A estrada románica

Páxina Anterior

X. A torre de Guimarei

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

     O monumento civil máis representativo da nosa Idade Media é a torre de Guimarei; da importancia da torre e da casa señorial que Ile deu orixe cóntanos Pedro Varela, na súa inmortal obra La Estrada 1923:
     "De Ia casa de Villar de Payo Muñiz en Corneira, Arciprestazgo de Barcala, era el ilustre señor D. Melchor Mosquera de Sotomayor Villar y Pimentel, Señor de Ia Casa de Guimarey, del Coto del Viso y Cruz de Merza, Administrador General por su Majestad de Ia Real fábrica de Salinas de Galicia, Mayordomo más antiguo que fué del Serenísimo D. Juan de Austria. El mismo D. Melchor, en Diciembre de 1692, otorgó carta foral, titulándose dueño y señor de Ia Torre de Guimarey, Coto y jurisdicción del Viso. Aún se conservan en el escudo colocado sobre Ia puerta principal, dos inscripciones que dicen: Villar. En tiempos antiguos, aquella mansión señorial debió ser muy importante, a juzgar por los vestigios de extensas edificaciones que se ven sobre el terreno. Cuéntase que todo ello lo incendió Pedro Madruga, en una de sus correrías, con el afán de que sólo quedase en Galicia su casa de Sotomayor, para servir de residencia real (...) Molina, célebre escritor de asunto gallegos, asegura que los Hermandinos derribaron varias fortalezas, y puede ser una de ellas Ia de Guimarey. La edificación o casa actual es relativamente moderna, muy sólida, de planta baja y techos abovedados con piedra labrada. La torre, aún cuando carece de techo, se conserva bastante bien, debido a Ia materialidad de su construcción de sillería al exterior, y muros de siete cuartas de grueso; Ia base es un rectángulo (...) y Ia altura unos 15 metros; tiene aspilleras por todos lados, y en Ia parte superior, en cada ángulo, Ia figura de un cañón en piedras salientes (...) La casa y finca que rodea, están dedicadas hoy (ano 1923) a Estación Agronómica, y pertenecen al Marqués de Aranda y de Guimarey, Señor de Rubianes, que posee otras fincas y cobra foros en el contorno..."
     O profesor, membro do Seminario de Estudos Galegos e Cronista Xeral de Galicia, don Antonio Fraguas y Fraguas que exerce dende 1933 como catedrático no instituto elemental da Estrada, escribe sobre a torre:
     "Hai algunha torre transformada en parador, outras en museo co que eu soñei un día dándolle canto atoparamos nos castros onde fixemos pequenas catas. Aquelo foi un soño e a torre era lugar dunha granxa que un día visitamos o profesor Mosquera Caramelo e mais eu cun grupo de alumnos. Bueno, os soños non son mais que iso, soños; pero quén sabe se outro día alguén soña ao redor da Torre de Guimarei".
     Outro grande estudioso da nosa terra, o insigne doutor don Manuel Reimóndez Portela, opinaba sobre o estado da torre:
     "Es lamentable que se encuentre en una situación deplorable, está claro que debiera ser patrimonio estradense para repararla y conservarla dándole un uso adecuado para con ello evitar su total desaparición."
     Esta torre, verdadeira Terra Única, é parte do noso pasado, da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio histórico e artístico, do escudo do noso Concello ... A súa defensa e conservación é, debe ser, obriga de todos. ¡Ogallá!, neste ano Santo de 1999, o sentido e a sensibilidade leven a facer as xestións oportunas e a xuntar os marabedís necesarios para restaurar o monumento civil máis representativo da nosa Idade Media.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega