Xosé Luis Franco Grande


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1francogrande.html

     A miña infancia e primeira xuventude transcurriron en Tebra, onde os meus pais eran mestres de primeiro ensino. Estudiei o bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago. Exerzo en Vigo a profesión de avogado e fun, ata a miña xubilación en xuño deste ano 2001, Asesor Xurídico da Caixa de Aforros de Vigo, agora CAIXANOVA. Estou casado e teño dúas fillas: Rosalía e Navia, a primeira tamén avogada e xornalista a segunda.

     Debo todo na miña vida ós compañeiros de xeración e ós galeguistas que na década dos cincuenta retomaron a loita pola dignidade nacional de Galicia.

     A miña profesión impediume deica agora face-la obra literaria que eu quixera. Pode que, agora xubilado, escriba aínda unha ducia de libros. Non pertenzo a ningún partido político: é unha mala cousa que os tres de máis implantación en Galicia sexan unha verdadeira calamidade nacional, xa que están contribuíndo, e con eficacia, á destrucción do país. E non se decatan.

     En 1978 fun nomeado académico de número da Real Academia Galega. Lin discurso de ingreso en 1998.

     Procurei sempre escribir na prensa na medida que mo permitiron as miñas ocupacións, como maneira de seguir mantendo relación cos lectores e dicirlles que un aínda está vivo.

     Libros publicados:

     Vieiro Choído (1957) Galaxia.
     Entre o si e o non (1967) Galaxia
     Diccionario Galego Castelán, (1968), Galaxia
     OBRA COMPLETA, de Leiras Pulpeiro (1970) Fundación Penzol
     Vocabulario Galego Castelán (1972) Galaxia
     Os anos escuros I (1985) Edicións Xerais de Galicia
     Herdo de Memoria e Tempo (1987) Edicións Xerais de Galicia
     A ilusión da esperanza (1991) Edicións do Cumio
     Francisco F. Del Riego (2001), Ir Indo

     No prelo:

     Os tempos non dan chegado.

[Febreiro, 2002]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega