A carón d'o lume

 

"¡Fóra os poetas!".

Páxina Seguinte

m2pradolameiroacarondolume001.html
          ¡FÓRA OS POETAS!

     Si, leutor, tés edade y-esperencia,
y-as cousas ves reales, en concencia
haste mostrar d'acordo c'o qu'eu digo;
e sendo así, dend'hoxe és meu amigo.
Pro, si tu és d'os que soñan en vixilia;
si lle portés, cecáis, ésa familia
d'homes que trán a tésta pol-o ár,
non sigas lëndo; vaste desgustar.

                    __

     N-iste mundo de farsas e de tretas,
son os móres farsantes os poetas,
e nin chavo perdí'a Humanidade
se a limparan de tal calamidade.
     É o poeta o ser mais mintireiro
que vive d'o Xaneiro hastr'o Xaneiro.
Si lle cant'á virtude, é un vicioso
e si loub'á xusticia é un tramposo
;
cuase sempre resulta en desacordo
o que padrica c'o que lev'a bordo.
Ademáis, pint'as cousas de tal xeito,
e dí tales burradas, cuase a féito,
que si o qu'esquirbe fose cérto, real,
tiñan os homes que pasalo mal.
Porque dime, leutor, ¿tí que farías
se casado, por fada, un día te vías
c'unha muller de beizos de coral,
pelras por dentes, ollos de cristal
que botan raios, queiman, y-unhas más
d'alabastro, e meixelas de mazás;
frebas d'ouro, n-o canto d'os cabelos,
seos de marbr'e frésa, e pra sostelos
un corpo que cal bímbio se bambea
ó andar sobr'unhos pés que bic'a area...?
Eu penso que ó casar y-así topala,
un camiño só queda: o d'empeñala.
¿Pra qué serve o qu'en curtos ringuilós
nos conta o tenro amor d'os mixilós,
y-o que nos canta en verso alexandrino
a fermosura verde d'o pepino?
¿Que ben nos vén d'o qu'espremendo os miolos
descobre hastr'o lenguaxe d'os pardaus y-os estorniños,
y-o d'as pedras qu'enlousan os camiños?
¿Que ll'importa a ninguén se ha rula chora,
ou rí, cando n-outono vai pra fora?
¿Qu'é eso d'ir o vento sospirando,
y-as nubes pol-o céo esbagoando,
y-oubir como se queixan os piñeiros,
y-acuparse d'o sono d'os outeiros,
e chamarll'a regata, saltarina,
y-hastar falar d'aparición divina
n-a selva virxe e prefumada
, cando
cheg'a porca muller que gard'o gando?
¿Hai ou non hai motivo suficiente
pra ter en Leganés tod'esa xente?
E, por fada, de cote han de falar
de tristuras, de bágoas, pr'amolar
d'ise xeito inda mais co'as tolerías
que lle veñen á testa os mais d'os días.

                    __

     ¡Ei, carafio, poetas!: N-hai direito
d'arripiarlle á Humanidade o peito
con finxidas disgráceas. Si só penas
sodes capaces d'inventar, pequenas
son as áas d'a vosa fantesía,
y-enton hai que calar, porqu'hox'en día,
de saláios e bágoas imos fartos;
eiquí o que fai falla, sonvos cartos
y-unha miga d'himor pra derretelos
;
vos tiradel-o himor, cartos... nin velos,
y-entón, meus amiguiños, pra certala,
hai que collel-a pruma y-esgallala.


 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega