Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Asturias

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica020.html
     Oviedo, capital do principado de Asturias, non é a penas seu centro xeográfico, político, administrativo e cultural, como tamén o nó das comunicacións con a provincia.
     No ano de 771, un monxe beneditino fundou un mosteiro en honra de San Vicente, e Fruela I, cuarto rei asturiano, construiu ó lado un palacio e unha igrexa. Alfonso II, que chega ao trono no ano 792, transfere a corte para Oviedo, convertendo a cidade nacente en capital do reino, ata que no século X, cando as fronteiras da Reconquista foron alargadas e tornaron aconsellable a transferencia da capital para León, pois nesta época, xa facía parte do reino de León.
     Do mar á montaña, Oviedo reúne en seu seio, dende a delicia de praias concorridas ou solitarias , ao paraíso da pesca de salmón nos seus ríos caudalosos, á aventura da escalada na montaña, ó perigoso sabor da espeleoloxia, ás surpresas do mundo ancestral do seu folclore e a reflexión ante o seu impresionante acervo artístico. Agrícola e pastoril, mineira e navegante, a rexión de Asturias, como toda a rexión cantábrica, situase na dita —España verde—, e as súas costas de perfil recortado son bañadas polo Mar Cantábrico. Nos ricos vales situanse prósperos e serenos, os poboados asturianos como: Infiesto, Mieres, Grado, Cangas de Narcea... O litoral asturiano moito abrupto, cortado por altos acantilados, ábrese de vez en cando, en amplias praias; outras vezes faise acolledor en pequenas enseadas recollidas. E, por fin, deseñanse as rías que anuncían as terras da rexión Galega, a Galiza.
     O campo de Asturias é unha antoloxía de verdes que, van dende o ton suave e delicado das planices, deica o verde oscuro e sombrío dos bosques e dos vales arborizados. Só os altos cumes da cordilleira Cantábrica e dos Picos de Europa amosan os seus perfís duros e agrestes, suavizados durante grande parte do ano pola brancura da neve. Pero, para se coñecer verdadeiramente Asturias, debe ser visitada: —Canga de Onís— que teve a honra de ser a primeira capital de España (na Reconquista), ó iniciarse en Covadonga.




Gastronomía e Folclore

     A rexión de Asturias é terra de lendas e costumes ancestrais. Simbolismo, danzas, cantares, música e festas de aldea, que adquiren aquí un encanto singular e posúen unha personalidade moito marcante. A festa de San Xoán é especialmente celebrada. Comeza no solsticio, é a grande festa das labaradas, posiblemente de orixe celta. Os xovens danzan a noite inteira ó redor das labaradas. Noite máxica que fai nacer as sementes e fertiliza a terra. De madrugada, os xovens corren todos os camiños en busca do trevo. Por súas orixes, este costume é idéntico ó da rexión Galega. Son famosas as danzas de "Cabrales e Llanes", o "corri-corri", de singular beleza; o "picarete" que se danza ó son da gaita e do canto, era provablemente a danza que xá os celtas executavan dez séculos antes de Cristo.
     Na culinaria, existe unha curiosa relación entre a coziña da Bretaña, da Normandía e da Irlanda, con a coziña asturiana e a galega.
     A "caldereta" é a comida mais popular asturiana, é unha especie de caldeirada é faise con os peixes que viven nas rochas da costa marítima. Os salmóns e as troitas son preparadas con o pingo do porco defumado que lle dá un gusto todo especial. A bebida característica de Asturias é a sidra.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega