A cruz de salgueiro

Páxina Anterior

Segunda parte. Capítulo XXIII (p. 182-188)

Páxina Seguinte

m4xrdguezlopezcruzdesalgueiro223.html

[p. 182]

     Caitano saliu preocupado máis que do singular duelo qu'acababa d'acordarse, por ver á Berta en Madrid, cando tanto podia comprometelo.
     Estaba namorado de Pancha y-era necesario qu'ela non soupese nada, pois temia moito perder o seu cariño.
     Determinouse pois á pedirlla ó pai aquela mesma tarde, e dempois que fose ó que Dios quixera.
     Figurábasell'á Caitano que dempois de formalizar as relaciós, xa non lle importaria ó que chegase á saber d'aquel tropezo. Endeben era querido, e poida que tampouco lle dese creto Pancha, anque lle foran co conto.
     Pró deprocatouse de que estando Berta en cas de Martiño, poides'éste chegar á sabelo por ela, y-entón, correríase com'a gaita na boda, y-adornariase ó conto de tal xeito, qu'o pouco tempo teria tal nota, como s'en jamáis da vida fixera outra cousa qu'andar azoroñando âs mulleres.
     Ben sabia Caitano que non hay nemigo pequeno, e qu'o mal que fai co a lengoa un nemigo mentiroso e cheo de envexa, non son ó bastante á desfacelo cen amigos, homes de ben.
     O caso de Berta era pra Caitano unha nube

[p. 183]

qu'encubria o corazón de tristura, porque sin ter él culpa viase envolto n'un compromiso, pois, endemal de saberse, pro mundo habia d'aparecer sempre como sacrificador é Berta como víctima.
     Porque n'estas cousas d'humanidá, o mundo xuzga sempr'asi, anque o home sea sempre a vítima, ou anque sean vitimal-os dous d'ese sentimento natural, que por unha serie d'evoluciós suxestivas, leva, sin darse conta, â única necesidá funcional, que ven á ser ou non vituperable, según cadra, ainda drento das mesmas condiciós fisiolóxicas e hixiénicas.
     Ben deitaba Caitano da sua conduta en Madrid, da que naide tivera que decir, e onde non tratara de facer máis que bos amigos, pró ben se deprocataba tamen de qu'a conduta pérdese n'un minuto e dempois tarda moito tempo en recobrarse, á non ser que se mude un pra lonxe.
     Porque os forasteiros,sempre veñen á un pobo limpos de polvo e palla, e solo son dempois xuzgados pol-as auciós que n'eles se ven.
     Como todal-as edás teñen distintas costumes, os que de novos fosen moi adivertidos, debían cambear de terra cando lles chegase o tempo da formalidá, porque sinon, ou siguirán sendo pro mundo do mesmo xenio, ou pasarán por hipócritas, pois naide crerá na sinceridá d'aquel cambio nas costumes, por moi real e natural que sea.
     Con estas refreusións chegou a o café, onde ó notaron os compañeiros moi caviloso, e pensando qu'era pol-o duelo qu'acababan de concertar, dixolle Payo:

     —¿Qué che pasa? Supoño que non lle terás medo á Martiño.

     —
Non por certo; penso namáis en desfacerlle os morros, pra que deprenda; anque ben conozo

[p. 184]


qu'él, como poida matar, mátame co-a rabecha que me ten.

     —
Eso non o hey de consentir eu, Dios mediante, pois ganas tamén llas teño.
     —
Vosté deixem'á min, e faga as mocas ben igoales pra que naide teña que decir.
     D'ali á un pouco despedironse, e Caitano encamiñouse á cas de Pancha.

     Sempr'iba máis tarde, e notou Panchiña algo extraño na cara do novio, que de pirmeiro deulle en que pensar.

     —
¿Qué milagre hoxe tan cedo?
     —
Teño moito que decirche. ¿Está teu pai?
     —
Está acabando de tomar café c'un amigo.
     —
Teño que falar contigo á solas esta mesma tarde.
     —
Pois ben; dempois que nos acompañes á tomar café, erguereime da mesa e d'ali on pouco chamareite como pra que veñas á ver unha peza de música que merquei, e disme ó que tes que decir, que xa estou rabiando por sabelo.
     Caitano pasou o comedor, onde tomou café, e inda ben non-o acabara, xa ó chamou a novia.

     Foise tras d'ela, y-encanto estiveron solos, díxolle:

     —
¿Estás disposta á casarte comigo?
     —
Xa sabes que sí, pró ¿porqué mo perguntas?
     —
Porque Martiño está namorado de ti, xa sabes ó que me pasou co el, namentras non os casemos van á pasar moitas veces ó mesmo, y-eu quero salir d'esta situación, pidíndote hoxe mesmo á teu pai.
     —
¿Por eso viñas tan caviloso? ¡Non sei si cho crea! Ben sabes que te quero e que non teño mais voluntá qu'a tua.
     Aquela tarde quedou d'acordo co pai de Pan-


[p. 185]


cha en casarse d'ali á dous meses que se necesitaban pra preparal todal-as cousas.

     Estaba contándolle Caitano á Pancha toda a conversa de seu pai co-él, cando Irma anunciou a visita da hirmá de Martiño, y-enton Caitano dispidiuse pormetendo volver máis tarde.

     —
¿Qué che pasa qu'estás tan leda? lle perguntou Sabela.
     —
Que me caso drento de dous meses con Caitano.
     —
Chica eres ben estrevida, porqu'inda non sabes quen é nin os compormisos que terá pol-a sua terra.
     —
Abóndame saber qu'é un home de ben e que me quere moito.
     —
Querer tamén te quere meu hirmau, qu'está tolo rematado por ti.
     —
Non sei como t'estreves á decirme eso, sabendo qu'está en amores con Locaya.
     —
E por darche celos; pró pensar non pensa namais qu'en ti.
     —
Non a creo, pró xa ves que hoxe deille palabra de casamento á Caitano. Quedas convidada â boda, con tal de que non volvas á falarme máis de teu hirmau.
     Sabela calou aquela conversa ô ver que seu hirmau podia perder toda espranza.

     Foise pra casa con ánimo de contarllo todo á Martiño, pró viuno tan caviloso e de tan mal xenio n'aqueles dias, que non s'estreveu á decirlle nada. Dempois, cando ó viu vir firido e soupo ó que pasara no duelo, estivo ben libre de magoar máis a y-alma de seu hirmau con aquela noticea, pró en canto ó viu ben curado non lle coupo o pan no corpo e contoullo todo.

     Martiño púxose furioso e medio arroutado.


[p. 186]


     Dend'aquela non volveu á cas de Locaya e foi vareas veces á rondar a cas de Pancha, por ver si via á Caitano co gallo d'armar quimeria, porque non lle salia do pensamento a idea de matalo.

     Caitano atopouno varias veces, pró fixo que non-o via, anque ben conoceu as intenciós provocativas de Martiño.

     Ecomasí Caitano non-as tiña todas consigo, e receaba algunha falcatrúa do seu rival, pol-o que non salia de noite sinon con algún compañeiro, porque chegou a decatarse de que algunha vez lle seguira os pasos Martiño.

     Pró Pancha deu un baile o domingo de Piñata na sua casa, pra despedirse das amigas e do antroido como solteira, á este baile foi convidada Sabela e por ela ó soupo Martiño, quen se propuxo gardarll'a parada á Caitano pra cando salise, diante da mesma pousada en donde ó provocou y-en donde dempois de moi poucas palabras lle pegou as duas puñaladas que xa conocen os nosos leutores, dempois das qu'escapou Martiño, na crencia de que deixaba morto o seu rival.

     Martiño, en canto notou que ninguén ó seguía, encamiñouse pra casa; asi que entrou viu á sua hirmá que o agardaba, porque lle dixera Berta que non fora á cear e que saira da casa moi caviloso.

     Sabela estaba chea d'intranquilidá e propúxose non deitarse pr'agardalo.

     En canto ó sintiu pol-a escaleira arriba, saliull'abrir a porta toda chea d'ansia e viuno entrar pálido e desencaixado.

     —Matei á Caitano e non podo perder tempo présconderme, dixo asi qu'entrou, abrazando á sua hirmá.

     Berta, qu'acudira detras de Sabela, puido oir


[p. 187]


esto á pouca distancia e caeu sin sentido. A ó tumbo que deu no chao virou a cara Sabela e correu á valerlle.

     Namentras Martiño correu ó seu cuarto e meteu nas faltriqueiras todo o diñeiro que tiña, botando logo á fuxir.

     A o salir estaba a porta pechada e tivo qu'ir buscar á sua hirmá pra que ll'abrise.

     Estaba con Berta qu'inda non volvera en si.

     —
Dame a chave, que non podo perder tempo. Xa sabredes de min en canto m'atope á salvo. Solo sinto o trago que lle vou á dar á miña mai.
     Sabela deixou á Berta e abrazouse chorando á seu hirmau, dicindolle.

     —
Xa tremaba eu qu'esa tua mala cabeza t'habia de botar á perder. ¿Onde te vas á esconder?
     —
Non o sei; pró cando poida xa vos darei razón de min.
     Martiño saliu, e Sabela volveu acorrer á Berta.

     Pró entr'a angustia y-a pena que sentia por seu hirmau, poñíalle tamén medo Berta, porque parecía morta, e tivo que chamar por sua mai, pra que ll'axudade a volvela en si.

     Por fin Berta abriu os ollos, e cando pensaban as duas mulleres qu'iba á cobrar o conocemento, viron qu'empezou á facer mocas y-a retorder os brazos y a coller'as convulsiós por todo o corpo, qu'inda cobraron máis medo que cando non se movia.

     Ben deitaron que logo chegou D. Luciano perguntando si chegara Martiño.

     —
Inda non, lle respondeu Sabela.
     Don Luciano foi por unha meiciña, púxolla nas narices á Berta, y-esta volveu en si. Logo díxolle.


[p. 188]


     —
Si chega Martiño avisádeme pronto. E largouse pro seu cuarto.
     Sabelo non soupo que responder por estar diante a mai, pró non podia sacar do pensamento o porqué se lle barrera o sentido á Berta, o escoitar que Martiño matara á Caitano.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega