A estrada románica

Páxina Anterior

Glosario. Bibliografía

 

Glosario

Glosario

ÁBSIDA: parte da igrexa situada na cabeceira.
ACROTERIO: calquera dos remates adornados dos frontóns.
ARCOS: o típico do románico é o arco de medio punto, é dicir o semicircular. O arco de ferradura é maior que a circunferencia. O arco de descarga é o construído dentro dun muro e, xeralmente, sobre un lintel ou sobre outro arco co obxectivo de desviar o peso cara a outros lados. O arco perpiano ou faixón é o que suxeita unha bóveda de canón en sentido transversal aos muros da nave.
ARQUITRABE: parte inferior dun entablamento que descansa directamente sobre os capiteis, pilares ou columnas. O seu obxecto é ligar horizontalmente os soportes verticais.
ARQUIVOLTA: conxunto de molduras máis ou menos decoradas que forman unha portada.
BÓVEDA: obra de forma arqueada que cobre un espacio determinado. A bóveda de canón, de forma semicilíndrica, é a orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo do seu eixo lonxitudinal. A bóveda de canón apuntado é a orixinada polo desprazamento dun arco apuntado. A bóveda de forno é a de cuarto esfera.
CABECEIRA: testeiro ou parte principal da igrexa, onde se atopa a ara.
CANZORRO: ménsula que sobresae dun plano e serve para soster algún membro voladizo.
CAPITEL: parte superior, polo xeral moldurada ou esculpida, dun soporte arquitectónico (columna, semicolumna, pilastra), destinado a sustentar un arquitrabe ou a recibir o arranque dun arco. O capitel está coroado por un ábaco e descansa sobre un astrágalo que, teoricamente forma parte da columna.
COBIXA: tella semicilíndrica que, posta coa parte cóncava cara a abaixo, cobre os dous canais dun tellado.
COLARIÑO: moldura anular entre o fuste e o capitel dunha columna.

CONTRAFORTE: estructura saínte dun muro que serve para reforzalo.
CHAFRÁN: cara dun corpo sólido que se obtén cortando por un plano unha esquina do mesmo.
CHAMBRANA: labor ou adorno de pedra que se pon ao redor das portas ou ventás.
ESPADAÑA: campanario formado por unha soa parede na que están abertos os ocos para colocar as campás.
FREGUESÍA: parroquia, unidade mínima da administración eclesiástica, ao cargo dun párroco.
FRESCO: técnica pictórica que consiste en estender as cores antes de que estea seca de todo a capa de xeso ou calquera outro material adecuado co que se cubriron previamente as paredes e teito.
LINTEL: elemento horizontal que pecha a parte superior dunha abertura e soporta a carga da fábrica que queda enriba do oco ou van.
MOCHETAS: pezas curtas de pedra encaixadas entre a xamba e o lintel.

PARAMENTO: cara exterior dunha parede.
PERFÍS: poden cortar, lixeirar ou decorar calquera parte saínte do edificio como cornixas, zócalos...
PILAR: elemento de soporte máis groso que a columna.
PILASTRA: pilar adosado a unha parede.
PLINTO: parte inferior de forma cadrada, sobre a que se asenta a base dunha columna.
PRESBITERIO: parte da igrexa que rodea ao altar.
RETABLO: estructura que cobre o muro tralo altar, feito de madeira, pedra ou metal e que servía de adorno.
RIPIO: residuo que queda dalgunha cousa (neste caso do granito).
SETEIRA: especie de aspilleira, en forma de ranura alta e estreita, que nos castelos antigos servía para disparar frechas a cuberto.
TÍMPANO: o espacio que queda entre a arquivolta e o lintel.

VOLUTA: ornamento en forma de espiral.
XAMBA: cada unha das dúas pezas verticais que están situadas a ámbolos lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel.





Bibliografía

BANGO TORVISO, ISIDRO GONZALO, Arquitectura románica en Pontevedra, A Coruña, 1979. Galicia Románica, Vigo, Galaxia, 1987.
BOUZA BREY, FERMÍN, Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo, Boletín Real Academia Galega, 1929-1930, pp. 117-119.
CAMPO, ENRIQUE, Resumen del diario de Ia excursión de Enrique Campo, Museo de Pontevedra, 1944-45, pp.161-171.
CASTILLO, ÁNCEL DEL, Inventario de Ia riqueza monumental y artística de Galicia, Santiago, 1972, papeletas: 31, 63, 132, 171, 292, 344, 451, 457, 463, 590, 619, 658 e 690.
CONTI, FLAVIO, Como Reconocer el arte Románico, Ed. Edunsa, Barcelona, 1993.
COUSELO BOUZAS, JOSÉ, Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX, Santiago, 1933, pp. 388, 489, 559 e 590.
FONTOIRA SURIS, RAFAEL, Descubrir el Románico por tierras de Pontevedra y el Camino de Santiago, Diputación de Pontevedra, Pontevedra, 2º Edición, 1996.
HOYO, CARDENAL JERONIMO, Memorias del Arzobispado de Santiago, Santiago.
LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO, Historia Xeral de Galicia (Idade Media), Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1997.
LÓPEZ FERREIRO, ANTONIO, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Vol. III.
LUNA SANMARTÍN, XOSÉ, O Románico no Concello da Estrada, Rev. Dezactualidade, N° 15, 16, 17, 18 e 19; Un descubrimento en Santiago de Tabeirós, Rev. Dezactualidade N° 17; Dous inimigos do nono románico, El Correo Gallego, 24-03-98; Os ladróns da Historia, A Nosa Terra, 17-12-98; A Estrada: O Camiño do Románico, Faro de Vigo, 23-06-99; Na procura do noso Románico, Xornal Tabeirós Terra N° VII; apuntes da conferencia: O Románico na Comarca de Tabeirós, Centro Comarcal Tabeirós Terra de Montes, 25-03-99.
MORALEJO, A; TORRES, C; FEO, J; Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus, Santiago, 1951.
NEIRA BALOIRA, CONSTANTINO, La iglesia románica de San Miguel de Moreira y sus capiteles historiados, Compostellanum; 1968, pp. 359-366.
RODRÍGUEZ CASTELAO, ALFONSO DANIEL, As Cruces de Pedra Na Galiza, Bos Aires, Ed. Nós, 1949.
SA BRAVO, HIPÓLITO DE, Rutas del Románico en Ia Provincia de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Vigo, 1978.
SANMARTÍN SOBRINO, JOSÉ, Un país llamado A Estrada, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1997.
VALDÉS BLANCO, Mª. P; SEIJAS SEOANE, F; ÁLVAREZ GONZÁLEZ, E; Arquitectura e escultura da Catedral de Santiago. (AS.PG), Vigo, 1996.
VARELA CASTRO, PEDRO, La Estrada, EI Eco de Santiago, 1923

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega