Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Devocion... por comenencia"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas017.html

 


[p. 109]

DEVOCION..... POR COMENENCIA

   A D. Arturo Vazquez Nuñez.


   Señor San Amaro d'Oira
feito de pau d'amieire,
hirmao d'as miñas chanquiñas
criado n-o meu lameiro.
               Cántiga popular.


   Preto d' a ponte d' Ourense
está San Amaro d' Oira,
lugar que ten unha ermida
branca, y-unhas brancas chouzas,
a veira d' o craro Miño
e d' us amïeiros â sombra.
Un devoto como hay moitos
que rezan si lles ten conta,
ô seu señor San Amaro

[p. 110]

que hay n-aquela ermida d'Oira,
falóulle d' esta maneira,
segun dicen vellas crónicas.

   Señor San Amaro d' Oira,
á axustarche as contas veño,
que non por ti seres santo
y-eu ninguen, como labrego,
éiche de pasar a bulra
sin que non faga o meu xénio.
   Pedinche unha cativez
inda non fai moito tempo,
pedinche que lle pediras
a Dios, que ganase o preito
que c' o meu veciño Fuco
por teson viña sostendo,
e pra que ben me serviras,
pra que vises que non teño
costume de ser ingrato,
e que non son cativeiro,
púxenche diante duas velas
acesas, faléille ô crego,
e mandei que che tivesen

[p. 111]

unha misa con gaiteiro.
   ¡Todo me custou bôs cartos!
(alá por us catro pesos,
que batin en catro rodas
como soles ô santeiro.)
Tamen che recei a maores
(vaya, non mintas, Lourenzo)
unhas cinco centas salves
y-outros tantos padre-nuestros:
¡cómo si tal cousa! nada,
todo foy nin mais, nin menos,
que votarlle millo á páxaros
e pidirlle pan ô vento.
   'O xuzgado pasei onte
pra enteirarme d' o meu preito,
vinme c' o Menistro, fumos
ámbos a votar un neto,
¡e cal non foy meu asombro
cando estabámos bebendo
e me dixo, (pero baixo
palabra de xuramento)
que o señor Xuez fallára
contra min, e que perdendo

[p. 112]

saíra o preito con costas
por non ter ningun direito!
   Contéille o caso d' as velas,
o d' a misa con gaiteiro,
e sin quitarlle nin porlle,
canto me pasou, contéillo.
   O Menistro qu' en nagocios
de xusticia non é lerdo,
confesóume que surtia
n-as cuestios millor efeuto
deixarse ver c' o escribano
que andarse c' os santos vendo:
¡e ten razon que lle sobra,
deprocatéime hoxe d' elo!
¿En que xuncras eu pensaba
pra pedirche valemento,
pra gastar os meus cartiños
en facerche algús ouséquios,
s' eres San Amaro d' Oira
feito de pau d' amieiro,
un santo com' outros tantos
que non teñen valemento
e que abofellas, crariño,

[p. 113]

non sei com' estás n-o ceo?
   A devocion que che tiven
pagachesma ven con esto:
¡andar con velas e misas,
pra sair perdendo o preito!
¡ora! mais che me valera
precurar os amieiros
qu
e n-o lameiro d' as Laxes
â veira d' o Miño teño,
pois entón como ti, santos
poidera mandar facelos,
¡vamos! anque s' estragase
moita madeira, por centos;
pois, siñor San Amariño
mais que non ch' o leve o xénio,
eiche dicir pra vengarme
que d' ese pau eres feito,
qu' eres hirmau d' as chanquiñas
que postas n-os pes eu levo,
e que fuches San Amaro
criado n-o meu lameiro.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega