O niño de pombas

Páxina Anterior

Capítulo X

Páxina Seguinte

m3alopezferreironino1.010.html

[páx. 90]

X



Vastas veces acontece na nosa Galicia, e o mesmo n'outros países, que indo un viaxando, ao pe d'un monte, ou no cruto d'unha montaña, ou n-a revolta d'un camiño, ou n-o recanto d'unha baganta, ou á a veira d'un río entalado entre penedos ou ascondido n-unha touza, tópase un con un pequeno adificio c'as paredes pardas e roñosas, c'os remates fanados e cubertos de musgo, tellado con tellas ben gordas e esfanicadas, ou senon con paredes solas que están perpindiculares pra caere, como lín eu n-unha decraración antiga d'un maestro de obras, ou cando non, c'un montón de ruinas en que soilo se ven croyos mesturados con anacos de tella, por antr'os que van puxando as silvas, os toxos, as carrouchas e outras prantas pol-o estilo, e asoman a cabeza as cobras e legartos. ¡Qué manta de olvido e de silencio foy botan-



[páx. 91]


do o tempo, axudado d'os homes, sobre aqueles sitios n-os que antes buligaba a animación e a vida!
     Así é a labilidá (e perdóneseme a palabra, que non sei outra mellor) d'as cousas humanas! O antigo mosteiro de San Pedro de Ansemil, arredado coma unha légoa de Carboeiro, ainda non chegou á ese estado, pero paréz que está en camiño. Non-o deixemos, pois, esquecido no nosa conto pol-o que poida soceder. Leváronme a él, non fay moito tempo, uns moy boos amigos que tamén padecen suidades dos tempos e causas pasadas; e xúntol-o visitamos; e xuntos fumos recorrendo cousa por cousa, adevirtíndonos mútuamente o que era digno de remembranzas e de atención, e comunicándonos os nosos respeutivos xuicios e apreciaciós.
     A eirexa de San Pedro de Ansemil foy mosteiro moy antigüísimo, que databa cando menos do sigro IX ou X. Foy d'aqueles mosteiros que se chamaban duplices, porque tiñan duas comunidades, unha de frades e outra de frairas. N-o sigro XII desapareceu, a o que parece, a cumunidá d'as frairas; pero desde o sigro XIII ou XIV volveu e quedou soila, hastra que á comenzos do sigro XVI se uneu o mosteiro ao de San Payo de Santiago. En fin, cousa de todo organismo en que entra o formento humano: ora medran, ora menguan, ora se poñen d'un xeito, ora d'outro.



[páx. 92]


     Pero vamos á a eirexa de Ansemil. Está cerca da Bandeira, á un lado do famoso Campo Marcio, ou Campo de Marte, onde pol-o visto houbo un campamento romano. A sua trasparencia non é d'esas que rechaman; é, pouco máis ou menos, coma a de calquer eirexa d'aldea. Medida por dentro, ten de longo vinte metros escasos, quince o corpo, e catro, ochenta centímetros o presbiterio. De ancho ten pouco máis de oito metros: tres, satenta e cinco centímetros, a nave do medio, e catro, ochenta e catro, as d'os lados; pero describámola pirmeiro por fora e despois por dentro. E por non anoxar ao sufrido leitor, soilo nos pararemos n-as cousas máis graúdas. A portada prencipal, que parece do sigro XII, ten catro culunas, duas de cada lado, metidas n-os dous recantos d'os pes direitos. Os capiteles d'as que están máis botadas á fora, son moy somellantes; teñen follas de palma reviritadas n-a punta formando voluta. N-o capitel d'unha d'as outras, vense dous cadrúpedos mirando ún pra o outro; e no capitel da outra, antre duas feguras desnudas, aparece un home sin cabeza vestido de túnica, calzado de borceguís e sostendo un libro diante do peito. As impostas d'os capiteles están tamén moy adornadas: unhas de billetes, e outras de froles de catro pétalos metidas en círculos.



[páx. 93]


     N-os recantos d'os plintos hay unhas bolas, e n-as das bases unhas molduras á modo de cordóns.
     As archivoltas son sinxelas; non teñen máis que dous toros separados por unha media caña.
     O tornachuvias é de billetes.
     N-os canzorros ou canecillos do tellado hay moito vario; e todos eles son moy airosos e moy ben traballados.
     O tímpano ou dintel d'a porta é liso e parece posto moito despois n-o sitio do que antes había. O marco d'a porta é ochavado, e n-as ochavas ten froles e bolas; e antre as ochavas, de alto á abaixo, corre unha estría. Esta particularidá do marco d'a porta, adornado con molduras, vese en outras eirexas de por alí, como a de San Tirso de Mánduas.
     A porta travesa do lado do Norte, debaixo de un arco de cinco lóbulos, ten un tímpano, n-o cual está esculpida unha cruz griega c'os brazos ensanchados á maneira de cuña cara ao remate.
     As paredes laterás do corpo d'a eirexa están sin contrafortes, pol-o que debe persumirse que a eirexa foy feita pra estar cuberta a tellabán e sin arcos torales. As ventanas, por suposto, son coma estreitas saeteiras.
     Vayamos agora adentro. A eirexa, como xa dixemos, está dividida en tres naves separadas por catro pilastras cadradas, duas de cada lado. As naves comunican entre sí por medio de seis arcos


[páx. 94]


pousados n-as catro pilastras e máis n-a parede dianteira e derradeira.
     A as naves corresponden outras tantas áusides, todas de pranta cadrada e cubertas con bóveda de cañón. O arco que dá entrada aa áuside do medio, tira algo á os que chaman de ferradura, como tamén se ve en Mánduas, en San Miguel de Castro, en Bermés e en outras eirexas vellas de aquela comarca. Esto d'as pilastras e máis ainda as tres áusides, parezme que é o que queda d'a eirexa vella, é dicir, d'a anterior ao sigro XII. Tamén á a mesma época debe perteecer un capitel cadrado que estaba sirvindo de pía de auga bendita. N-os catro lados tiña esculpidos varios animales, aves, cadrúpedos, etc?, en fin, paricía unha estoria natural.
     N-o ramo arqueolóxico, así que chamase a atención, non vimos máis ouxetos que un Crucifixo c'os brazos d'a cruz rematados en muleta e adornados de óvalos, un San Luis Obispo do sigro XIV ou XV e máis unha Santa Ana do sigro XVI.
     O víspera de estar en Ansemil, faláramos os meus amigos e eu do sitio onde estaría o enterramento d'os Dezas, que eran os señores máis nombrados d'aquela terra. Pois estando n-a eirexa de Ansemil, por un arco aberto n-o muro do vendaval, pasamos á unha capilliña que está alí de lado. N-o



[páx. 95]


muro de enfrente, n-un arco punteagudo, vimos unha arca de pedra cuberta c'unha lousa aas duas augas. Pois ben; n-unha d'as duas caras de esta tampa, encontrámonos co siguente letreiro:


Era l. CCCLXX nove. Hic jacet Diego Gomez
de Deza.

     (Ano 1341. Aquí yaz Diego Gómez de Deza) (1). Tanto n-a tampa coma n-a caixa do sepulcro, estaba esculpido un escudo de armas consistente n-un castelo coroado de tres torreóns. Eran as armas d'os Dezas. N-as lousas que había por alí ao redor, estaban tamén esculpidas as mesmas armas. Non había dúbeda, pois, que alí estaban os enterramentos de tan sonados cabaleiros, á lo menos desde o sigro XIV.
     A capela, que non cabe dúbeda debeu fundar o Diego Gómez de Deza, é un dixe, unha monada. Non ten máis que seis metros e medio de longo, e pouco máis de catro de ancho; pero alí non falta nada. Ten a sua nave, o seu presbiterio, a sua ventana oxival de dous vanos, o seu rosetón calado, a sua porta independiente. O arco trunfal pousa so-

————
(1) Este Diego Gómez de Deza era hirmán de aquel Alonso Suárez de Deza que mataron n-a Rocha de Santiago en tempo do Arcibispo D. Biringuel.


[páx. 97]


bre duas pilastras; as nervaduras ou enxarxamentos, como dicían os nosos maestros de obras de outros tempos, arrancan de sobre catro culunas, os capiteles d'as cuaes son bastante raros. Compóñense de duas partes: a d'arriba, cúbica, e a d'abaixo, cilíndrica. En todos eles vense esculpidos moitos adornos como foIlas de col, froles, estrelas, feguras de mostroos, aves, etc...
     O dintel d'a porta de entrada ten labrado de baixo relieve o simbólico cordeiro armado d'unha cruz florenciada antre as imaxes do sol e máis d'a lua. Sobre este dintel e pousada sobre unha repisa en forma d'un florón de oito pétalos, aparece sentada unha perciosa estatua de Nosa Señora co seu Miniño Dios n-os brazos. A Virxe viste túneca, manto e touca que lle cingue n-a cabeza unha coroa flordelisada. A túneca do lado ezquerdo ten-a aberta pra poder dar o peito ao seu Santísimo Fillo. O dosel que cubre a imaxe, asoméllase á un castelo co-seus torreós e troneiras e ventaas oxivales trilobuladas. Está fundado este castelo sobre un arco trilobulado.
     Máis arriba hay un rosetón con calados que feguran unha cruz e n-o medio un trifolio.
     Como é cousa que xa vay sendo rara na nosa Galicia, falaremos d'as ferraxes d'a porta. As palmelas asoméllanse á unha palma c'as follas aber-


[páx. 98]


tas formando arco e os tallos rematando en cabeza de serpe c'a boca entreaberta.
     Remata o penal d'esta pequena fachada un cordeiro, sobre do cual se erguía un crucifixo vestido de túneca ou colobio. Por esta circustancia diríamos que era moy antigo, pero os brazos non están horizontales senon caídos e formando ángulo algo agudo c'a línia do corpo.
     Confiando que os meus leutores me perdonarán que houbésemos pagado este trebuto á Ansemil, sigamos co noso conto.
     Por suposto, Mariña non se descoidou en ir o outro día á Ansemil á falar con Fray Munio, que así se chamaba o Frade. Non era porque ela desconfiase do Padre Abade de Carboeiro; pero hay cousas, que nos agrada que nol-as repitan pra acabar de convencernos de que aquelo que deseamos non é invención nin fantesía. A pesar de estar máis lonxe, ainda ela chegou á Ansemil antes que o Padre Froilán, e tivo que asperar un anaquiño.
     O Padre Munio acolleunos n-a pequena hospedería do mosteiro con moito agasallo, pero non deixou de extrañalo aquela visita. Ao fin o Padre Abade díxolle sin moitas cirimonias á o qué viñan: —Vimos á que nos digas, —espetoulle— o que sáibas do nacemento do señor Ramil Ares. Fray Mu-


[páx. 99]


nio quedou mirando pra él coma dubidando de que estivese nos seus cinco cabales.
      —Ben che sei o que digo —saltou de pronto o Padre Froilán.— Hastra agora gardamos sagredo por debidas consideraciós á presonas á quen con razón respetábamos. Agora, este silencio que xa naide nos impón, pode ser moy perxudicial e causar moy graves extorsiós á presonas que non teñen motivos pra sufrilas.
     Con este razoamento e c'o tono con que o dixo o Padre Abade, quedou atranquilado Fray Munio. Comezou logo á sua relación, que como en nada esquipaba d'a do Padre Froilán, escusamos repitila aquí. Cando acabou, saeu o Padre Abade dicíndolle:
     —Supoñede vos agora, que o señor Ramil queira casarse, poño por caso, c'a señora Mariña: ¡e estaría ben que porque a nós nos dese á peta de estar calados, non callase á sua xuntanza de que tanto ben podería vir pra eles e máis pra toda esta terra!
     —Dios nos libre de tal! —contestou Fray Munio. ¿Qué millor cousa podería eu deseyar n-este mundo pra o señor Ramil que o casamento c'a señora Mariña?
     Con esto acabouse a entrevista; e cada ún marchou pra á sua casa. A Mariña quedoulle unha es-


[páx. 100]


piña, que Ile contou ao Padre Froilán antes de separárense. Díxolle que non sabía cómo entenderse con Ramil cando viñese e se declarase.
     —Xa Dios romediará —contestoulle o Padre Abade sonrindo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega