A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XIII (p. 123-125)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro213.html


[p. 123]

     Martiño colleu cara á casa tan ledo como unhas páscuas, pensando si ó agardaria sua hirmá como lle pormetera.
     —Efeutivamente estaba dreita: foi ela mesma quen ll'abriu a porta.
     —¿Qué tras, que ves tan ledo?
     —Ganamos moito diñeiro.
     —¿De certo? lle dixo Sabela sin poder conter a alegria.
     —Ganamos máis de corenta mil pesos.
     —Xesús que barbaridá. E d'eses cartos che tocan á tí.

     —Cerca de dez mil pesos.

     —Logo xa non xogarás máis.

     —Hay que facer co-eles outros tantos pol-o menos.

     —Aconsélloche que collas a tua parte e non volvas máis á xogar. Esos tel-os ganados e pra un estudiante xa dan de sí.

     —Xa veremos. Ti déixam'a min. O que quero é que non volvas á agardarme, porque acabamos por reñer. Non quero que tí deixes de dormir por causa miña.

     —O qu'eu quero é que veñas cedo, porque vexo que logo pareces un mico de delgado, que


[p. 124]


perdes pouco á pouco aquelas colores tan bonitas que tiñas sempre, qu'estás un esmirrado feito, e teño medo que te poñas malo.

     —Non teño duda.
     —Pero eu vexo que sí, e vexo qu'os vicios xa fan que deas a máis vello do qu'eres, porque non te cuidas nada. Xa sabes que cho digo pol-o teu ben.
     —Non seas pesada. Mañá chámame ás dez que teño que facer.

     —Vou á facerche una pergunta antes de deitarme, pois onde non, seica non podería prender no sono cavilando n'ela.

     —Tí dirás.

     —Tes que decirme aqui, en confianza entr'os dous, s'andas engañando á Berta. ¿Va que non me vas contal-a verdá?

     —¡Ora o demo! Xúroche que na miña vida pensei na gallega. Minto, unha vez moi chea, quixen facerlle unha festa, e coidei que me pegaba. ¿Dixoch'algo, ou?

     —Nin palabra; prò esta noite díxome que tiña amores c'un siñorito, e recei moito que foras tí. Berta non anda boa e dame que pensar o seu mal. Hei de decirllo a o papai á ver si ten ou non fundamento o qu'eu cavilo, pró Martiño, xúrame que non sodes entrambos amigos.

     —Xúroche que nunca tiven que ver co-ela pra ben nin pra mal.

     —¿Porqué me perguntaria si eu sabia donde vivia Caitano Valin?

     —El é tamén gallego, pró tes razón qu'é unha pergunta moi extraña.

     —Alá m'espricou porque mo perguntaba, pró agora non sei s'a crea. Estas gallegas teñen moito rabo.

     —¿Non che dixo con quen tiña relaciós?


[p. 125]


     —Solo me dixo qu'o seu novio era siñorito, qu'estaba en Madrid e que non sabia onde paraba.

     —Pois ten choyo pra buscalo, non salindo sinon cada quince dias á paseyo. Solo por casualidá pode dar co-él.

     —¿Será Caitano o novio? Era caso de sabelo.

     —Tes razón, hay que sacarllo do corpo con maña.

     —Pois mañá heille dar unha volta á ver.

     —A min intrésame moito sabelo.

     —¡Mira o diaño! Anque non fora sinon pra que Pancha non poidese reverse tanto cos amores do seu caitano, á quen supón un home modelo e de quen non hay que decir. Xa a faría renegar eu ben co-a sua rival.

     —Hay que sabelo mañá sin falla, pois teño moitas ganas de vengarme d'ese home, que se puxo no meu camiño como a esfinxe de mala sorte.

     —Non teñas coidado. Hastrá mañá.

     —Hastra mañá.

     Entrambos se foron á deitar

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega