A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXIV (p. 189-194)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro224.html

[p. 189]

     Berta puxo, por consello de seu hirmau, tod'o diñeiro que lle dera Caitano n'unha Caixa d'Aforros e largouse da cas de D. Luciano ó outro dia de saber que firira Martiño ó seu antiguo siñorito.
     O esvaido que lle dera, sirviu pra que Sabela se deprocatara do que Berta trataba d'ocultar, e tanto intrés mostrou, asi que saliu d'él, por Caitano, qu'as sospeitas de Sabela foron medrando e non parou  hastra poder arrancarlle, con moita maña e disimulo, a confesión de que en Lugo sirvira na sua casa, e que dende aquela lle tiña moito cariño.
     Don Luciano agardou un pouco no seu carto cheo d'impacencia, e cando se dispoñía á salir, atopouse con Berta, que lle contou que viñera Martiño dicindo que matara á Caitano, e que deseaba moito qu'ó fose á ver da sua parte á calle do Carmen. D. Luciano asi llo pormeteu e saliu cheo de pena, porque xa cavilaba que non volveria á ver á o seu fillo sinón na cárcere; pró en moitos dias, por máis que fixo á policía, non puideron dar co-él, e non chegaron a botarll'as uñas, porque algunha vez que estiveron á piques de collelo, sempre tropezaron co-a astucia e intelixencia de Martiño.

[p. 190]

     Andivo escondido na cas de dous amigos e tivo que disfrazarse máis d'unha vez, pró asi e todo, chegárono á perseguir tan de cerca que, por non ter mais libios pr'escapar, tivo que meterse por casualidá na casa que ó habia de levar ô carto d'Adelaira.
     Esta púxolle por condición o que se casara co-ela si queria co seguise acultando, ou que largara da casa, y-él que tiña moito medo á ser collido e que non se consideraba seguro mais qu'ali, non tivo máis remedio que ceder.
     Ecomasí, non podia olvidar a inxeniosa maneira que tivo de salvalo e que sempre lle dera probas de querelo moito.
     A dificultá estaba en como habian de facer pra casarse sin qu'o xuez soupese nada e pra poder escapar dempois de casados; pró todo eso amañouno Adelaira. Trouxo un confesor que confesou á Martiño e dempois de persuadirse de qu'estaba compretamente arrepentido, deu non sei que pasos co Obispo, que conseguiu casalos.
     Dempois d'esto foise Adelaira xunt'á D. Luciano, dixolle qu'estaba casada con Martiño e que lle amañase us pasaportes falsos pra marcharse d'España.
     Don Luciano ô pirmeiro non o quixo crer, pró de tal maneira lle falaba que lle dixo.
     —Preciso de velo.
     —Non pode ser antes d'amañar os papés.
     —¿Desconfias de seu pai?
     —Non desconfio, pró abóndalle ben dempois, e pra eso ten que disfrazarse pois non quero qu'a policia ó vexa entrar é voste na miña casa.
     Don Luciano non tivo outro remedio que buscar un mozo que se prestase á sacar os documentos como si foran para si e que llos vendese, y-on

[p. 191]

dia que volveu Adelaira, saliu con ela disfrazado de crego.
     —O que pasou en canto s'atopou co fillo non se pode decir.
     Foi unha escena tenrísima, na que desfogaron entrambos a pena que magoaba a y-alma.
     —Deixanos solos Adelaira e perpara a comida qu'hoxe xantará con nosoutros meu pai, dixo Martiño.
     Adelaira marchou recomendando moito coidado, por mor de qu'os veciños non se decatasen de nada.
     En canto s'atoparon solos dixo D. Luciano.
     —Xa sei que te casache co-esa. Ahí tes á donde viñeche á parar cos teus vicios. Como xogador acabarias contigo o fin y-a postre y-aqui expuxechet'o perigro e morriche n'él, como cuasque sempre pasa.
     —Pois mire papai, non me lle pesa. desque se casou comigo inda me parece millor qu'antes: é unha muller moi boa, querme moito e sinto non me casar antes co-ela, pois podo gabarme de que ninguén, por verbo d'esto, tivo máis sorte qu'a min.
     —Ben, home, ben; pró si foras xuicioso y-acabaras a carreira e dempois lle botases o ollo á unha siñorita ben aducada, podías casarte con algunha que tivese algo pra axudar as necesidás da vida, que cada vez son meirandes y-estarias inda máis ledo.
     —Desqu'estou casado con esta vexo que se pode ser feliz sin ser rico, tendo poucas necesidás, tendo d'abondo con que satisfacelas y habendo amor e paz na casa.
     O que quero é largar pronto pra Buenos Aires, onde osté ten bos amigos. Ali, se podo, acabarei

[p. 192]

a carreira, namentras me duren os cartos que levo y o mesmo tempo traballarei no que poida.
     —Unha vez que Caitano está cuasi curado das firidas, era moito millor que te quedaras e que cumpriras a condena que che salise, xa traballariamos porque fose pouca e dempois quedabas millor.
     —Non me quedo en Madrid de vergonza, porque eu estaba tolo aquela noite e non podo borrar da idea o descreto en que quedei pra todos, apuñalando á Caitano; pró eu rabiaba de celos e de odio contr'él, porque por duas veces puidera comigo y-agora é o remordemento maor que levarei pra mentras viva.
     —Pois si non andiveras con malas compañas e s'os viceos non che pervertisen pouco á pouco os bos sentimentos que tiñas cando eras neno, serias relixioso como tua mai te deprendeu e nunca deixarias de ser home de ben.
     —Y-os celos, ¿quén pode co-eles?
     —Os celos abrasaranch'a y-alma que tamen ma queimaron á min algún dia, pró nunca serian bastante á vengar en nniguén a tua disgracia. Si a novia te deixaba por querer á outro, sufririas moito, pró deixariala ir bendita de Dios, cavilando en qu'eso é moito menos malo que che pasase antes de casarte co-ela, e s'os celos non tiñan pé, á non ser que deses c'unha coqueta, que se compracese en mortificarte co-eles, pra envanecerse véndose máis querida por ti, logo ch'os habia de curar a novia que pr'eso, cando queren, teñen bastante habilidá.
     —Ben, agora o feito feito está. Eu non me quedo de ningún modo, pois todos m'apuntarán co dedo. Son vítima dos meus viceos, comprendo que me deixei levar por compañeiros ociosos e sin

[p. 193]

virtú, y-agora non ten o meu mal cura. Solasmente deseo poder despedirme da miña mai.
     —Non sei como ha de ser pra non dar escama.
     Teño un proyeuto. Tráyame un traxe de soldado.
     Adelaira en pouco tempo amáñamo de sarxento e unha tarde, entre lusco e fusco, vou eu alá vestido co-él.
     —¿Non te pillarán?
     —Penso que non. Agora xa non pensan en min por aqui.
     N'esto chegou Adelaira y-enterouna de que estaba decidido o viaxe a Buenos Aires.
     Púxose moi leda. Mentras xantaron, tantos agasallos lle fixo á D. Luciano e tanto coidou de todo, que se ganou as simpatías do sogro, facéndolle caer máis d'unha vagulla.
     Don Luciano non conocia á Adelaira namais que d'oidas.
     Por eso pensou atopar unha custureira de mala morte, sin outros méritos ca xuventú y-a hermosura, co-as qu'atrapara o seu fillo.
     Pró cando viu unha rapaza disposta, ben aducada e de bon fondo custáballe caro crer que fose unha simple custureira, porque a xente moitas veces acostuma'a xusgar, cando non se conoce á fondo, ou pol-o que din d'ela, ou pol-as compañas que trai, ou por aquelo á que s'adica.
     E socede á miudo que debaixo d'unha mala capa ocúltase un bó bebedor.
     En canto chegou á casa dixolle D. Luciano á muller.
     —Veño d'onda Martiño. Non se conoce de fraco; a pena revértelle por todas partes, parece arripintido, pró inda non-a creo, pois levou moi-

[p. 194]

tos anos de perdido e tí mimáchelo moito de pequeno.
     —Habia de ter eu a culpa.
     —Non; pró as mais sodes moitas veces a causa, disculpando nos fillos faltas pequenas y-atapandoas pra que non as castiguen os pais, e dempois, das pequenas van âs grandes y-o corpo afaise ô vicio máis pronto qu'a virtú, y-as malas custumes non son doadas d'arrincar sinon ô pirmeiro, ou de pequeniños.
     —Deixate d'eso. Agora xa foi. ¿Non poderei velo eu tamén?
     —Xa virá él aquí.
     —¡Diol-o queira! —dixo a mai tumbándose n'un sillón e votándos'a chorar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega