O divino sainete

 

Introdución

Páxina Seguinte

m2currosenriquezodivinosainete001.html




Á MOCEDADE GALLEGA
                       O autor.











        INTRODUCION





   Sinto n'o peito us afogos
Que parece que m'o morden
Sete ducias de cans dogos.
   Dis que son remordementos
D'os meus pecados á miles,
D'as miñas culpas á centos.
   Culpas d'home mal cristiano
Pecados d'herexe, tales
Que non lles val zuruxano.
   Pra me curar bebin agoas,
Pisei herbas, recei tríos,
Biquei Santos, vertin bágoas.
   Non hai festa ou romaría
Onde empanado non fose.
¡Nunca topei milloría!
   Pra me librar d'este estrago
Fun ver o Cristo d'Ourense,
Tomei a manta en Santiago.
   Quedei de noite ó recío,
Coséronme os Evanxelios,
Solagáronme n'o río...
   ¡Pr'os males de qu'eu me doyo,
Dicen os que ben o saben
Que hai un curandeiro soyo!
   O curandeiro está en Roma.
Vou ver se me dá a saúde...
Vou ver se o pulso me toma.

               * * *

   Xa miña nai m'o dicía:
"¿Onde has d'ir, boi que non aras,
"Senon á cortaduría?
   "Tanto saber traite cego;
"Mais, ou morres condanado
"Ou tés que volver ó rego.
   "Olla que o tempiño foxe,
"Y-é ben pra mañan non gardes
"O que poidas facer oxe.
   "Que a morte non nos avisa,
"E se ha levarnos cubertos,
"Que non nos colla en camisa."
   ¡Tiña de ser! ¡Diol-o quixo!
¡Él, que crióu d'un arroto
Todal-as cousas, sin lixo!
   Nunca outra tal s'ha de vere:
¡Curros camiño de Roma
Entoando o Miserere!
   ¿Pero hei ser sempre un brasfemo,
Un xudío, un relaxado
De Dios azoute? ¡Ora o Demo!...
   ¿Quén, necesitado d'elas,
Non merca saúde e groria
Por unhas cantas cadelas?

               * * *

   Todo vai caro n'a vida.
A groria é que anda barata
Como a sardiña manida.
   Certa literata fea
Mercóuna dando á Aristarco
Un bico tras d'unha cea.
   Á un usureiro con sorte
Custóulle... perdoar inxurias...
N'as boquëadas d'a morte.
   ¡Y-é que n'este tempo infame
A Crítica anda saída
Y-os Santos morren de fame!
   O inferno á min non m'atrapa:
Cómpreme unha pouca groria
E voulla comprar ó Papa.
   É un viaxe de recreo.
¿Quén folga de vir comigo
De Leon XIII ó xubileo?
   Con nosco irán moitas xentes:
Abades, monxas, beatas...
¡Xuro á Dios qu'hemos d'ir quentes!
   ¡Qué rosario, compañeiros,
De contas d'amancebadas
Con deces de putañeiros!

               * * *

   Mais todos van compunxidos,
Todos como eu apenados,
Chorosos y-arrepentidos.
   ¡Milagre santo e profundo,
Fillo d'o nobre deseo
De ver á Dios... e ver mundo!
   Como xa a gracia non baixa,
Non hai modo d'ir pr'o ceo
Se o tren non nos fai rebaixa.
   Esa rebaixa está feita.
¡Tolo de quen pra salvarse
Tal acasión n'aproveita!
   Mentres o camiño dura
Hei de vos cantar cantares
D'unha non vista hermosura.

               * * *

   Trïadas, miñas trïadas
Que levades os tres fíos
D'as frechas envenenadas:
   Miñas trïadas valentes,
¡Rachade os aires fungando
Como fungan as serpentes!
   Ladrade, mordede, ríde:
Onde haxa virtú, bicade,
Onde haxa vicio, feride.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega