos despoxos da fácele vitoria fixeron dous apartados; un dos prisioneiros, e outro das armas, farramenta e demais trebellos que alcontraron.
   E o caso foy que, como si todos estiveran de anteman falados, mentres uns gardaban na casa os prisioneiros, os outros armados de paus de ferro, picos e picarañas, brincaron cos muros e empezaron á demoler neles con tal coraxe e furia, que aas duas horas xa non quedaba pedra sobre pedra das murallas e torreons do patio. Pegaron despois ca casa para facer nela o propio; e era de ver o algareo e vocerío que armaban ao rolar das pedras poI-o monte abaixo. Ca fuga que levaban logo lle deron avío aa sua obra; e para rematal-a de veras achandaron ben achandadas as gáveas dos acimentos; que non quirían que quedase rasto nin mamoria d' aquel aborrecido adificio.
   Acabada a faena aquela ordenou Gonçalo Ozores que todos se encamiñasen pra a zanca onde se xuntaron de noite. Iban ta-

[p. 94]

men todol-ós prisioneiros sin faltar un, incruso o mesmo García Rodríguez ao cal tiveron que levar nunha angarilla.
   Unha boa sorpresa os agardaba na zanca e era a presencia de tres cargas de viño e outras tantas de pan, e mais hastra ducia e media de carneiros, que todo o señor Gonçalo Ozores e os seus amigos dispuxeran pra o xantar. O peor eran os carneiros que inda falaban; pero había alí xente abonada pra aquel fregado; e así, mentres uns dispuñan no chao con grandes croyos unhas a modo de lareiras; e outros buscaban ramallos, cachopas, guizos e toda sorte de combustibres; e outros tiraban fogo das pedras de chispas, ou lidando un con outro dos paus secos; outros brincaron cos infelices años, e despois de sangral-os e esfolal-os, tallaron-os en pezas; e infiandoas en chuzos, a falta d' outros espetos, arrimáron-as ao mor do lume que logo as foy facendo roxir e garexar e torrarse con gran contentamento e satisfaucion de todol-os circustantes. En vez de morillos ou cabaletes de ferro en que apoyaren e manexaren os chuzos, chantaron aos lados das improvisadas lareiras unhas laxes de pedra; mais a xente non estaba pra moitas esperas, nin para poñer moitos reparos; e asegun os torrezmos iban volvendo algunha cara, así os iban repartindo dándolle á cada un a sua parte. Escusado é dicir que todos des-

[p. 95]

empeñaban aas mil maravillas o seu papel; e ao ver a gana e os ánimos con que todo o mundo gandía e trincaba, pensaríase que ainda s' hachaban á contas cos muros do alto de Losoiro.
   Acabado o xantar, no cal tamén tiveron a sua parte os prisioneiros, Gonçalo Ozores deixou soltos a todol-os canteiros, carpinteiros e demais homes d' oficio, anque non sin pidirlles antes xuramento de que non habían de volver a poñer man na fortaleza de Losoiro, nin noutra somellante. Aos homes d' armas púxoos a bon recado, e encomendou a sua garda á Ares Vazquez de Vaamonde.
   Despois que quedou soilo ca sua xente fíxolles a siguente plática:» Valentes e leales amigos, solen pintar a imaxe da fertuna cunha roda ao lado para dar a entender, que así como conforme vay andando a roda, o que d' unha vez vay por arriba, d' outra vez queda debaixo, así tamen as cousas do mundo solen seguir o mesmo camiño. A min paréceme que pol-o favor de Dios, noso Señor, foy chegada á hora en que a nos tamen nos toque ir por enriba; e o bon suceso deste día é indudabremente o sinal de que a rolda para nos comenzou ao fin a subir e sacarnos do noso abatemento: e que si hastra agora fomos sempre desasurados, mal será que ao de adiante non-os veña a nosa. O que compre agora é que

[p. 96]

saibamos aproveitarnos desta boa racha hastra poñer debaixo dos pes aos nosos enemigos e darlles o seu merecido. E ao que eu sinto non se requere mais para esto que permanecermos dispostos e dicididos como estivemos hoxe. E certo que o d' hoxe non foy nada a continacion das empresas que debemos acometer e dos lances que nos agardan; pero de todos nos, o que mais e o que menos, ben claro amostrou neste día que ten peito para non querer cear nin un paso atrás. Agora confiando no favor de Dios retirarémonos en paz cada un para a sua casa sin lembrarnos mais do conto; que eu aspero non tardar moito en volver a chamarvos para axustarlle d' unha vez as contas aos nosos enemigos.»
   —Eso! eso! —berraron todos —e antes hoxe que mañán. Chámenos a sua señoría cando queira, que resoltos estamos a ir ao cabo do mundo. ¡Viva o señor Gonçalo d' Ulloa! ¡Vivan os Ulloas!
   E con taes valentes e entusiastas acramacions, siguidas dos seus correspondentes atruxos, disfíxose e desparteuse a xunta. E con esto tamén se veu canto fay a veces a presencia e a voz d' unha presona d' autoridá e de ánimos. Aqueles homes hastra estonces encollidos e acorados faltos de resolucion para todo, vémolos agora tan afoutos, tan dispostos, tan arriscados para calquer empresa por arrouzada que fose.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega