Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Quen preitea..."

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas006.html

 


[p. 23]

          QUEN PREITEA....


        Nantronte a Vicentiña
d' o Pazo, qu' é mullere virtudosa,
        boa nai, amante esposa,
e segun moitos a millor viciña,
non sei como ventou que seu Facundo,
cortexaba outra moza compracente,
        que segun di a xente
xa tivera... eu non sei, cousas d' o mundo;
o conto foi que pol-a mor d' os celos
o marido e muller tanto rifaron
que viñeron âs maus, e non pararon
de turrar e turrar poI-os cabelos,
hastra que Xan Manoel d' as Madureiras

[p. 24]

que por alí pasaba c' o seu gando,
        o barullo notando,
de dous brincos rubiu as escaleiras
y-entrou pol-a solaina berreando:
«¡Ei, Facundo, haxa paz: ei Vicentiña
deixáibos de loitar e tei vergonza;
a min ansi me deran unha onza,
non me liaba co' a parenta miña!»


   Anoxóuse o Facundo poI-o feito,
e votándose ô Xan enfurecido,
        déulle un golpe n-o peito
qu'o deixou sen alento e sen sentido.
   Cando xa folguexar poido con calma,
dixo con certa sorna o magoado:
«¿Ves esta cruz? ¡Pois xúroche por ela
que ou o demo me leva en corpo e alma,
ou te deixo por portas n-o xuzgado
como fixen c' o Roque Gandarela!
¡Baterme a min! Non pois, corrinche o mundo
cando andiven servindo ô rei co-as armas,
e nunca tal me sucedeu, Facundo.
¡Inda ten que nacer quen ha de darmas!»

[p. 25]

   Tal como Xan ó dixo foi pr'o leito,
deu parte 'o Xuez n-a forma acostumada;
o escribao, enteirándose d' o feito,
istruíu as promeiras dilixencias:
o ciruxano veu, e por entrada,
dempois de barballar catro sentencias,
armóuse de lanceta, e dilixente,
déulle düas sangrías ô pacente
d' aquela caste, como lle chamamos
cantos con ollos espantados vemos,
como todal-a sangre que criamos
d' o corpo nol-a sacan eses demos
a quês pra que nos maten lles pagamos.

   O que pasou dempois ninguen poidera
creélo se patente non-o vira:
millor lle fora ô Xan que se morrera
dinantes que 'o Xuez tal parte dira,
y-o Facundo tamen mais lle valera
que cando co-él a sua muller rifara
por mais que lle batese, que calara,
        pois falando en concencia
os dous a sua imprudencia
n-a xusticia pagárona ben cara.

[p. 26]

        A cúria d' a terriña
que de diante d'os preitos
ten-o istinto d' as aves de rapiña;
        q' entr' o papel sellado,
dilixencias e pagos de direitos
deixa ô mais litigante arroinado,
conforme co-a sentencia d' o xuzgado
—sen especial condanacion de costas—
d' o Facundo e d' o Xan, (sen que perdera
n-in perdoara un céntemo xiquera)
cobrou as onzas en castelos postas
n-a mesa d' o escribao; y-os dous veciños
solo co-a gracia d' o Siñor quedaron,
pois todo canto tiñan ll' embargaron,
eidos, chouza, xubencas e porquiños.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega