A cruz de salgueiro

 

Prólogo (p. 3-4)

Páxina Seguinte

Saliu á primeira parte d

[p. 3]

     Saliu á primeira parte d'esta novela nos números da notable revista Galicia, que na Cruña dirixia o distinguido escritor e pubricista D. Andrés Martinez Salazar, pubricación que morreu cando mais vida debía de ter, pol-o boa e ben escrita.
     Tratei en este traballo de presentar algunhas costumes dos gallegos e d'espoñer algunhas custiós modernas, que todos debemos axudar á resolver con teson en porveito da humanidá.
     A sustanza, boteilla no fondo: os que proben pol-a tona non lla atoparan.
     Ten de todal'as especies; pro como os gustos non son iguales us atoparana ben sazonada y-otros non.
     Penso pra min, que todal'as novelas deben ter un fin moral, e deben encerrar algunha ensinanza útil A o facer ésta tiven presente que, no mundo, fora do que se funda na ley natural, non ha mais que convencionalismos, mantidos pol-as falsas ideas das cousas, ou por desconocemento das causas qu'infruyen sobre do home.
     Esos convencionalismos aunque loiten contra a lei natural son muy recios de derrotar e desfacer, unhas veces porque a sociedá vive afeita a eles, e ve un peligro en todal'as reformas, e outras porque os mais chamados a batilos, non s'estreven a ser redentores polo medo a salir crucificados.
     En fin o home debe tratar de conocer as leis naturás que Dios puxo a o universo; as que rixen as almas y-as qu'atañen as relacios da alma co corpo, e pensar e obrar

 [p. 4] 

drento d'elas si quere ser libre e feliz. Namentras este conocemento non se consiga, non desaparecerá tampouco da terra a escravitú social.
     Ben sei o caro que custa lêr en gallego, hasta ôs que lle teñen afición; por eso esta novela han d'empezala poucos e han d'acabala moitos menos. Pero si alguen chega a lêla toda, deseo teña en conta qu'e a pirmeira que urdo e que non foi feita con ningunha pretension literarea, fixándome mais que na forma, no obxeto e no fin d'a obra.
O Autor

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega