Saudades gallegas

Páxina Anterior

"Comparanza"

Páxina Seguinte

m5vlsaudadesgallegas008.html

 


[p. 33]

     COMPARANZA


   Hay n-os xardis unha frol
que se chama xirasol,
e que namorada vai
seguindo a marcha d' o sol
dend' o momento que sai.
   D' o divino lumiñar,
cando aparés o arrebol
alumeando terra e mar,
a corola entrabre a frol
feliz ô vêlo chegar.
   E cando fulxente brila
n-o centro limpo d' o ceo,
como de Dios a pupila,

[p. 34]

a frol confiada e tranquila
ô sol amóstralle o seo.
 D' o seu calor á infruencia
n-a prenitú d' a existencia,
síntese a frol conmovida,
porque ten n-o sol a esencia,
o feitizo d' a sua vida.
   Cando morre en Oucidente
d' o ästro a luz refulxente,
alcontrándose a frol sola,
véselle vaixar a frente
e pechar a sua corola.
   Pois com' alenta por él,
como namorada fel,
pónse leda cando sai,
e triste, cando se vai,
morre de pena croel.

   O destino d' esa frol
non sei por que presentin
desque te falei e vin;
nena, eu son o xirasol,
ti eres o sol pra min.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega