Artigo de Bóveda no que clarifica a cuestión da relación entre a
doctrina nacionalista e as distintas correntes políticas, sostendo que
podería optar polo autonomismo, federalismo ou arredismo, segundo
aconsellasen as circunstancias.
Posicións craras
Así poderemos entendernos
O número de «A Fouce» de Bos Aires,
correspodente ao mes de xaneiro, que se recibíu con moito retraso,
publica un extenso manifesto da «Pondal», ao que me parece comenente
facer algúns comentarios.
Con respeto as persoas (que moitas vegadas
houbo que botar de menos nas páxinas de «A Fouce»), expónense n-ise
manifesto posicións claras, que xa cumprían pra que poidéramos
entendernos.
Agora sabemos concretamente qué quer o grupo
de nazonalistas da «Pondal», cuio órgao é «A Fouce», e podemos
tamén sinalar a nosa posición respeito d-iles.
Cando se refiren á «verdade innegábel da
eisistenza da Nazón e da Patria Galega» e fan unha afirmación rexa de
nazonalismo, que «non é unha teoría inventada por alguén» senón a
racionalización dun sentimento e a afirmación d-un feito persistente a
través de séculos de opresión e a sindicación da soberanía da
Nazón Galega»... eu subscrito, totalmente, as súas opinións.
Cando afirman que a realidade galega proclama
que as comenencias de Galiza están no arredismo total dos demáis pobos
da Hespaña... non podo menos de recoñecer como teño afirmado en
público moitas vegadas que a nosa economía é separatista con
relación é do Estado hespañol, ou a son as dos demáis pobos que o
integran con relación á nosa, sin que endexamais o Estado
centralizador e uniformista teña feito ren pra armonizal-as, pois a sua
política niste orde, como no da cultura foi sempre someter todal-as
demás a algunha d-elas que exerce hexemonía.
Agora ben; postos a traballar a prol de Galiza, os
camiños que se sigan
poden ser difrentes. Risco, revisando a súa «Teoría do
nazonalismo», acaba de escribir con visión certeira: «O
nazonalismo galego é unha doutrina no económico e no cultural e
social. O Autonomismo, o federalismo, o arredismo, non son mais que
doutriñas políticas». E mais adiante engade: «Un movimento
nazonalista político será unha ou outra d-isas tres cousas, asegún as
comenenzas nazonás e asegún as circunstancias históricas do
instante.» A realidade ten demostrado, como exemplo de todol-os
movimentos nazonalistas anteriores ou parellos ao noso, que istas
verbas de Risco expresan unha gran verdade.
E o Partido Galeguista naceu, precisamente, nun intre en que todol-os
nazonalistas dende os mais eisaltados arredistas hastra os autonomistas
moderados estimamos que as circunstancias aconsellaban aceptar unha
solución federal ou autonómica. Así consta, ben claramente, no
programa de aición do noso Partido. Consideración aceptada incluso por
irmáns que gozan hoxe do favor de «A Fouce».
Poderase estar conforme ou non co-ista ourentación. E lexítimo que se
faga o posibel por provocar outra, si se considera máis comenente pra o
futuro da Patria galega. Ao que non hai dereito é a negar lealtade e
honradeza nas intencións cando ninguén pode amostrar un historial de
limpeza de conducta í esprito de sacrifizo que aventaxe ao noso.
Nos estimamos que o camiño que o Partido Galeguista sigue é o mais
acertado pra Galicia. E que debe persistir n-el, porque agora se
aproisiman os intres en que pode dar froitos.
Se outros pensan que o do arredismo é mellor, que se
poñan a andalo con
constancia e firmeza. Veña ise Partido que a «Pondal» e «A Fouce»
propunan, que non seremos nós os que lle poñan
pedras onde tropece.
A realidade dirá quén ten razón.
Pero que ninguén pretenda que nós deixémol-o
noso e nos poñamos á
laboura que non acaban de acometer os mesmos que nol-a sinalan como
obriga.
Pontevedra, 21-3-935.
|