[p. 129]
DIANTE UNHA IMAXE
DE
ÍÑIGO DE LOYOLA
A místeca alegría n'o sembrante,
N'o peito a ira, o sono n'a mirada,
Ben te conezo, Euménide sagrada,
Trenca virtú, católico bergante.
Treidora d'o Evanxelio á ley amante,
A esposa d'os Cantares, desleigada,
Tivo tratos c'o demo' e d'esta hallada
Naciches tí, parásito trunfante!
Mais ¿que fas n'ese altar roubando preces,
Xenio d'a intolerancia soberano,
Ti que tan sólo maldiciós mereces?
¡Ti, que trocache á Cristo n'un tirano,
Os sayós y-os verdugos en xueces,
Y-en fouce á Dios d'o pensamento humano?
|