Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 18

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

FESTA


A dona do pazo buscaba trobeiros,
con trobas abrentes de verbas en flor

para a Festa Maior,
a dona do pazo buscaba xograres,

con máxicas voces de doce cantar

para a Festa do Mar.


Buscaba trobeiros con trobas en flor
que saiban a verba xenial que escintila,

para a Festa da Vila,
buscaba xograres de doce cantar,
que saiban a verba que brilla e que canta,

para a Festa da Santa.


Con trobas en verba xenial que escintila

¡que troben a maxia dun preito de amor!

para a Festa Maior,
de doce cantiga que brilla e que canta

cun máxico canto de coitas de amar

para a Festa do Mar.


Xenial escintila nun preito de amor

a verba que vira diamantes a arxila

para a Festa da Vila,
que brilla e que canta de coitas de amar

con aires xograres de doce garganta
para a Festa Maior do Mar da Vila da Santa.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega