O niño de pombas

Páxina Anterior

Capítulo II

Páxina Seguinte

m3alopezferreironino1.002.html

[páx. 13]

II


O noso cabaleiro sigueu ca sua carreira por un boo anaco, mais logo puxo o cabalo ao paso coma quen quere botal-as suas contas ou desenredar algunha maraña que ten no caletre.
     E agora, xa que ternos algún xeito, diremos algo do caraute da sua presona. Podía ser un mozo d'unhos trinta anos ou ainda non, branco e rubio coma unha rosa, d'olIos azules, que non sabían estar quedos sinon rebulindo d'aquí pr'alí, coma si quixera que nada se lIe escapase das suas miradas. Os movementos do seu corpo eran tan súpetos e lixeiros coma os do corzo, e logo encollíase e encartábase e agachábase coma si fora unha denosiña.
     A o que acabou de botar os seus cálculos, puxo outra vez o cabalo ao trote, e n-esto saindo d'unha carbalIeira, atravesou unha pontelIa formada de duas lousas estendidas sobre un rigueiro, e enxaretouse por un estreito camiño, bastante costaneiro 


[páx. 14]


e cerrado á ambol-os lados de duas sebes feitas de salgueiros e abeleiras. O camiño iba rodeyando un alto coto, todo cuberto d'arriba abaixo de vizosas herbeiras, que aparentaban coma un imenso e froleado tapete, cortado á trechos pol-as abirtas feitas pra guiar a auga. A cima do coto era chan como a palma d'a man, e todo ao redor pol-a estrema corría un cercado de buxos á modo de balcón, asobardado de trecho en trecho por moy vistosas roseiras. Máis pra atrás, antre unhos frondosos castiñeiros, apelumbrábase unha casa ao parecer bastante grande e boa: era á de Ramil; mais él, co ollo posto n-o sitio por onde lIe parecera que vira pasar os dous bultos, e que estaría d'alí inda como un cuarto de légoa, sigueu pra diante. Non topou con ninguén que lIe poidese dar algunha razón, pois o sitio era bastante solibato e tan á atrasmán, que nin por deleve pasaría ningunha presona, mormentres á aquela hora. Soilo alá lonxe n-unha devesa que xa estaba escontra Lalín, pispiou algúns homes que estaban esmozando carballos. Chegouse Ramil á a devesa, e despois d'os saúdos e comprementos d'adoito, perguntoulle á un home que estaba encima d'un carballo, acarón do valo, adoando os cortes d'a rama que tiña guindada n-o chao, si vira pasar por alí preto á dous cabaleiros, que ao parecer viñan da Laxe ou de Bendoiro. Respondeu o peisa-


[páx. 15]


no que faría cousa d'unha hora, que vira pasar por un sitio que cenaba ca man, á dous cabaleiros que iban á boo andar, e que non vira á máis ninguén. E ainda máis engadeu, que un d'os cabaleiros parecéralle o señor de Donrramiro, pero por eso que non-o aseguraba. Ramil non quixo saber máis, díxolle adiós, picou o cabalo e dou volta á escape pra casa. 
     Non lle debeu facer boo peito a nova aquela, pois dou en xuntar as cexas e poñerse máis caviloso e de máis malo xesto do que levaba. Paricía que sobre él caira unha nube que lle puxera negros todól-os seus pensamentos.
     Ao chegar á a porta d'a casa, viña tamén correndo e saltando un raparigo, que antre as duas mans trajía un melriño novo, amostrándollo coma quen dí: Mirade o qué atopei.
     —D'ónde ves, Vasquiño? —perguntoulle él.
     —Veño d'a devesa d'a Retorta —contestou o rapaz levantando cada vez máis o paxariño pra que o vise millor.
     —E cómo fuches á dar aló tan lonxe?
     —Porque me dixeron que había alí moitos niños, e que andaban moitos rapaces á eles. E boo medo que papey!
     —E logo qué che pasou?
     —Que ao chegar mesmo á a Cruz do Matelo 


[páx.16]


atravesaron coma lóstregos dous señores á cabalo, e tal medo lIe collín, porque coidei que m'iban á cañar coma á un can, que m'apatoei contra un valo pra que no me visen, e estiven pra fuxir pra casa; pero despois, ¡vaiche boa!, como desapareceron n-unha selación, siguín pra diante. Cando cheguei á a devesa xa había moitos pícaros. E con outro que sabía d'un niño, fun apoliñando por un carballo arriba, e puden pillar este melro.
     —E non conociches quén eran aqueles dous señores?
     —Non señor; soilo podo dicir que un cabalo era negro, negro, coma o acibeche.
     —Coma o cabalo teixo que ten o señor de Donrramiro?
     —O mesmo.
     Vasquiño era un rapaz d'uns once ou doce anos, fillo d'uns labradores que o gran Conde de Traba levara pra pobrar a terra de Toledo cando estaba n'aquela fronteira co seu pupilo o Rey don Afonso. N-unha entrada que fixeron os mouros levaron coutivos á os país, e o probe de Vasquiño, que d'aquí a pouco inda non saira do burullo, quedou n-a casa como esquecido. O pai de Ramil, que por casualidad hachábase por aqueles sitios, doído do desemparo en que quedaba aquela criatura, recolleuno e trouxo pra a sua casa. Despois 


[páx. 17]


Ramil tíñao coma de paxe porque Ile chistaba moito pol-a sua agudez e pol-as suas saídas. Pero volvendo ao caso, cando ll'oeu dicir que un d'os cabalos era teixo coma o do señor de Donrramiro, dou á a cabeza e marmulando entre dentes: —Sí, o mesmo, non hay dúbeda— meteuse de prisa na casa. Recorreu e ensaminou todol-os currunchos como quen se recea d'algunha sorpresa, e logo encargou á os seus homes e criados que gardasen ben a casa, que él non sabía cándo volvería. E sin máis marchou á escape pra xunto de Mariña.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega