Pilar Pallarés


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1pilarpallares.html

     Nacin en Culleredo (A Coruña) en 195'7. Comecei a escrever no Vigo da adolescéncia. Morei tamén en Compostela, Pontedeume, Lisboa e —desde hai xa 16 anos— na Coruña. Licenciei-me en Filoloxia Galego-Portuguesa en Santiago, na época en que a especialidade era unha subseczón de Filoloxia Hispánica. Dou aulas de Língua e Literatura Galegas nun liceu —iso que hoxe chaman IES— da Coruña.
     Descobriu-me o país e o nacionalismo Moncho Valcarce, o cura de Sésamo. Moitas persoas foron fundamentais na miña formazón, mais salientaria a Francisco Pillado, o mellor director que tivo a Voz de Galicia e culpável en grande medida de que eu comezase a publicar, e o sempre añorado Ricardo Carvalho Calero. Fun aluna del o derradeiro ano que impartiu aulas. Continua a ser o mestre.
     Andei polas directivas de "Alexandre Bóveda", a Asociazón Cultural coruñesa, e da AELG. Milito no BNG, na UPG máis en concreto.
     Non me imaxino sen o meu círculo de amigos e sen a miña particular relazón cos animais. Alguns amigos non a entenden moito, ainda que transixen.

[Febreiro, 2002]

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega