Berlín

Páxina Anterior

Páxina 11

Páxina Seguinte

modelo
inventei bonaval e a nosa cama
estaba chea de flores,
así
claro que non tiña medo dos nichos
e agradecía que anoitecese entre os teus brazos
e as estrelas co seu canto de grilos
quería dicirche:
delicioso
é como se escribe
o teu nome baixo as árbores.




Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega