BVG Atrás Índice de Páxinas |
Saudades gallegas |
||
|
"Ó leutor" |
m5valentinlamascarvajalsaudadesgallegas001.html
[p. 1]
'O LEUTOR.
¿A onde irán morrer estes versiños
fillos d' as miñas intemas tristezas,
concebidos en noites de vixilia
por unha musa enferma?
Aventureiros, loucos soñadores,
en pelegrinacion van pol-a terra
sin agarimo, esfarrapados, débles
mancándose n-as pedras.
Non cobizosos de lograr a groria
a cruz a costas forcexando levan;
xa presinten que lonxe d' o calvario
morrerán baixo d' ela.
[p. 2]
Emprenden a xornada fatigosa
en áas d' o amor d' a pátria, porque pensan
q' os esforzos que fagan n-o seu nome,
xa que non groria, gratitú merezan.
¡Triste verze tiveron os coitados!
n-a prision d' unha cárcele muy negra,
arrolounos a nai que á vida os trouxo,
a alma d' un poeta:
arrolóunos n-o encerro en que se muscha,
ô fatidico son d' as suas cadeas,
tendo as vágoas n-os ollos, tendo a frente
coroada de tréboas.
Eles com' a sua nai a quen herdaron
o desalento por esprítu levan;
fáltalles nome, fáltalles fortua,
non teñen mais que penas.
Nome e fortua á conquistar camiñan
poI-os confis d' esta rexion gallega,
entoando cantigas malancónicas
n-a nosa fala tenra:
n-esta fala tan dolce como branda,
[p. 3]
fala de fadas, ánxeles ou meigas
que hastra n-os lábeos d' o labrego rústeco,
ten poesia, tenreza.
Non hacharán un lar onde acollerse,
nin quen consolos ou amor lles dea;
morrerán esquecidos, como morren
os páxaros n-as selvas:
¡non importa! por mais que desenganos
recollan ô seu paso, non s' arredran,
horfos naceron, y-anque vivan orfos
non terán estraneza.
Os que sentides algo que vos mágoa,
os q' un berme levades n-a cabeza,
os que sentides sede d' o infinito,
os que amades a terra,
os q' ôs ecos ouvindes d'esta fala
que grande foi n-os dias de grandeza,
os que xunto co-a carne inda levades
o espíritu d' os celtas,
pousande os ollos un istante solo
n-estes versos, que, fillos d'a tristeza,
[p. 4]
inda teñen pra vos algo sacreto
algo que vos desperta.
Falarámbos d' as fondas saudades,
d' os delores que son a nosa herencia,
d'o esquecemento amargo en que vivimos,
d' as nosas grorias vellas,
d' as venerandas ruinas q' inda s' erguen
ô pé d'estas montanas xigantescas,
baluartes que foron n-outros sigros
d' a nosa independencia;
pois anque probes son, o amor d' a pátria
n-eles con forza e con vigor latexa,
e si pequenos son poI-o roupaxe,
fáinos grandes a idea.
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |