A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Primeira parte. Capítulo I (p. 5-8)

Páxina Seguinte

Mingas d

[p. 5]

     Mingas d'a Cabanexa é unha morena de vinteun anos, que fai reloucar á calquera qu'a mire, co-a gracea que despide a sua surrisa e cos vivos lostregos que san d'os seus churrusqueiros e negros ollos, cando mira pr'os rapaces.
     Foi vareas veces pedida pra boas casas, porque Mingas, ademais de guapa, levaba consigo algunhas faneguiñas, qu'en todol-os tempos foron recomendaciós qu'adornaron moito ás rapazas casadeiras.
     Mais d'unha vez foi causa de qu'os mozos andivesen á paus n'as ruadas, e, de qu'a xusticia metese baza nestas faIcatrúas, porque era muller tan agradecida, que sempre lle gustou corresponder as miradas de cantos lle facian a rosca d'o galo, con tal de que ll'entrasen pol-o ollo dereito.
     ¡E como lle gustaba qu'os mozos se liasen por ela! Cand'habia algunha liorta entr'os mozos qu'a rondaban, trataba de saber hastr'os mais peque-

 [p. 6]

nos detalles d'ela y-a cada un que l'e contaban brincaball-o corazón d'alegría.
     Solo cando algun salía firido, poñía a cara algo tristeira, pro logo se trocaba outra volta alegre, segun a refreusión ll'iba vertendo vanidá n'o seu corazón .
     Esto ensina qu'as mulleres coquetas sinten pouco qu'os homes se firan por causa d'elas, nin ó agradecen siquera; pol a contra, sinten un pracer segredo por estas desputas, as que nunca dan lugar as mulleres formales.
     D'este xeito, foi pretendida por moi bos mozos, sin chegar á ter nunca relaceós formales con ninguén, hastra qu'os mozos, us por haber gastado na xusticia y-outros por non verse n-aquel espello, foron deixando de facerlle caso.
     Pro aunque as que podemos chamar comenencias lle volveron a espalda, non por eso Mingas perdeu d'as suas, e como ó qu'a ela mais lle agradaba era qu'as compañeiras a visen de cote agasallada, tratou de conquerir outros novos cortexantes,
     D'entr'eles resultou prifirido un viciño d'ela, chamado Estebo, qu'era muy adivirtido, tocab'a frauta, facía versos o mesmo qu'os cegos, tiña fama de mocero y-entr'as malas lengoas corriase qu'aunque volveu d'as minas soIteiro, foi aló pai
mais d'unha vez,
     Pro com'este achaque é de pouca monta
pr'as meniñas que son ledas de xenio, non foi incomeniente pra que Mingas lle fixese mais cara qu'os demais.
     Logo emprazaron á atoparse parrafeando pol as corredoiras y a buscar ocaseón de ter cerca os traballos, e logo empezaron tamen as marmulacios d'as xentes.
     Mingas tiña outra hirmá, qu'era o reverso d'a medalla, que vendo, qu'os seus consellos non facían nada, dixollo ós pais pra que a fixesen deixar

[p. 7]

d'aquelas relaceós. Desde entonces poucos días houbo paz n-a casa, porque Mingas, en lugar de guiarse por seus pais, parece que mostrou mais empeño en casarse con Estebo.
     A cousa tiña ademais outra espricaceón.
     Estebo era un truhan lagarteiro, que facia moito tempo que non queria ás rapazas sinón por pasal-o tempo, e conocia moi ben as que podían vir a maduro; pra esto conseguia temperar a gaita de tal xeito que, sin namorarse, facia qu'as mozas reloucasen por él.
     Socede á meüdo que cando os homes non teñen interés verdadeiro pol-as mulleres, e pretenden solo divirtirse co-elas, amóstranse desenvoltos e non teñen incomenente en presentarse diante das xentes, namorados d'unha rapaza, finxíndolle tolas probas d'un amor que non sinten. As rapazas, que son moi gustantes d'esta cras de comedeas, aunqu'ó pirmeiro duden, a vanidá dempois engaña-as y-acaban por crer qu'elas son a causa d'aquel cariño qu'o home non trata de negar á naide. Pol-a contra, o amor verdadeiro é unha xoya de tanta estima pra quen ó sinte, que tendo medo de que ll'o rouben, ocult'o n'o corazón, como o avaro escond'o tesouro, e trata de desimulalo diante da xente, y-as nenas novas, entr-a cobarde grana que pinta as meixelas d'un mozo, delatando o amor qu'arde n o corazón, y as desenvoltas maneiras d'outro que, fillos d'o deseyo e da fantesia, s'acomodan á todol'os gustos e buscan o fraco de todol-os corazós, escollen pol-o últemo porque fai mais barullo entr'as compañeiras.
     Unha das cousas que menos agoanta unha muller goapa e que non se faga caso d'ela.
     Por eso Mingas queria mais á Estebo, canto mais ll'aconsellaban qu'o deixase, pois pensaba qu'as amigas Il'o decían por envexa e seus pais porque se guiaban por contos.

[p. 8]

     Estebo chegou á ter á gala o qu'o atopasen con Mingas en todas partes y hasta chegou á alegrarse d'o seu cariño, pois, co-a dote que Ile disen, podia millorar á situaceón d`a sua casa, que non estaba moi folgada, pois era probe e había moitos anos qu'os homes iban á Castilla pra traer algún carto conque comprar pan, cando se lles acababa o que recolIian, qu'a pouco chegaba.
     Pro cando viu á cega oposiceón, que lle facían n-a casa d'ela, empezou, á acobardarse, porque Estebo non tiña conque manter unha muller que nacera n'unha casa tan chea com'a de Mingas.
     A pesar d'esto, por consello de Mingas, foill'a pidir un dia á seu pai, que o fixo largar d'a casa con caixas destempladas chamándoll'as catrocentas y-amenazando con escorrentalo á fungueirazos, si lle volvía á pisar a porta.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega