A cámara de névoa

 

"Vin o teu rostro macio".

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirocamaradenevoa001.html

Vin o teu rostro macio
nas rochas de Ortegal, as túas bágoas
de escumas estiladas esvarando
como esquíos voadores
até os chumbos verdizos do Cantábrico.
Esculquei os teus seos
en cada un dos perfís de Corrubedo;
os teus ventres en fendas sucesivas
dalgúns pregues antigos do Paraño;
na tépeda Devesa de Rogueira
-carreiros silandeiros entre a fraga,
exóticos silencios entre as pólas
das árbores notábeis-
as túas concavidades uterinas.
Un sagro arrecadén willendorfiano
crin ollalo naquela encrucillada
na aba do Invernadeiro,
os teus acañamentos esleídos
no xabre de regueiros tatexantes
debedores do Sil encaixonado.
En Estorde, as furnas enmeigadas
mostráronme os teus ollos;
agardei o tracexo das túas coxas
no voo dubidoso
dalgunha ave noitébrega en Ancares;
o teu alento quente
nos vágados da ondaxe na Lanzada.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega