Carlos Paulo Martínez Pereiro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2carlospaulomartinezpereiro.html

Carlos Paulo Martínez Pereiro (Mera de Oleiros, A Coruña, 1955), traballa basicamente nos campos da literatura medieval galego-portuguesa e das relacións entre escrita e plástica nas literaturas en lingua galega e portuguesa.

Licenciado en Filoloxía Hispánica, e Filoloxía Galego-Portuguesa, é Doutor, nesta última filoloxía, tamén pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha Tese sobre as relacións entre a pintura e a literatura na obra de Almada Negreiros.

Tras varios anos de exercicio da docencia como Profesor Agregado e Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Profesor Titular da Área de Coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Autor de diversas edicións de textos de diferentes períodos do ámbito literario galego e portugués e mais de numerosos artigos e relatorios en congresos, revistas e publicacións especializadas, publicou, entre outros, os seguintes libros:

As cantigas de Fernan Paez de Tamalancos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 1992 (143 pp.). [ISBN 84-87847-13-7].

Luís de Camões. Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega). Selecção, introdução, notas e apêndice de, Edicións Laiovento / Instituto Camões, Col. 'Vento do Sul', 1, Santiago de Compostela, 1994 (247 pp.). [ISBN 84-87847-41-2]. Segunda edição revisada, Laiovento, Col. 'Vento do Sul, 1, Santiago de Compostela, 1998 (247 pp.). [ISBN 84-89896-37-2]. (En colaboración con M. Ferreiro e F. Salinas Portugal).

Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguesa, Edicións A Nosa Terra, Col. 'Campus', 2, Vigo, 1996 (239 pp.). [ISBN 84-89138-31-1].

A Pintura nas Palavras. "A Engomadeira" de Almada Negreiros: Uma Novela em Chave Plástica, Editorial Laiovento / Instituto Camões, Col. 'Vento do Sul', 3, Santiago de Compostela, 1996 (306 pp.). [ISBN 84-87847-74-9].

Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amigo, ASPG, Vigo, 1996 (253 pp.). [ISBN 84-921126-6-2]. (En colaboración con M. Ferreiro).

Historia da Literatura Galega. Cantigas de Escarnho e de Maldizer, ASPG, Vigo, 1996 (285 pp.) [ISBN 84-921126-5-4]. (En colaboración con M. Ferreiro).

Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amor, ASPG, Vigo, 1996 (255 pp.). [ISBN 84-921126-7-0]. (En colaboración con M. Ferreiro).

Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa María, ASPG, Vigo, 1996 (241 pp.). [ISBN 84-921126-8-9]. (En colaboración con M. Ferreiro).

Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII, Editorial Espiral Maior, Col. 'Poesía', 83, A Coruña, 1999 (75 pp.). [ISBN 84-89814-65-1].

A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca), Editorial Espiral Maior, Col. 'Ensaio', 17, A Coruña, 1999 (226 pp.). [ISBN 84-89814-82-1].

En 1992, foille outorgado o "Premio de Investigación Xunta de Galicia ao mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro na Área de Humanidades" polo artigo intitulado "Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique galicienne-portugaise du Moyen-Âge" (in Senefiance, Publications du C.U.E.R.M.A, Aix-en-Provence, 32, pp. 369-384 [ISBN 2-901104-32-00]).
En 1999, foille outorgado o "Premio Espiral Maior de Ensaio" pola monografía intitulada A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca). [ISBN 84-89814-82-1].

Na actualidade é Director das Serie Branca (Outras Literaturas Teatrais) e da Serie Gris (Pensamento e Estética) e mais Coordinador das Publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral ´Francisco Pillado Mayor' do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

[Novembro, 2003]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega